España muxe as pensións da nosa emigración
Nin información, nin período voluntario para regularizar a súa situación. Un requirimento para no prazo de dez días pagar os impostos desde o ano 2008, con sancións exemplarizantes
Os grandes partidos do sistema adoitan en campaña electoral facer as súas habituais viaxes aos países nos que hai unha maior presenza da emigración galega. Eufemisticamente chámanlles residentes ausentes. Nesas ocasións éncheselles a boca con louvanzas do que representan para Galiza. Da relevancia que poden ter na proxección do noso tecido económico no exterior, dos seus esforzos por manter a nosa lingua e a nosa cultura.
Porén toda esa consideración esquéceselles rematado o reconto electoral. Despois ninguén volve lembrar as promesas feitas nin os recoñecementos necesarios. Non se repara no que ten significado para a nosa nación tanta descapitalización humana. Ninguén lembra o regueiro de rupturas persoais, afectivas e sociais que hai detrás da vida de cada emigrante. O desarraigo da propia terra para se asentar, máis sen criar raíces, nunha allea. E finalmente, no mellor dos casos, a volta. Unha volta na que nada fica como o deixaches. Nin as persoas, nin as aldeas, nin as realidades sociais.
Tampouco nese momento, no do retorno, parece que os e as emigrantes merezan aquela atención de cando formaban parte do censo de residentes ausentes. Esvaéronse os millóns de remesas de divisas coas que forneceron as nosas caixas de aforro. Divisas que as políticas deseñadas en Madrid, e en función de intereses españois, foron expulsadas de Galiza, igual que os propios emigrantes, para xerar riqueza noutros lugares e noutros petos. A falta de soberanía, de capacidade para decidir sobre a nosa economía, sobre o destino dos nosos aforros leva séculos sangrándonos no humano e no económico.
Esa mesma ausencia de soberanía que fai que agora teñamos que presenciar, tamén os e as emigrantes retornadas, como se regala a prezo de saldo o que fica desas caixas. Coa mesma pasividade e indolencia dos servidores/valedores galegos dos superiores intereses dese Estado que nos ningunea. Malia seren nosos, dos e das galegas os aforros, non parecen dispostos a permitirnos convertelas nun Banco Público Galego ao servizo da nosa economía e dos nosos sectores produtivos estratéxicos. Disque non é “moderno”.
Hoxe, cando as políticas de desmantelamento produtivo que nos deseñan e nos impoñen expulsan outra volta milleiros de mozos e mozas da nosa nación na procura do seu sustento e do seu futuro, o que nos quedaba por ver é a infame campaña de persecución aos e ás nosas emigrantes retornadas con pensións do estranxeiro.
É infame que logo de que durante anos se lles informase na propia Axencia Tributaria de que non tiñan obriga de declarar as cantidades procedentes do exterior, agora lles apliquen con man de ferro a lei. A mesma man que con luva de seda aproba amnistías fiscais para defraudadores, para branquear os cartos procedentes dos paraísos fiscais.
A mesma facenda española que no 2010 a través dunha notificación convidou amabelmente a quen tiña contas opacas na Suíza dándolles un prazo para a “regularización voluntaria”, sen expedientes nin sancións, agora trata de defraudadores, de intentar eludir as súas obrigas fiscais aos e ás traballadoras retornadas.
Nin información, nin período voluntario para regularizar a súa situación. Un requirimento para no prazo de dez días pagar os impostos desde o ano 2008, con sancións exemplarizantes e os correspondentes intereses a prezo de usura desde o ano 2008. Un prazo de dez días para facer desembolsos de miles de euros, cando en moitos casos as súas pensións superan escasamente os mil euros mensuais.
Un trato inxusto e desigual. Impóñenlles unhas obrigas fiscais, ademais de descoñecidas até o momento, diferentes e máis severas que ás doutros contribuíntes pensionistas.
Unha actuación desalmada da facenda española que se ceba especialmente, máis unha vez, con Galiza. Non por acaso o impacto económico e social desta medida é brutal no noso país, onde existen máis de 250.000 persoas nesta situación. Non por acaso o Sr. Montoro decidiu que esta “campaña” se desenvolva desde a súa delegación en Galiza. Como sempre esa España que, cun sistema de financiamento perverso, nos fai crer que somos pobres e que só grazas á súa solidariedade podemos sobrevivir, nos utiliza para chucharnos o sangue.
Tamén con esta actuación se pon de manifesto, unha vez máis, a urxencia de superarmos ese modelo inxusto no que uns recadan os nosos impostos e logo cunha liquidación feita a medida dun modelo ideolóxico que pretende perpetuar a nosa dependencia nos agasalla a esmola da súa solidariedade. A necesidade de contarmos cunha Axencia Tributaria propia, con capacidade de regular e recadar os nosos propios impostos. Unha Axencia Tributaria que deseñe un sistema tributario realmente xusto, equitativo, progresivo e redistributivo, en función das necesidades do pobo galego.
Xa nos deixou dito Castelao. “A nosa vaca ten o pesebre en Galiza e os tetos en Madrid. E o que non lle dá de comer a unha vaca non ten dereito a muxila.”