Erre que erre
Os principais factores de influencia na situación actual permanecen intocables e inalterables
Fai pouco soubemos que o novo goberno do Estado Español ven de anunciar a aplicación de novas medidas fiscais coa fin de lograr un aforro maior, supostamente dirixido ás arcas estatais, aínda que sen especificar, tan só se fala de redución no déficit, etc. E digo que o déficit famoso tamén se pode reducir de moitas formas, pero o único que contemplo como cidadán é a repercusión social que todo isto terá en todos e todas nos.
Subir os impostos en atribuídos directamente ao IRPF pode parecer unha medida progresiva, incluso socialmente xusta, máis non deixa de ser un brinde ao sol que resolve pouco en termos económicos ou monetarios e nada en termos políticos ou de estratexia futura. Evidentemente a suba no IVE sería peor, pero non por iso debemos vangloriar as medias verdades. Esta suba no mencionado IRPF que, supostamente, estará estratificado en función dos tramos de ingresos ou rendementos, fai constar que a crise ímola pagar todos os que non a creamos. Os principais factores de influencia na situación actual permanecen intocables e inalterables. Pensamos que as grandes fortunas fan declaración da renda? Que pasa coas sociedades "famosas" escurantistas que van permanecer intactas e por onde fuxen a diario millóns e millóns de euros?. Eu non vexo a ningún destes empresarios, directivos de grandes equipos de fútbol que regalan diñeiro a esgalla aos seus marabillosos xogadores para presumir de mellor equipo, deportistas que non se cansan de ensinar a bandeira encarnada e amarela cun fervor clamoroso para despois acabar co seu diñeiro en contas estranxeiras, en paraísos fiscais, que pasa con todo isto? Pensamos que o capital, os verdadeiros impostos que tiñan que ir dirixidos ao capital, ás grandes pertenzas vanse ver implicadas nesta reforma?
A contestación é fácil, pero se a isto lle sumamos que o poder adquisitivo da xente, en xeral, non sube, senón máis ben que permanece conxelado ou á baixa fai que esta suba se converta en dupla e faga aínda máis difícil que a reactivación famosa se produza. Si pensamos un pouco a situación e comprobamos que a cotización dos bens de consumo non baixou para nada, agás naqueles artigos de ocio (ou sexa, que non son de primeira necesidade), vemos que os alimentos están ao mesmo prezo en destino aínda que máis baixos en orixe, a roupa, o calzado, etc entenderemos que a velocidade do consumo vai ser retardada ou practicamente nula, a xente non vai consumir por falla dun futuro clarificador. O medo á perda do posto de traballo e as continuas rectificacións nas conquistas sociais fan que os valores mentais na xente vaian trocando e tendo en maior consideración aspectos que até o momento estaban cubertos polo papá estado.
Facer dun artigo un estado de opinión ou unha tese onde se podan extraer solucións rápidas é complicado e máis tendo en conta como se comportan os lobbys das grandes fortunas que nunca queren perder. Hoxe deberíamos ter máis claro que hai mentiras que non se poden esconder máis, que os mercados nos que nós como cidadáns podemos ter influencia, opinión, certa capacidade de manobra, son os mercados curtos, aqueles nos que podemos falar e intercambiar, aqueles nos que deixamos de ser un simple número ou código de barras para cotizar.
Pensemos que capacidade temos nós en todo o que se está movendo agora mesmo, reflexionemos e actuemos. As mentiras, non poden quedar impunes.