Diverxencia e pobreza
Hai alternativa a este capitalismo? Hai. Non está na modificación do capitalismo; está no cambio sistémico cara sistemas humanizados
O abandono do keynesianismo e o triunfo do neoliberalismo actual foi alcumado por Paul Krugman como “diverxencia”. Pode que teñamos ben diagnosticadas as etapas de tal evolución do capitalismo, gustaría de repensar as consecuencias máis visíbeis.
A voluminosa obra de J. Fontana de 2011 ofrece, como final, un retrato do capitalismo realmente existente. Unha apertada síntese de catro táboas: non hai paz no mundo, nin democracia, nin liberdade. Hai máis pobreza.
Se a “Guerra fría” desaparece nos días da “caída do muro de Berlín”, outra máis extensa e máis insidiosa emerxe neste século XXI. O pretexto é o “terrorismo”. A realidade a violencia política que esmaga a máis de 1.500 millóns de seres humanos no cinco continentes. Irak e Abganistan son a punta do iceberg; en zonas de Europa (v-g. Kosova), de América Latina (no Centro), de África (Congo, Chad, Guinea etc), de Asia e de illas de Oceanía hai violencia política; hai escravismo; hai presenza opresiva de mercenarios.
O “Imperio” pon como base de aceptación de réximes en crise a adopción da democracia parlamentaria. A existencia desa superestrutura non exclúe nin gobernos autoritarios, nin ditaduras crueis. Os exemplos abundan. Máis, as democracias occidentais están a rebaixar os dereitos dos cidadáns v.g. impoñendo presidencias dixitadas sen previa elección ou modificando sen referendos as constitucións.
A multiplicación policial en todos os países é unha das máis visíbeis modificacións da sociedade. Unha sociedade vixiada, na que a intimidade é violada sen tregua, pode observase en todas partes, moi especialmente nos países que se autoconsideran o modelo da modernidade. En USA, no RU, en Francia, é visíbel a actuación policial de forma traumática. O que máis atorde a calquera ser humano, é a pervivencia da escravitude. Milleiros de nen@s son explotados até dicir Nicolas D.Kristof: “o memento culminante do comercio de escravos deuse no 1780, cando uns 80.000 escravos eran transportados cada ano de África ao Novo Mundo. Na actualidade UNICEF estima que 1.800.000 nen@s caen cada ano no tráfego do sexo comercial” (J.F. p.969).
Esta fotografía da sociedade ten na cuarta táboa, o espectáculo máis estendido, o da miseria. No 2010 as estatísticas mostraban arredor de mil millóns de human@s en pobreza, dun ingreso diario de un euro ou menos. A isto hai que engadir agora o aumento da pobreza nas sociedade dos países occidentais. Tanto en Europa como en USA están a multiplicarse as familias en pobreza. É dunha irritación infinita a visión do luxo dese sector super-rico do mundo versus a fame de millóns de human@os.
Hai alternativa a este capitalismo? Hai. Non está na modificación do capitalismo; está no cambio sistémico cara sistemas humanizados. Pode ser correcto o apoio a unha transición como actuou o New Deal dos anos 1930. Pero a destrución do tecido social que está a producir o neoliberalismo actual, non se cura con keynesanismo. Como máximo podería amortecerse. Por iso non é de interese un programa de cambio político con medidas keynesiáns; compre abrir a caixa de Pandora, da denuncia da descomposición do humanismo. Compre sinalar o horizonte de cambio radical. E con iso sobre a mesa, indicar os remendos da urxente transición.