Disciplina orzamentaria, ineficacia palmaria
Os saldos da execución orzamentaria de 2010 volven a demostrar a mala xestión do Goberno de Feixóo
A medida que vai avanzando o actual periplo do Goberno de Feixóo en Galiza, tamén se vai agrandando a diferenza entre aquel candidato afouto, que coa súa batuta era capaz de facer que o país lle virase as costas á crise económica, e o gobernante mediocre, que ten no seu único haber o despregue dunha estratexia comunicativa enchida de pretextos para eludir responsabilidades e focalizar noutros gobernos e gobernantes, actuais ou pretéritos, as causas da delicada situación que atravesan moitas persoas e sectores produtivos en Galiza.
Desde hai xa practicamente dous anos, o denominador común das declaracións e comunicacións públicas do Presidente da Xunta de Galiza cando se ten que referir á situación económica de Galiza, vén sendo apoialas en argumentos disuasorios, parapetándose ora na herdanza recibida, ora no reducido marxe de manobra do que dispón, mais nunca dando conta dos logros dunha xestión cuxo percorrido vai camiño de superar o ecuador do mandato confiado polos electores.
Pola contra, no que atinxe directamente á responsabilidade do actual Goberno galego, as explicacións son raquíticas, recorrendo con teimosía a aseverar até a extenuación o cumprimento dunha política orzamentaria austera, mais evitando dar conta de resultados positivos na economía galega que sexan derivados do manexo dos fondos públicos en Galiza.
Nestes días estamos a asistir a un novo episodio nesta dirección, cando se fai coincidir no tempo a dación de contas do último exercicio orzamentario pechado, coa presentación dunha nova norma que insiste en reforzar a disciplina orzamentaria, tendo máis relevancia este último aspecto que o primeiro, dándolle unha maior importancia ao control do gasto público que a eficacia no seu uso. A razón desa preferencia é evitar por en evidencia a nula xestión dos fondos públicos con vocación de influír positivamente no rumbo da nosa economía, de disfrazar a incapacidade en impulsar alternativas políticas e económicas por parte do Goberno do Partido Popular con vistas a recuperar a economía galega co emprego dos fondos públicos ao seu alcance.
Nos dous anos de Goberno de Feixóo foi reiterativa a queixa da insuficiencia de fondos, tanto a través da tese do burato financeiro como dos incumprimentos do Goberno central, para xustificar a dificultade engadida á que se enfronta ao dispor de menos recursos que en exercicios económicos anteriores. Sendo certa a menor cantidade de fondos, aínda que non é derivada polos motivos anteriormente citados, ese Goberno non foi capaz de executar esa "minguada" cantidade de diñeiro dispoñíbel en investimentos públicos. Acabamos de coñecer que, por exemplo, en 2010 o nivel de execución do orzamento destinado a investimento público foi do 75 %, ficando sen investir só neste apartado 293 millóns de euros. Se ademais lle engadimos a cantidade non executada en transferencias de capital (apoio a investimentos no sector privado) e descontamos as transferencias internas entre a Xunta de Galiza e os entes do sector públicos dependentes, a contía que o Goberno de Feixóo non empregou en políticas de investimento público directo ou orientadas a mobilizar o investimento de capital nos sectores produtivos atinxe os 693 millóns de euros. Non é casual, senón unha reiteración na errática política de xestión económica, pois debemos lembrar que en 2009, o saldo sen executar destinado a investimentos produtivos fora de 725 millóns de euros. Son cifras que impactan, non precisamente polo efecto que provoca ao calcularmos os ceros que esas cifras teñen á súa dereita, senón polo golpe negativo que infrinxen a unha economía en declive como a galega, necesitada máis que nunca de estímulos para recuperar o seu dinamismo.
Non me resisto a facer unha comparación co vídeo dos nosos mariñeiros desprezando caixas inzadas de xardas e guindándoas xa mortas de novo ao mar a escasas millas da Torre de Hércules, aínda que cunha sensíbel distinción: as xardas volven ao mar contra a vontade, coa mágoa expresada por quen perpetra o malogrado acto de poderlle asignar un destino máis proveitoso, económico ou caritativo; os investimentos fican no caixón por incompetencia da Xunta de Galiza, rematan desperdiciándose dun xeito voluntario aínda habendo onde acomodalos de xeito frutífero.
Que ben se lle daría ao candidato Feixóo facer oposición con estes dados, aliñándoos cun chisco de demagoxia. Mais agora que goberna, como acubilla esta información, que unicamente expón á luz baixo unha visión sesgada, afirmando que "executou todo o dispoñíbel". Nin é certo iso, nin tampouco sequera que teña amosado a intención en facer uso do que está ao seu dispor, en recursos económicos e competencias, para paliar os efectos da crise nos sectores produtivos e no emprego. De seguir así, non poderemos falar con propiedade de que se alarga a disparidade entre quen exercía o papel de opositor e quen ostenta o de gobernante, senón que o que os separa é un abismo.