Desmontando a austeridade
A redución do déficit público: a nova obsesión da ortodoxia económica neoliberal
Vén sendo un lugar común aseverar que "para triunfar hai que ter estilo". Malia o predominio abafante hoxe en día da fasquía visual, se cadra en cuestión de estilo sigue a ter moita importancia o uso da linguaxe. Para iso se crearon as figuras de estilo, entre elas os eufemismos, destinados a disfrazar ideas ou palabras desagradábeis por medio de expresións máis suaves. Unha acepción moi acaída atopámola na "wikipedia", onde ademais de ilustrarnos que "os eufemismos son moi empregados na linguaxe politicamente correcta", afirmase que "son comúns na política para camuflar ou facer que soen máis naturais as políticas impopulares". Quen iso escribiu ben podería estar matinando no abuso do emprego do vocábulo "austeridade" por parte de autoridades das institucións económicas e bancos centrais, así como os líderes políticos tanto no bando da dereita como na socialdemocracia, para acuñar medidas de política económica destinadas en realidade a recortar o gasto social e facer retroceder dun xeito significativo o estado de benestar.
No ámbito da Unión Europea, perante o déficit que presentan as contas de determinados Estados entre os que tamén se atopa o español -por certo, comparativamente inferiores ao de Estados Unidos-, as autoridades económicas e monetarias están a enarborar a bandeira da austeridade como remedio para enderezar o rumbo da crise económica. Os seus consellos, xunto ás advertencias cada vez máis severas dos denominados -outro eufemismo- "mercados financeiros", diríxense especialmente a Grecia, Irlanda, Portugal xunto co Estado español. A reacción que se agarda dos seus gobernos é que, baixo a roupaxe amábel da austeridade, acometan duros plans de axuste económico, contentando a gorentosa ansia de ganancias rápidas e ilimitadas do poder financeiro representado nunha minoritaria elite económica e desprezando as lexítimas aspiracións a manter un axeitado nivel de vida das maioritarias clases populares.
Ao longo de anos, os sucesivos gobernos dos países citados, aplicaron o manual económico neoliberal na súa versión radical remudada na última década do século XX, seguiron as indicacións das estratexias e plans das institucións económicas internacionais e europeas, e todos eles atópanse agora tendo que enfrontar indicadores económicos negativos de crecemento e emprego. Semella que a ortodoxia neoliberal ten unha química gasosa, tan rápido infla como desincha, axiña ten resultados económicos positivos como cómpre apresurarse a tapar buratos para evitar a quebra económica. A mágoa é que cando hai que afanarse en taponar eses buratos, sempre vai a custa das maiorías sociais, a quen se lles factura os custes da irresponsabilidade de especuladores, autoridades económicas compracentes e gobernantes irreflexivos.
O manual económico neoliberal xa incorporou un capítulo máis que contén as indicacións precisas para superar a crise. Leva a sinatura do Fondo Monetario Internacional, a Comisión Europea, o Banco Central Europeo, e implica asumir e executar un programa económico, que leva en carácteres destacados a palabra austeridade, mais cuxas principais medidas en realidade constitúen un draconiano plan de axuste dirixido a recortar avances sociais.
Grecia acaba de aceptar un crédito internacional a cambio de subir os impostos indirectos (o IVE pasará do 21 ao 23 por 100), os impostos especiais sobre determinados bens de consumo (tabaco, bebidas e combustíbeis), reducir os salarios dos funcionarios e a contía das pensións (novo cálculo tendo en conta toda a vida laboral, onde oiramos isto?), privatizar empresas públicas en sectores estratéxicos e liberalizar o mercado laboral (concretamente, regulando unha indemnización por despedimento menor que a vixente na súa regulación laboral).
No caso de Irlanda, até hai pouco avantaxado discípulo da escola económica neoliberal, o seu goberno adiantouse á presión das institucións económicas internacionais -por algo eran avantaxados-, e adoptou un orzamento restritivo, onde alén de abruptos recortes nos salarios dos empregados públicos, tamén contempla unha redución do gasto público equivalente ao 2,2 por 100 do PIB, destacando a minoración nos investimentos produtivos en 912 millóns de euros e no capítulo do gasto social por importe de 760 millóns de euros.
Por certo, o caso irlandés é o exemplo que o Partido Popular está a reivindicar desde a oposición, co que albiscamos os trazos esenciais da súa alternativa económica, malia a súa discreción neste apartado: redución de investimento público e do gasto social. A execución do orzamento da Xunta de Galiza por parte do Goberno de Feixóo tamén corrobora esa liña: no capítulo do investimento produtivo ficaron sen executar no 2009 723 millóns de euros, outrora tan necesarios para reactivar sectores económicos estratéxicos, e nalgúns programas de gasto eminentemente sociais e intimamente relacionados coa creación de emprego apenas tiveron impulso, por exemplo, só se executou o 60 por 100 no conxunto de accións incluídas no Programa "Mellora e fomento da empregabilidade", o 28 por 100 en "Intermediación e inserción laboral" e o 32 por 100 en "Mellora da cualificación no emprego".
Finalmente, se revisamos as medidas económicas adoptadas polo goberno español, atopamos coincidencias significativas: incremento de impostos sobre determinados bens de consumo en xuño de 2009, aumento do gravame do IVE previsto para xullo de 2010, redución de investimentos produtivos consignados no orzamento en vigor, e anuncios sobre reformas no eido das pensións, apuntando cara a extensión da vida laboral, e na regulación laboral con intención de reducir os dereitos que asisten aos traballadores/as no caso de despedimento.
Como pano de fondo, volvendo ao comezo, a austeridade. Falsa austeridade, en realidade. Austero significa ser severo, agora ben, as receitas económicas impoñen severidade nunha soa dirección: nas políticas que implican un beneficio para as maiorías sociais, que contribúen a elevar o nivel de benestar das persoas máis desfavorecidas, que constitúen a razón de ser dun poderes públicos cuxa principal función é corrixir as desigualdades sociais e intervir activamente a fin de equilibrar as relacións sociais e económicas. Pola contra o rigor non se quere impor no necesario: en controlar a economía financeira, en sometela a control público e a unhas regras que obriguen a que a súa actividade se supedite ao interese público tutelado por gobernos e institucións democráticas. Mesmo en obrigar a que o capital financeiro respecte as decisións de política económica das nacións e pobos e non a ditar lle o programa económico desde instancias opacas, como sucedeu en tantas ocasións, e agora de novo fano irrompendo na periferia económica da Unión Europea.