Desenvolvemento rural? Desenvolvemento económico? Desenvolvemento político?
Se nos trasladamos ao ámbito rural é moito máis evidente, a economía, trátase como asunto de política maior como se os veciños e veciñas non tivesen capacidade para decidir sobre estas cuestió
Análise dende unha perspectiva local.
Ás veces non nos damos conta do papel tan importante da economía na nosa vida. Como inflúe a aplicación dunha determinada política económica no día a día. E é curioso porque canto máis inflúe ou máis capacidade de acción ten sobre a nosa vida máis lonxana a queren facer ver.
Se nos trasladamos ao ámbito rural é moito máis evidente, a economía, trátase como asunto de política maior como se os veciños e veciñas non tivesen capacidade para decidir sobre estas cuestións. Curioso paradoxo porque é o ámbito máis perto.
O desenvolvemento económico nos concellos é un tema complexo que depende de moitas cuestións e son moitos os/as técnicos/as que sitúan nun punto de non retorno aos pequenos municipios rurais. Dende o meu punto de vista os problemas económicos dos concellos teñen que ver con dúas variábeis fundamentais:
A variábel externa, a falla de financiamento:
Os concellos rurais teñen certas limitacións orzamentarias, disto a ninguén lle cabe ningunha dúbida. Pero o problema é que a insuficiencia orzamentaria se lle engade a ausencia de planificación, de priorización, e falla de xestión. Isto fai que falar de desenvolvemento económico sexa considerado como utopía. Mais o peor, sen dúbida, é ter que enfrontarse á existencia da tan manida rede de clientelismo caciquil que moitas veces confunde a xestión municipal orzamentaria coa necesidades de votos.
Un dos argumentos que segundo algúns/as frean o desenvolvemento económico é o modelo de financiamento local que ten como consecuencia derivada, na maioría dos casos, a non atención dos servizos públicos. Na maioría dos casos semella que este problema non ten solución, eu pregunto entón: é intocábel o modelo de financiamento local? Para min, non.
Neste contexto de crise, que por suposto atinxe tamén aos concellos, o investimento social e público debe ser prioridade. De onde veñen estas carencias? Por unha banda a caída económica dos ingresos do estado e por outra banda a ausencia dun método equitativo de recadación municipal fan que proxectos dirixidos a mellorar as condicións dos concellos fiquen adormecidos por falla de creto.
En resumidas contas a solución pasa pola necesaria reforma do sistema impositivo local, na actualidade ríxido, que non outorga autonomía para unha política tributaria progresiva e ordenada. É básica a recadación segundo ingresos, quen máis teña quen máis pague dito dun xeito máis pragmático, ou si preferimos dun xeito máis técnico, debemos falar da inclusión da posibilidade de establecer gravames máis elevados no Imposto, por exemplo, sobre Bens Inmóbeis (IBI) cando o suxeito pasivo sexa posuidor/a de grandes patrimonios.
Debemos reclamar unha solución normativa á tributación local, para procurar novos ingresos, ademais das taxas xa previstas por ocupación de dominio público local, que se deben aplicar sempre e cobrar, porque, tendo xa os nosos montes e ríos explotados e esquilmados non recibimos compensación algunha. Tamén temos que forzar os ingresos relativos a outros dominios públicos xestionadas polo Estado (espazo radioeléctrico) e tamén nas que atinxen á ocupación de vía pública (caixeiros automáticos) por parte de empresas privadas.
A variábel interna: ausencia de planificación e priorización.
Pode que a solución para unha cuestión tan importante como a que nós ocupa teña unha solución doada mais complexa na praxe. Estoume a referir á planificación na xestión.
Baseo a miña argumentación na actual ausencia de priorización dalgunhas equipas de goberno municipais que non teñen claro os seus obxectivos políticos e digo políticos porque a priorización é froito de decisións políticas.
Polo tanto, hai que mirar para adiante, hai que dar vida ó medio rural. É preciso para iso ou para xerar desenvolvemento económico artellar tres eixos básicos. Non podemos pensar en desenvolvemento económico sen ter trazar liñas básicas de accións a medio longo prazo, este tipo de decisións normalmente están reñidas co éxito electoral mal entendido e precisamente este último no que se basean todas as decisións en política municipal na miña bisbarra.
A planificación debe estar artellada en tres eixos fundamentais, entendo eu.
1.- Primeiro debemos reforzar a base produtiva agraria e forestal. O sector primario é básico. Dende os concellos deben apoiarse iniciativas concretas que interveñan no desenvolvemento e fomentar políticas alternativas. Debe ser prioridade municipal ordenar e localizar as terras abandonadas, e poñelas a disposición.
2.- Outra das cuestións precisas é desenvolver novas actividades compatíbeis coa sustentabilidade meio ambiental como pequena industria, produción de bens artesanais e turismo rural pero sempre dende a óptica do respecto ao entorno. Mención a parte merecen aquí a promoción do noso patrimonio natural e cultural un dos mellores activos e avais a nível económico.
3.- E por último o desenvolvemento dun concello debe pasar sen dúbida por seguir avanzando na equiparación dos servizos da área rural fronte a urbanas.
Por tanto para min o desenvolvemento económico dun concello rural pasa forzosamente polo desenvolvemento político entendendo político como sinónimo do emprego racional dos recursos. E acaso non temos recursos nos concellos ? A única receita válida é a posta en valor dos mesmos, e xerar riqueza dos nosos propios recursos, tecnicamente denominase desenvolvemento endóxeno. O único tipo de desenvolvemento que garante riqueza porque non depende de instalación de fábricas miragueiras que cando atopan mellores condicións noutra parta marchan sen máis. O desenvolvemento endóxeno é aquel iguala economía, a garantía social e a garantía meio ambiental. A única receita para evitar que o rural morra.