Defendamos o noso

Consumir produtos galegos na Galiza tamén supón loitar contra o abandono do rural
Os sectores produtivos son xeradores de riqueza, a cal pasa por darlle un valor engadido ás producións. É importante transformar as nosas producións, xa que o número e tamaño das unidades económicas dun sector son os valores máis importantes que definen a estrutura deste. A asociación entre produtores é unha medida importante para dar saída aos nosos produtos. Os produtores deben poder decidir tamén na transformación e na comercialización, para así poder atoparse nunha situación de forza para defender o dereito a obter unha renda digna polo seu traballo. Pero este esforzo ten que ser apoiado pola propia administración, para ser nós e non empresas foraneas as que obteñan o valor engadido das nosas producións.
Ademais da transformación, é tamén importante a diferenciación das nosas producións. A sociedade -cada vez máis- demanda produtos de calidade, ou mesmo que teñan uns valores sociais ou ecolóxicos intrínsecos, e nós podemos subministralos. Temos a capacidade de producir alimentos de calidade, de feito, estamos a producir alimentos de calidade. Polo tanto, podemos loitar a nivel de marca, defendendo a orixe das nosas producións e os nosos modelos produtivos.
O leite, a carne, a horta, o viño, o mel... prodúcense no país e polo tanto deben xerar riqueza nel. A sociedade galega debe saber cal é a procedencia dos alimentos que consume, e tamén deste xeito contribuír ao mantemento do noso sector produtivo, básico para preservar a nosa soberanía alimentaria, entendendo ésta como a nosa capacidade para producir alimentos sans e de calidade e deste xeito poder tanto autoabastecernos como establecer relacións comerciais con outros pobos en igualdade de condicións.
Consumir produtos galegos na Galiza tamén supón loitar contra o abandono do rural, xa que a agricultura realiza unha función medioambiental, as distancias de transporte redúcense, apoiando un manexo máis efectivo da enerxía. Polo tanto, un alimento producido e transformado na Galiza ten tamén un valor ecolóxico e social moi importante.
Todo isto vén constatar que o mantemento dos nosos sectores produtivos é obriga de toda a sociedade. O consumidor debe consumir dun xeito consciente, valorando a importancia económica, social e ecolóxica que ten en toda a sociedade galega o apoio ás nosas producións, e a modelos productivos respectuosos tanto co medio ambiente como cos propios produtores.