De cando o FMI salvou o réxime de Franco
En plena guerra fría Estados Unidos apostou claramente polo mantemento do franquismo como barreira natural contra o comunismo
No anterior artigo publicado fai un mes expuña o perigo para Galiza da crise grega e do papel que o FMI tería na saída da crise dos países europeos, incluído o Estado Español. Un mes despois cun duro plan de axuste social en marcha e cunha reforma laboral anunciada para o 16 de xuño, os vaticinios vense cumpridos. Era doado atinar, o FMI non é un organismo democrático, nin traballa por unha economía democrática ao servizo da maioría da poboación, o Fondo traballa exlusivamente a favor da dictadura do capital e dos mercados.
Moitos autores teñen analizado o apoio do FMI ás numerosas dictaduras militares desde a década dos 70 (e como a maior parte da débeda deses países que lastran as democracias, é froito do apoio económico ás dictaduras), pero pouco ou nada se ten falado do rescate do franquismo efectuados polo FMI e o Banco Mundial a finais dos anos 50 instrumentado no Plan de Estabililización de 1.959.
A finais dos anos 50 o modelo económico franquista estaba ao borde da suspensión de pagos, a dictadura estaba a piques de caer froito dunha mala xestión económica, dun modelo económico copiado do réxime fascista italiano e do seu illamento internacional.
En plena guerra fría Estados Unidos apostou claramente polo mantemento do franquismo como "barreira natural contra o comunismo". Ese apoio traduciuse nunha apertura para o réxime pero sobre todo no apoio económico do FMI.
No ano 1958 o Estado Español entrou no FMI e no Banco Mundial despois de que Franco en persoa se entrevistase cos dirixentes dos citados organismos. No ano 1959 púñase en marcha o Plan de Estabilización, un plan de liberalización da economía que lle abriu as portas ao cretos do Fondo. O rescate económico da dictadura militar foi deseñado conxuntamente polos técnicos do FMI e por unha caste de novos economistas que continuarían deseñando a política económica da "democracia" (Fuentes Quintana ou Luis Angel Rojo, entre outros).
Os neoliberais de hoxe, entre eles o gobernador do Banco de España, aplauden a actuación do FMI na crise actual, como aplauden sen reparos a actuación do Fondo no ano 1959 cando salvou á dictadura.
Por último é obrigado lembrar que a principal función do FMI é a estabilidade do sistema financeiro. Si hoxe padecemos esta tremenda crise económica é froito da súa incompetencia e da complicidade a favor dos especuladores, indignante.