Cultivos enerxéticos forestais: outra forestación salvaxe para os montes e para o rural
As poboacións do rural, ven sabemos o que significa forestación salvaxe; significa abandono e lume
A Lei de Montes de Galiza que hoxe vai ser aprobada en solitario polo Partido Popular no Parlamento Galego, está deseñada, dito en termos xerais e de xeito sintético, para entregarlle monte as sociedades de fomento forestal (As SOFOR). Para que logo, estas empresas privadas, procedan a plantar nestas terras cultivos enerxéticos forestais para produción de enerxía. Cultivos enerxéticos forestais veñen sendo, plantacións de especies de crecemento rápido (eucaliptos nos montes e choupeiras nas terras agrarias), para cortar en quendas de 6/8 anos e proceder a queimalos para producir enerxía. Estamos pois, as portas de unha nova forestación salvaxe de nosas terras. As poboacións do rural, ven sabemos o que significa forestación salvaxe; significa abandono e lume.
Para que a lei de montes de Galiza cumpra estes obxectivos, ten que complementarse con unha normativa para os cultivos enerxéticos e coa reforma da lei de montes veciñais, actualmente vixente. Esta folla de ruta, foi marcada no Consello Forestal celebrado o dia 6 de Novembro de 2011 (no que se aprobou o borrador da Lei de Montes de Galiza), pola Consellaría de Medio Rural e Mar, pola industria forestal, pola Asociación Forestal de Galicia e polos representantes dos montes de particulares. Estes aliados de intereses económicos contrarios os intereses das populacións que vivimos no rural, non dan puntada sen fío.
Nestes momentos atopámonos na primeira etapa de esa folla de ruta. Etapa que non é outra que a Orde para a regulamentación dos cultivos enerxéticos forestais. Orde que xa está redactada e que saíra inmediatamente despois de que sexa aprobada, no Parlamento Galego, a Lei de Montes de Galiza. Esta orde de cultivos enerxéticos forestais significa:
- A aposta por un modelo de monte produtivista-forestalista que consiste en plantar a eito, en réxime de monocultivo, especies de crecemento rápido e pirófitos. Está sobradamente demostrado que estes monocultivos forestais propagan os lumes e impiden o logro de un monte multifuncional e sustentábel, que é o xeito mais eficaz da loita contra os lumes. Mais, a pesar de isto, a Xunta de Galiza, entre darlle negocio as empresas privadas ou combater o lume, escolle o darlle negocio as empresas privadas.
- A introdución no medio galego de especies foráneas, de especies invasoras, con un grande consumo de auga. Introduce especies das que se descoñece o impacto medioambiental que poidan traer. Mais, a pesar de estes inminentes riscos, a orde para a regulamentación de cultivos enerxéticos forestais, non esixe nen medidas correctoras, nin estudos de impacto medioambiental nos Planos de aproveitamento da biomasa forestal.
- O desprezo da xestión da biomasa forestal residual provinte dos traba- llos de silvicultura, das talas da madeira e das medidas de prevención nos núcleos de poboacións, nas diversas infraestruturas e nas roturas das masas boscosas continuadas. Logo da vaga de lumes do verán do ano 2006, houbo consenso en que a presenza de esta biomasa forestal residual nos montes, propagaba os lumes e era preciso xestionala. Porqué se despreza agora?. Porque a biomasa forestal residual ten pouco poder calorífico e polo tanto, pouco negocio para as empresas. O negocio para as empresas é queimar troncos de madeira.
A orde de cultivos enerxéticos forestais, non aposta por acadar un monte multifuncional e sustentábel para beneficio das populacións que viven, traballan e xestionan o medio rural. Aposta por entregarlle o monte e o rural as empresas privadas para que fagan o seu negocio rápido, aproveitando as subvencións europeas que teñen estas producións. Que pasará cando se rematen estas axudas?. Pasará que o monte e o medio rural quedarán esquilmados e abandonados. Ademais, como é posíbel que nunha nación como a nosa, excedentaria en produción de enerxía, se propoña unha nova produción enerxética, sen antes estudar a substitución das producións enerxéticas provintes de fontes non renovábeis?. A resposta é doada: Hai que satisfacer os intereses económico das empresas privadas.
A segunda etapa de esta folla de ruta e a de entregarlle monte e terra as sociedades de fomento forestal (SOFOR). Para iso, pretenden reformar a lei de montes veciñais en mau común actualmente vixente. En que consistirá esta reforma?. En obrigar as comunidades de montes que teñen as súas terras consorciadas ou conveniadas a pagar a débeda (falsa) que teñen, ou asinar contratos de xestión coas empresas privadas. Consistirá en obrigar as comunidades de montes que teñan as súas terras mal xestionadas (segundo os criterios que saque a Consellaría da manga), a asinar contratos de xestión coas empresas privadas.
Mais, se cadra, ao Partido Popular e a os seus aliados económicos, non lles vai ser doado atravesar a liña de meta de esta segunda etapa. O pasado dia 9 de Xuño, en Santiago de Compostela, un moi importante número de veciños e veciñas comuneiros, provintes de todos os lugares de Galiza, manifestáronse na defensa do monte veciñal. Amosaron a súa firme disposición a loitar para que o monte veciñal sexa o que sempre foi: unha titularidade comunitaria, unha seña de identidade da nosa nación.