Crítica ao concepto de desenvolvemento: un aporte interesante
Hai pois múltiples desenvolvementos que precisan máis enfoque local e cooperación fronte a competencia, centralización e velocidade
"Superficialmente, hai acordo: o medio ambiente e a economía interactúan; as interaccións reclaman a integración das políticas socioeconómicas e medioambientais; e a solución atópase no profusamente difundido paradigma do desenrolo sustentable. Rabuñe vostede a superficie e abrirá unha caixa de Pandora chea de nocións diferentes de sustentabilidade e de diferentes medios para conseguila"[1].
Entre a nube abafante de información-formación-desinformación-confusión da internet achei un artigo dun profesor da Universitat de Valencia chamado Ernest García, o artigo tiña por título: "Se hablará de sustentabilidad despues del desarrollo?. Non foi casual procurar na "google-esfera" a este autor, lembraba unha conferencia súa na Universidad Internacional de Andalucía na sede de La Rábida alá polo ano 1995, acababa de sacar un libro en catalán sobre a cuestión onde comparaba a abordaxe do concepto de desenvolvemento sustentable como unha cebola que unha vez que tirabamos unha capa aparecía outra e outra sen fin... a nosa pretensión abstracta de especie humana que é capaz de armonizar os desexos de maximizar as nosas necesidades produtivas (xeración de instrumentos), reprodutivas (a nosa identidade e cultura social) e ambientais (a nosa base material) non pasa dun afán "fáustico" imposible de calquera lóxica conceptual mínimamente aceptable[2].
Nese artigo o autor problematiza a definición de sustentable, que é contraditoria coa azarosa indeterminación das propias accións humanas que teñen que sempre readaptar a escenarios cambiantes na esfera material e tecnolóxica. O tema da sustentabilidade é un concepto moi manido desde hai tempos, foi "oficializado" na Cimeira do Río no ano 1992 aínda que xa se falaba del en boca de moitos persoeiros de diversa extracción institucional e ideolóxica. Con todo a definición máis extendida é que ser sustentable (ou sostible) implicaba a continuación indefinida no tempo no crecemento económico (ou sexa desenvolvemento) coa integración debida dos impactos no medio ambiente, o control demográfico e certa idea de equidade.
Moito se adicou en esforzos académicos e institucionais que aportaron modelos máis ou menos sofisticados sobre a medición de múltiples indicadores de benestar e desenvolvemento. O problema manifesto é que o propio concepto non podía ser contrastada a súa posta en práctica no que respecta a satisfacción consensuada de necesidades básicas (alimentación-vivenda-educación) e a suposta rebaixa da inequidade social e a pegada ambiental (redución dos recursos), máis ben o tempo índica en todo caso máis inestabilidade e incertidume, da igual o que midamos.
Un mesmo índice de desenvolvemento pode dar clasificacións diferentes segundo o que queira medir (nº de científicos formados, km de estradas, nivel de redistribución ecóloxica, dependencia de recursos, destrución de ecosistemas propios e alleos, etc.), efectivamente unha sociedade moi subdesenvolvida como Haití tería poucas ferramentas para cambiar a súa propia situación, o que acontece que as sociedades industriais occidentais só poden seguir sendo así pola miseria asegurada doutras, Cuba podería ser máis sostible que Alemaña por dicir un exemplo. Se xa non servir entón a definición de sustentabilidade como tal, se callar poderíamos falar de maior ou menor tendencia no tempo a certas direccións de sustentabilidade. Esa dirección ou orientación debería estar fundamentada na democrática decisión dos pobos e xentes do que sería os obxectivos de benestar.
O plan oculto é cada vez situar no plano máis globalizante a definición das necesidades e así asegurar mediante unha asignación de prezos e utilidades a consecución dun mercado máis expansivo e inestable e que por tanto precisa dun poder global e centralizado. Esa inestabilidade conxénita do capitalismo chega aos límites históricos (teóricos) de supresión do espazo físico material da natureza e do espazo de reprodución social, ou sexa da apropiación total do tempo vital en tempo de traballo-non traballo-consumo-non consumo, sen máis consideracións. A proximidade dun descenso súpeto na dispoñibilidade de petróleo nos próximos anos así como de auga doce, alimentos e recursos mineiros leva a reforzar a idea de instalar o medo nos cidadáns para que se recorten dereitos políticos (se os houbera) e se nos dirá cal é a escala do problema. De certo hai autores que prevén un decaemento da especie humana pola suposta determinación xenética e histórica do seu comportamento, máis propio dunha praga; e outros autores que falan dun posible e necesario "decrecemento" que xere benestar polo reequilibrio entre necesidades económicas e as sociais e ambientais, esta visión optimista fundamentase na propia evolución cultural dos seres humanos e que os alonxa cada vez máis do instinto inmediato dos animais.
Por agora segue en pé a teoría do copo de auga, se o enchemos de máis sempre desbordará "algo" cara os de "abaixo", se non somos suficiente "competitivos"no escenario do mercado mundial (e pasivos por tanto da axuda humanitaria) de que nos servirán máis anos de "desenvolvemento" "instruído" que nos enchera a fenda histórica coas denominadas sociedades avanzadas, é máis, podemos ser competitivos sen control do acceso aos nosos recursos en termos de escala apropiada e orientación cultural axeitada?. Se nos quedamos sen combustibles, xa descubriran outros que poidamos mercar.
Podemos ver isto no "modelo español" de crecemento e desenvolvemento que se planeou desde o franquismo e que consistiu en consumir en poucas décadas todo tipo de recursos (impostos, mao de obra, monopolización institucional, rede de comunicacións radial, enerxía, auga e outros recursos, etc.) para hipertrofiar a centralidade industrial e política dunha modesta capital manchega que fora ata entón a capital do Reino de España (Madrid encabeza a lista de comunidades autónomas máis contaminantes, ao consumir e xerar unha contaminación de case vinte veces a capacidade de recarga dos recursos naturais, biocapacidade, do seu territorio, namentres que a taxa global do Estado Español é de 2,6 veces).
Conclúe Ernest García que mesmo hai que cuestionar a idea mesma de desenvolvemento económico, xa que conleva dalgunha forma a supresión gradual ou total das outras dimensións, ou sexa que non hai solucións, se non procesos nos que hai que facer sempre "escollas" en base a bases éticas e políticas do que queremos gastar ou deixar de gastar, non pode ser todo maximizado e mediado polo mercado en termo de prezos e transaccións. A propia escala de apropiación dos recursos conleva á evitar o gasto extravagante produto de centralizar e acelerar cada vez máis decisións económicas (polo que a destrución tamén é máis grande e intensa), certa parsimonia (preguiza no ánimo) ou prudencia nos leva a considerar a autonomía e independencia dos pobos para planificar que desenvolvemento e en que dirección. Hai pois múltiples desenvolvementos que precisan máis enfoque local e cooperación fronte a competencia, centralización e velocidade. Non quería rematar por agora esta modesto aporte ao debate, nun seguinte artigo abordarei unha pequena historia sobre este debate académico-político na perspectiva galega.
[1] BARTELMUS, Peter (1999): "Sustainable development: Paradigm or paranoia?". Wuppertal Institut für Klima, Umwelt, Energie; Wuppertal Papers, no 93, mayo.
[2] GARCÍA, Ernest: El trampolí fàustic: ciència, mite i poder en el desenvolupament sostenible (Alzira, Germania, 1995).