Crises 2.0 no agro (1ª parte)

Crises 2.0 no agro (1ª parte)
Xustifícase un atavismo permantente, un legado precapitalista agochado, un ser social que non quere nen morrer nen triunfar, chivo espiatorio das nosas frustacións do que pudo ser a República dos labregos, mariñeiros e obreiros

Recollendo o fío do exposto por Xosé Magariños na seu recente artigo do Terra e Tempo dixital[1]  sobre as funcións da agricultura e no que situaba a necesidade de adoptar esquemas propios no que respecta a como producir e consumir os nosos alimentos, aproveito para situar no debate crítico cuestions do trasfondo teórico do "Qué facer?[2].

O problema que teñen os grandes relatos é cando os queremos situar no concreto, xa que son iso grandes relatos, na socioloxía política fálase de que as teorías de grande alcance debe situar os seus límites diante da acción práctica de calquer índole. O exemplo o temos na Galiza no que respecta á analise das tranformacións do agro nas que imperan concepcións como crise do campesiñado, desamortización inacabada, atraso económico, desequilibrio litoral-interior, emigración, integración europea periférica, etc.

Evidentemente as constatacions empíricas recollen as transicions súpetas que aconteceron nas últimas décadas, a sensación que queda e a dunha agonía que non remata e que alguén, non se sabe quen debe pechar a porta e apagar a lus dunha vez, e tamén de paso pagar as facturas impagadas.  Estas lóxicas analíticas poren poden ter unha certa tendencia narcotizante cara  os impulsos da praxe xa que citando a  Engels no remate do afamado libro "Historia da orixe da familia, a propiedade privada e o estado" no que comentaba o fatal destino dos indíxenas Iroqueses da América do Norte, aínda que  lamentaba a desaparición do seu sistema social sinalaba que a evolución histórica tiña que  seguir o seu curso.

Sempre hai que xustificar un atavismo permantente, un legado precapitalista agochado, un ser social que non quere nen morrer nen triunfar, un chivo espiatorio das nosas frustacións do que pudo ser a República dos labregos, mariñeiros e obreiros. José María Cardesin[3] nun artigo que axo debería voltar a ler falaba mais dunha crise do propio concepto de campesiñado máis que o campesiñado como clase social en sí. Miren Etxezarreta[4] referíndose ao abandono agrario falaba máis dun problema de emprego máis que unha cuestión histórica-social específica.

Na maioría das publicacions desde múltiples disciplinas académicas ou xornalísticas podemos citar" "A concentración parcelaria en Galiza nunca vai ser rematada", "a porcentaxe de mozos que queren ser agricultores é menos do 2%", "desaparecen tantas aldeas cada ano", "o sector do leite perde centos de explotacións cada ano"...nun último artigo de El País había un artigo sobre a literatura da aniquilación e liquidación dos noso pasado agrario[5].

Todas estas concepcións descasan inevitablemente na asución implícita da dualización urbán-rural que mesmo transpasou os polos das tradicions marxista e liberal da teoría social. Somos culpables os urbanitas de esquecer o noso pasado e os rurais que quedan seguen empeñados en lembrárnoslo. Multitude de relatorios comentan as dificultades de rematar as etapas de desenvolvemento do rural á economía moderna como se predicaba nese Informe do Banco Mundial para Galicia dos anos 60.

Ser "donos de seu" como titulaba Ramón Villares[6] conlevou unha transición histórica que se situa a causa subxacente aos nosos males colectivos. Mesmo á hora de falar de Reforma Agraria non sabíamos que facer na nosa singular situación xa que no noso minufundio non se poida reflexar na Revolución Mexicana ou no problema do latifundio andaluz, ao final un problema sociolóxico inacabado de analizar....

Como comentaba no comenzo hai que por unhas lindes as grandes análises sociolóxicos e partir dalgo moito simples "dada calquera situación, sempre podemos facer algo".

Unha cousa certa que a realidade do capitalismo sempre nos fai recordar, a inestabilidade é innata ao noso sistema histórico-económico e da igual en que suposta etapa nos situemos (centro-periferia-agro-industria-etc.) as transicións sempre son aceleradas no tempo e de futuro incerto. Observemos na nosa historia agraria recente, case todas as nosas análises se situaban no pasado autárquico dos anos 50, autarquía imposta ferozmente pola isolamento da dictadura franquista.  Se puidesemos ir un pouco máis atrás ollaríamos a andaina dunha sociedade civil agrorural que se quería integrar no ritmo do desenvolvemento capitalismo do momento con vagar propio (sempre axei engrazado as comparacións típicas do caso dinamarques e o galego).

Estaban o societarismo agrario moi ben respaldado por certas élites locais, a posta en marcha dunha propia política de innovación coa aportación dos agraristas e un axuste do problema da propiedade que fora asumida pola maioría dos labregos. Xa estaban posta en marcha as bases mesmo dunha certa agroexportación (o caso dos bois cebados) e non carecíamos de gourmets nosos (como o Picadillo e a Emilia Pardo Bazán) que glosara as nosas produccións e que nos puderan nun futuro conectar coa vangarda da "Nova Cuisine". O que aconteceu no 36 axiu como un retro máquina do tempo que nos situou na terra do "ningures", e todos rexeitamos insconcientemente calquer valeiro.

Aínda así como explicamos que nos anos 60 xurdan cooperativas como as Utecos, Coren e Vitivinícolas que situaban a comercialización de productos agrícolas sen parangón noutras zonas do Estado. Concretamente no exemplo que mellor coñezo do viño, o conxunto das cooperativas vitivinícola nos anos 90 embotellaban máis do 90% do viño e conseguiron en grande parte consolidar as nosas afamadas Denominacions de Orixe, como é posible explicar o caso dos singular dos colleiteiros de Arnoia, posiblemente o microfundio máis extremo do pais... E todo isto nun sector que apenas coñeceu procesos de reconversión das suas estructuras parcelarias. Todos estos casos rachan contra os tópicos desenvolvistas domiñantes.

A pesar dos paus o sector do leite acadaou unha acumulación en termos de cadea de valor impresionantes e que as outras producións agrarias aínda están lonxe. É isto do que quero comenzar a falar, da cadea de valor, por que non deixamos de isolar o ser social do campesiñado e comenzamos a integrar a multitude de persoas e recursos que se integran na produción alimentaria galega. O sector vitivinícola con apenas 10.000 Has suma mais de 100 millóns de euros se incluímos viñedos e adegas, xa pero temos a distribución e restauración que paseniñamente amplían os seus lindes nos mercados cada vez máis mundializados. Recentemente nun acto de promoción en Pontevedra o Xerente da DO Rias Baixas comentou "en estes momentos de crise o que nos esta salvando é o minifundio", quería comentar esta persoa que a base familiar da producción vitícola permitía unha maior resiliencia ante a quebra do sistema financieiro global, mesmo comparou como Rías Baixas no último ano 2009 baixou un 0,5% namentres o líder do mercados Rioja baixou un 20%.

Coren actualente contempla o crecemento da súa rede de venda directa "Coren Grill" que permitirá aumentar a capacidade de negociación frente a grandes distribucións aparte da política ambiciosa de  diversificación das liñas de produción (carne de boi, razas autóctonas), neste caso a capacidade dunha grande organización permite acadar unha capacidade de innovación  e ivestimento imposibles para a grande maioría de explotacions individualizadas. É aquí a potencialidade exemplar de Consellos Reguladores e Cooperativismo no  que facer frente ao embate das ondas da crise.  Como encabezaba o título o debate seguirá e contituarei con mais reflexións prácticas sobre a cuestión.



[1]          Xosé Magariños Maceiras (2010), As funcions da agricultura, moito máis que alimentos de calidade, Terra e tempo dixital.

[2]          Qué facer? Novela do Populisa Ruso Nicolai Chernichevski (1828-1889).

[3]          Cardesín, J.M. (1999) El mito de la comunidad campesina ¿crisis de un agente social, o crisis de un agente de las Ciencias Sociales?, Concepcions espaciais e estratexias territoriais na Historia de Galicia, Santiago.

[4]          Economista da Unversidade Autónoma de Barcelona que ten publicado moitos traballos sobre a cuestión agaria desde concepcions marxistas.

[5]          Daniel Salgado, "Onde os pais non bicaban os fillos" de El Pais dixital, 26 marzo 2010.

[6]          Ramón Villares (ed.) (1988), Donos de Seu.