Crise económica e crise política
Temos que aprender dos resultados colleitados
Recoñezo que non teño as capacidades para ver de xeito científico o sucedido nas recentes eleccións, pero voume a atrever a facer algún comentario, que como case todo o que leo é subxectivo e persoal.
Primeiro.- Sorprendeume a capacidade que ten o PP para que non lle afecte en termos de votos os escándalos (prototípico no caso da Comunidade Valenciana). Este comportamento dos votantes, recordoume, salvando as distancias, o que pasou en Alemaña con Hitler nos anos trinta, onde un antisistema foi elixido ao parlamento.
Si recoñecemos que esas accións indican que algo non funciona ben, xa teremos andado algo. Son moitos votos de persoas que pasan a ser, por acción, antisistema do "vale todo".
Os antisistema non son, ao meu parecer, os que estaban acampados en moitas prazas, senón que son os que votan aos que corrompen cos seus chanchullos á democracia. Hai, polo tanto, millóns de persoas que actúan como elementos acríticos, como "forofos" na política. Mal asunto para o futuro non escenario de crise. Eses "indignados" teñen os nosos valores, eses que entenden que a política ten que estar ao servizo da sociedade, e non ao revés.
Segundo.- Afortunadamente o BNG ten un electorado hipercrítico que tenta enviar mensaxes á organización, para que loite para mudar unha realidade que non lle gusta por inxusta, que esixe aos seus dirixente que non sexan autocomplacentes, que teñan valores de esquerda e que os apliquen no dia a día, que teñan una ética e tamén unha estética, que non teñan medo a ser diferentes.
Terceiro.- Estou a escoitar e a ler que o feito de ir co PSOE en minoría restou votos. Pode ser certo, e máis, parece que é así. Haberá que aprender para o futuro que non podemos renunciar aos nosos principios políticos e a representar axeitadamente a esa franxa de poboación que non deu o voto. Non todo é xestión, tamén está a política, a ética e a estética. Temos que diferenciarnos das outras opcións políticas, porque somos diferentes.
Cuarto.- Somos unha opción política de esquerdas e nacionalista. E si non temos claro que temos que representar os valores que conleva esa opción, quedaremos fora do escenario político. Temos que saber chegar as elites progresistas e de vangarda, pero a nosa base é a que está formada pola clase traballadora, pequenos empresarios, funcionariado, xubilados,... (esa mal chamada clase media), que é a maioritaria en Galiza. Teñen que vernos como a opción que vai loitar polos seus intereses nos diferentes escenarios, temos que ser os seus peóns nas institucións, temos que estar ao ser servizo. E iso ademais de falalo hai que practicalo non dia a dáa e, aínda máis, practicando una ética e unha estética do grupo ao que se representa.
Quinto.- Cando pretendemos colleitar ao mesmo tempo pola esquerda e polo centro (naide parece recoñecer que é de dereitas), vemos que non temos "máquina". Ademais de ser unha trapallada política, e un problema ético imposible de xustificar.
Sexto.- Temos que aprender dos resultados colleitados. Seguro que os resultados non acadaron o que se esperaba (eu recoñézome como un dos sorprendidos), pero como no tema da crise económica, seguro que estes resultados xeran oportunidades para fixar o rumbo que nos marcan quen nos votaron e quen están dispostos a votarnos máis adiante. E eses non son os que referendan a políticos como os da Gürtel.
Somos nacionalistas, somos de esquerdas. Teremos, polo tanto, que actuar en política como o que dicimos que somos. E nese espazo hai futuro.