Corrupción empresarial
A outra cara da corrupción dos partidos do sistema
A degradación institucional no Estado Español asulágao todo e está xa tan a rebordaque pode estoupar polos ares. Os gravísimos casos de corrupción que se veñen repetindo nos últimos anos, xunto con novas informacións que atinxen ao partido do goberno, dan conta dun estado de prodremia tal que semella que xa non se poderá atallar como até agora. Isto, unido á grave crise económica e social, provoca que esteamos a vivir un fin de ciclo, mesmo quizais a queda da restauración borbónica e o estado das autonomías.
A corrupción no seo dos partidos políticos sistémicos é consustancial á súa decidida actuación como correas de transmisión de intereses espúreos. No canto de gobernar en beneficio das maiorías sociais que os votan, defenden as minorías que detentan o poder económico e mediático. Esta primixenia corrupción deriva nunha corrupción xeneralizada, que non á quen de manterse dentro da súa propia legalidade formal. Por iso, a propia democracia existente no Estado –limitada e aparente- amósase sobrepasada, convertida en papel mollado.
Pero hai unha outra cara desta mesma moeda, da que se adoita falar pouco, e que non ten tanto predicamento como a consabida corrupción dos políticos. Trátase da corrupción empresarial. Nos documentos que se veñen coñecendo da presunta contabilidade B do Partido Popular, para que haxa sobresoldos non declarados ten que haber “entradas en Caixa”, isto é “doazóns”. De confirmarse isto non estariamos só ante a fraude fiscal de ingresos non declarados dos seus dirixentes, senón do finanzamento ilegal do partido e tamén de distintos tipos de delitos por parte das empresas que achegaban eses cartos.
De seren certos os dados das listaxes publicadas, máis de 30 persoas e sociedades terían achegado preto de 6,6 millóns de euros en negro ao PP. Salientan as empresas construtoras e en menor medida as consultoras, sociedades de investimento bursátil, empresas de contratas de servizos, grandes superficies comerciais,... Alén de seren ilegais estas achegas, a cambio de que favores se facían? Á marxe da ética, podería alguén dicir que as empresas só procuran o seu beneficio, pero isto non lles dá dereito a saltarse toda a legalidade.
Porque non é só que o PP favorecese toda unha economía especulativa arredor da construción, senón que puido beneficiar –ilicitamente- a empresas concretas con métodos pouco claros. Corrupción empresarial, finalmente, tan rexeitábel como a outra.
Para nós cobran especial relevo algunhas anotacións dos “papeis de Bárcenas”. Por unha banda Villar Mir aparece en varias ocasións achegando fondos, preto de 500.000 €. E tamén hai varias referencias a “Galicia”, con esa anotación literal ou con “Galicia O C”. Isto querería dicir que dende o partido en Galiza se recadaron fondos por esta vía anormal cuxo destino eran os sobresoldos ao actual presidente do goberno do Estado Español, entre outros? Quizais ese presunto militante do PP chamado Núñez Feijoo nolo queira aclarar?