Congreso de desenvolvemento rural e Leader: Horizonte 2014/2020
Ou o arte de non rascar no fondo das cuestións
Os pasados días 7,8 e 9 de Novembro, na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Compostela, e convocado pola Asociación de GDRs de Galicia, tivo lugar o Congreso de Desenvolvemento Rural e Leader: horizonte 2014/2020. O Congreso contou coa colaboración de Dirección Xeral de Agader e do proprio Progama Leader-Galicia 2007/2013.
O Congreso contou coa colaboración de dous organismos dependentes da Consellería de Medio Rural e Mar do goberno do Partido Popular. Partido que, dende que retornou ao poder, o único que fixo polo medio rural, foi desmantelar os principios programáticos e o funcionamento democrático dos GDRs, que puxera en marcha a Consellería de Medio Rural do goberno bipartito, dirixida politicamente polo BNG, mediante o Programa Leader Galiza 2007/2013. De tal xeito que a día de hoxe, os GDRs, que tiñan que ter un papel dinamizador do medio rural, non teñen ningunha capacidade de decisión e soamente son entes subsidiarios no organigrama do Partido Popular. Vamos, que o raposo meteuse dentro do galiñeiro.
O Partido Popular, tal gardián das esencias e, para guiar polo bo camiño os/as congresistas e que non se desviaran, tivo unha presenza apabullante dos seus representantes neste Congreso. Estivo na apertura e na clausura. Estivo en cada unha das mesas que conformaron o Congreso. Como lle gosta ao Partido Popular a democracia orgánica, controlada como lle gosta pór en practica aquela frase que dixera o seu admirado ditador "Non se vos pode deixar sós".
O primeiro que chama a atención na celebración deste Congreso foi os días nos que tivo lugar. Celebrouse en días laborais en horarios de mañá é de tarde. Con estes horarios, os únicos que puideron asistir foron os cargos políticos, os funcionarios designados a dedo e as equipas técnicas dos GDRs. Pola contra, non puideron asistir os/as representantes das entidades asociativas que conforman os GDRs, pola sinxela razón de que non viven dos GDRs, nin do Partido Popular; viven do seu traballo. Sen embargo, si que poderían asistir, se o Congreso tivese lugar en días non laborábeis. Mais, se cadra, esta non asistencia era un obxectivo oculto deste Congreso.
Non se pode negar que a inmensa maioría das equipas técnicas dos GDRs están a facer unha moi boa xestión. Mesmo estana facendo nestes momentos nos que están reducidos os recursos e aumentou o xustillo burocrático que lastran os fondos xestionados polo Agader. Mais as equipas técnicas non poden ser os dinamizadores do medio rural porque son os xestores dun programa. Cobran un salario (da Xunta de Galiza ) por facer o seu traballo. E, en cuestións sociais, confundir política e pán non é un bo síntoma para avanzar.
Os dinamizadores do medio rural, se se quer que este sexa vivo e participativo, teñen que ser as entidades asociativas sectoriais xa que os seus compoñentes son os que viven, traballan e xestionan o medio rural, ademais de ser o seu compoñente dinámico. Un Congreso sobor o medio rural, celebrado en días laborais e en horarios de mañá e de tarde, semella que non está pensado para que poidan asistir os/as representantes das entidades que forman o tecido asociativo do medio rural. No desenvolvemento do medio rural, o despotismo ilustrado (todo para o pobo, pero sen o pobo) tampouco vale.
O segundo que chama a atención neste Congreso é o mecanismo dos debates (mellor habería que dicir dos non debates). Moitas mesas redondas. Mesas redondas de media hora de duración e con tres relatores non permiten tempo para debater; cando o debate é o obxectivo fundamental dos congresos. Semella que os organizadores non quixeron fomentar os debates. E sen debates (de onde logo se deberían sacar as conclusións) o foro non pode considerarse un Congreso. Pode ser unha conferencia, unha charla informativa. Mesmo pódese admitir que sexa unha lección maxistral; pero non é un Congreso onde se confrontan as ideas, vótase e acádanse unhas conclusións.
Neste marco limitado, constrinxido, as conclusións acadadas polo Congreso de Desenvolvemento Rural e Leader, só puideron ser as que saíron. É dicir, indefinidas e que non pasan de ser unhas declaracións de boas intencións que tanto valen para un roto como para un descosido. Analicemos, como exemplo destas indefinicións, dúas das conclusións.
A primeira das conclusións di "Aproveitar os montes veciñais en man común". Isto, dito así, pode significar unha cousa ou todo o contrario. Pode significar unha defensa da política de montes do Partido Popular que pretende que os montes veciñais en man común os aproveiten as empresas privadas, forestando estas terras en réxime de case monocultivo forestal (especies de crecemento rápido e cultivos enerxéticos). Ou pode significar reivindicar unha política de montes que faga posíbel que estas terras sexan multifuncionais e sustentábeis. Mais para sabelo a conclusión ten que ser clara. E esta conclusión do Congreso non o é.
A segunda das conclusións di "Impulsar a colectivización da xestión das terras privadas". Dicir isto e a continuación non criticar a implantación, promovida polo Partido Popular, das Sociedades de fomento forestal (Sofor) que significan a xestión empresarial en terras comunitarias, é non dicir nada. Dicir isto e a continuación non dicir que o Partido Popular derrogou as Unidades de xestión Forestal (Uxfor), que si eran unha xestión en común dos propietarios privados, é un mero acto de confusión.
Se as entidades veciñais non aproveitamos os foros (este congreso era un foro importante), para reclamar as políticas precisas para a defensa dos intereses das maiorías sociais. Se as entidades veciñais, por medo a perder unha subvención, fican mudas antes os poderes públicos non estamos avanzando nada. Ao contrario, estamos a perpetuar o caciquismo e o clientelismo por, como dirían os curas, seculum seculorum.
Na realidade, o Congreso de Desenvolvemento rural de Leader horizonte 2014/2020, foi unha oportunidade perdida para reclamar ante a Unión Europea que "Se queremos un medio rural vivo, é dicir, multifuncional e equilibrado, este ten que estar habitado. E até o de agora, as políticas europeas de desenvolvemento rural foron deseñadas ao marxe das persoas que viven, traballan e xestionan o medio rural. De aí que nos proxectos se esixe unha viabilidade económica, esquecéndose da función social que teñan que ter os mesmos. Derivado disto, nos fondos europeos para o período 2014/2020, a función social dos proxectos, deben ter prioridade".