Conciliación da vida familiar e laboral. Dereito ou negocio?
É admisíbel que unha administración pública mercantilice un dereito?
É admisíbel que unha administración pública mercantilice un dereito e esgrima como argumento para concedelo ou denegalo o custo económico que o mesmo suporá para as arcas públicas?
A pasada semana experimentei de primeira man a ofensiva mercantilista e regresiva que está a levar a cabo o PP no que atinxe aos dereitos sociais cando, no decurso dun xuízo no que a CIG defendía o dereito dunha traballadora das antigas Galescolas a reducir a súa xornada laboral para a atención das súas crianzas, a representante da Xunta de Galiza esgrimía como único argumento para opoñerse o "innecesario gasto público" que suporía a devandita redución de xornada e horario laboral da traballadora afectada.
Eís un novo exemplo de cómo desde a Xunta de Galiza gobernada polo PP se minguan os dereitos sociais, negando neste caso ás súas propias traballadoras o exercicio dun dereito que goza da máis alta protección legal e xurisprudencial -existinto unha amplísima e unánime colección de resolucións xudiciais neste senso- e procedendo á máis burda mercantilización dun dereito.
En efecto, o dereito das traballadoras -tamén dos traballadores, mais este artigo, permitídeme, escribireino en feminino- a conciliar a súa vida familiar e laboral goza dunha protección xurídica máxima grazas ás sucesivas reformas lexislativas e ao desenvolvemento que das mesmas fan os tribunais de xustiza. Porén, na práctica atopámonos con que, moitas veces, tal dereito convértese en "papel mollado", o cal sendo grave en todos os casos, cobra maior crueza e gravidade cando é unha administración pública a que o nega. É acaso admisíbel que unha administración pública mercantilice un dereito e esgrima como argumento para concedelo ou denegalo o custo económico que o mesmo suporá para as arcas públicas? Permitídeme que resposte cun rotundo NON. En ningún caso sería admisíbel e menos cando para outro tipo de gastos propagandísticos, protocolarios e mesmo relixiosos, como a visita que hoxe mesmo está a realizar o Papa Bieito XVI, hai "barra libre". Mais sobre todo o NON debe ser rotundo porque o tal "gasto público" no caso dunha redución de xornada non existe xa que as traballadoras, canda a redución da xornada ven tamén reducido proporcionalemnete o seu salario.
Así as cousas, a gravidade da actitude e da argumentación da Xunta de Galiza para as súas traballadoras non ten parangón, tanto por querer mercantilizar e mercadear cos dereitos como tamén por facer da mentira o seu único argumento.