COMOLDES, unha loita deica o final

COMOLDES, unha loita deica o final
Hai futuro nas cooperativas, cando se xubilan os seus socios?

COMOLDES Sociedad  cooperativa, situada no Polígono de San Cibrán das Viñas de Ourense, con un cadro de personal nos últimos tempos de arredor de 30 traballadores e adicada a fabricación de moldes principalmente para a automoción, esta en fase terminal despois de mais de 30 anos en funcionamento 

Dende o ano 2008, a empresa empeza a arrastrar débedas cos traballadores e dende o mes de maio de 2009, os traballadores deixan de percibir o seu salario, producindose o seu despido o 30 de setembro de 2009.

Neste contexto, os traballadores organizados na CIG, iniciaron una loita en defensa dos seus dereitos e pola continuidade da empresa e dos seus postos de traballo.

Deste xeito levouse a cabo una campaña sindical, de denuncia pública da situación e de mobilización  dende o mes de Outubro de 2009, que contou  con apoio decidido  da Federación do Metal e da Unión Comarcal de Ourense da Confederación Intersindical Galega, con concentracións de delegados e representantes de traballadores diante dos locais da empresa.

Son  de destacar entre todos os actos levados a cabo, a convocatoria de una folga e  o campamento permanente  as 24 horas do día  durante dous meses, protagonizado pola casi totalidade da plantilla ,  facendo garda diante das instalación da  empresa e  con fin de evitar a desaparición dos bens da mesma  ( maquinaria e ferramentas) como garantía do cobro dos salarios pendentes  e da posibilidade no seu caso de continuidade da actividade da empresa.

Non cubertas as debedas salariais na súa totalidade polo Fondo de Garantía Salarial, tal campamento posibilitou o cobro de tres mensualidades e media mais,  a través do cobro polo propios traballadores da venta de  producción elaborada por eles e que  os compradores tiñan que abonar aos  mesmos traballadores antes da  súa retirada da empresa.

Hoxe os traballadores están en situación de desemprego e os bens que quedaban da empresa embargados por eles,    pendentes de subasta.

A  elo chegouse,  a pesar de ser a empresa moi productiva e rentable,  a través de un proceso de descapitalización que coincide no tempo coa aproximación dos socios cooperativistas a súa xubilación.

Así  no  ano  2003 os cooperativistas crean una Sociedad Limitada denominada Inversora Oito a que transfiren a nave e os terreos propiedade da cooperativa, para logo ser  alugados a propia cooperativa.

Tal operación, de dudosa legalidade, e sobre a  que  os traballadores están valorando a interposición de una querella por alzamento de bens,  en termos prácticos liquida o ben mais importante da empresa, e fai desaparecer a garantía de  cobro dos salarios e indemnizacións dos traballadores no actual desenlace da sociedade cooperativa.