COASA
Nova fase: A consellería non autoriza o ERE e a empresa empeza a despedir

Sigue o Pulso contra a desregulación e a flexibilidade
No contexto actual de crise económica mundial, de cifras millonarias de parados, e de nova ofensiva do goberno do PSOE no recorte de dereitos dos traballadores con unha brutal contra reforma laboral, destaca no movemento sindical en Ourense a loita que están a levar os traballadores e traballadoras de COASA, no Parque Tecnolóxico de Galicia en Ourense, por defender as súas condicións de traballo tendo en conta que se trata de unha empresa de certo releve polo número de postos de traballo (262) que pertence a un importante grupo empresarial con centros en diversos países (Grupo AERNOVA AEROSPACE), e que decide, aproveitando o contexto actual aumentar a produtividade da empresa con cargo aos traballadores incrementando a flexibilidade e a desregulación horaria e reducindo os tempos standards de produción.
Destaca pola firmeza e rebeldía do seu cadro de persoal, manifestada en asembleas, ante o Expediente de Extinción de 38 contratos, presentado pola Empresa o pasado día 3 de maio, como chantaxe a non aceptación das súas exixencias.
Destaca pola seriedade e formalidade dos representantes dos traballadores, nomeadamente o Comité de Empresa (a pesar da actuación de algún sindicato con representación no mesmo) durante a tramitación do Expediente, e que rematou sen acordo entre as partes.A súa actuación, tanto nas preceptivas reunións de consultas, como no proceso de Mediación, fixo aflorar as verdadeiras intencións da empresa, e puxo de manifesto incluso con documentos e informes a falla de xustificación do ERE.
Destaca pola resposta colectiva de todos os traballadores e traballadoras participando masivamente nunha folga de 24 horas, que afectou por igual as tres quendas de traballo e que comezando as 11 da noite paralizou a totalidade da produción, facendo caso omiso ao despregue intimidatorio e desmesurado da garda civil nas inmediacións da empresa.
Destaca polas movilizacións anteriores, no mesmo día e posteriores a folga (concentracións, unha manifestación polas rúas da cidade e o campamento de denuncia do ERE diante das instalacións da empresa desmontado pola garda civil).
Agora o conflito pasa a outra fase a raíz dos últimos acontecementos:
-O 22 de xullo de 2010 a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia Departamento Territorial de Ourense emite resolución pola que resolve: Non conceder autorización á empresa COMPONENTES AERONAUTICOS COASA S.A.U. da medida solicitada de extinción das relacións xurídicas laborais de trinta e sete traballadores dos douscentos sesenta e dous que conforman a totalidade da plantilla.
-Recibida a resolución, e a vista o inmediato o peche da actividade no mes de agosto por vacacións, a empresa empeza a despedir traballadores, (a día 30 de xullo van 4), facendo constar na carta de despedimento a improcedencia do despido, e poñendo a disposición dos traballadores a indemnización legal de 45 días de salario por ano traballado.
A unión e solidariedade demostrada en todo o proceso, fai prever cando sexa oportuno unha adecuada resposta por parte de todos os traballadores e traballadoras de COASA, e en tal sentido xa están convocadas reunións para o mes de agosto.