Chove sobre mollado
Tirar máis leña ao lume non o apaga, revíveo
Hoxe coñecemos mellor a crise. Coñecemos mellor as políticas que en diferentes partes do planeta se teñen empregado para -supostamente-combatela. Coñecemos o que se fixo no estado e en Galiza. Coñecemos as consecuencias prácticas da aplicación desas políticas sobre a nosa economía e sobre a poboación.
Tras case catro anos desde o comezo da crise, o tempo e os feitos, lévanme a constatar, cando menos tres cousas que coido deberían condicionar a calquera que quixera tomar medidas de política económica no presente:
1. Non é unha crise conxuntural nin cíclica. É unha crise sistémica, profunda e duradeira.
2. Está crise non a está a pagar quen a provocou, senón unha inmensa parte da poboación.
3. As políticas adoptadas no ámbito da Unión Europea e a súa translación no estado español e concretamente a súa aplicación en Galiza, non foron efectivas nin na reactivación económica nin na creación de emprego. Pola contra, foron gravemente prexudiciais para a inmensa maioría poboación.
A estas alturas, as dúas primeiras afirmacións son asumidas até por algúns dos iconos máis representativos da doutrina neoliberal, polo que non paga a pena incidir nelas. A terceira é máis discutida.
Desde o comezo da crise, a actuación do goberno español mantivo unha dirección invariábel. Primeiro o PSOE, agora o PP, abordaron esta crise económica do mesmo xeito: cunha subordinación do poder político ao financeiro, unha evidente falta de autonomía política na toma de decisións e a asunción de determinados dogmas neoliberais, ditados desde Alemaña, como única explicación e única solución á actual situación económica.
Podería ser discutíbel, no seu día, a idoneidade das políticas económicas escollidas. O que a día de hoxe non parece moi discutíbel é a súa nula efectividade.
A pesar da evidencia do fracaso do tipo de medidas tomadas até o de agora, os primeiros pasos dados por Rajoy, avanzan teimudamente, na mesma dirección, como así o demostran os seus primeiros anuncios e actuacións en materia económica:
- Control do déficit como obxectivo fundamental de toda a súa política mediante a contracción brutal do gasto e investimento público de cara a cumprir os obxectivos marcados (un 4,4% en 2012 e nun 3% no 2013) con independencia das consecuencias desa redución na demanda pública e destrución de emprego. Grazas ao acordo co PSOE, o Partido Popular non só poder aplicar este vello dogma neoliberal, senón que ten que cumprir con este novo mandato constitucional...
- Unha reforma laboral co horizonte último de acadar unha importante contención salarial e desvinculación dos salarios á suba do custe da vida, a baixada dos custes por despido e redución das cotizacións empresariais á seguridade social, redución das modalidades de contratos, supresión da negociación colectiva e limitación do dereito á folga e do peso das centrais sindicais. En definitiva: máis facilidades para os empresarios, menos dereitos e peores condicións laborais para aos traballadores e traballadoras, afondando na mesma idea coa que elaborou a anterior reforma laboral o goberno do PSOE: abaratar o despido e os custes laborais é (segundo eles) o camiño fundamental para crear emprego.
- Minimización do chamado "estado de benestar". Redución das prestacións en materia de servizos públicos básicos ofertados polas administracións públicas. Introdución do copago na sanidade, o ensino, os servizos sociais ou a xustiza e un novo modelo de pensións baseado en traballar máis anos, pensións máis baixas para a maioría e seguros privados para quen os poida pagar.
- "Adelgazamento" do sector público en aras dunha maior "concertación" e privatización de servizos. Afogamento dos servizos prestados mediante unha taxa de reposición no sector público tendente a cero, malvenda do patrimonio público e privatización de empresas e entes públicos como AENA, Loterías, RTVE ou Correos. Todo isto acompañado dun intento de recentralización de competencias no estado en base a unha suposta economía de custos e equidade territorial na prestación dos servizos.
- Aumento das cargas fiscais centradas nas clases baixas e medias, mediante a suba de impostos directos e indirectos: IRPF, IBI, IVE (máis cedo cá tarde acabarano voltando a subir), impostos especiais ou o prezo de determinados servizos como as escolas infantís ou as peaxes das autoestradas. Iso si, nin unha palabra sobre impostos específicos para as grandes fortunas, paraísos fiscais, tributación das SICAVs, fraude fiscal nas grandes corporacións, patrimonio, sucesións, etc.
- Unha "reestruturación" do sector bancario como eufemismo dunha maior concentración do capital financeiro, mediante unha segunda quenda de fusións que rematarán convertendo o sistema financeiro español nun oligopolio no que o que quedaba de "sistema financeiro galego" se disolverá coma o azucre. Sanéanse os balances de institucións privadas con fondos públicos, pero non para achegar crédito nin ás familias nin ás pequenas e medianas empresas.
Estas prioridades do executivo de Rajoy non poden ser agoiro de nada bo. Trátase da aplicación dun remedio que xa ten demostrado ser peor ca enfermidade.
Todos os indicadores reflicten o fracaso deste tipo de políticas: evolución do PIB, taxa de paro, número de afiliacións á Seguridade Social, índices de consumo privado, nivel de crédito concedido polas entidades financeiras ás familias e ás PEMES, índice de produción industrial, índices de confianza, índices produtividade e competitividade, fuga de cerebros e emigración, índices de pobreza e marxinación social... Ningún deles é unha conxectura, son datos empíricos que debuxan as consecuencias desas políticas. Un cadro desolador.
Vistos eses indicadores e outros aspectos da política económica levada acabo até o de agora e vendo que, en esencia, será a mesma que a que se pretende levar a cabo no futuro, só me veñen á cabeza dúas ideas moi básicas:
Por unha banda, que as políticas de recurtes e control do déficit por si soas non traerán nin confianza, nin reactivación económica nin creación de emprego. Diante unha contracción brutal do consumo privado que non se compensa co que exportamos, as políticas de contención do déficit só poden agravar ese desequilibrio. Sen políticas de reactivación económica, é imposíbel crear emprego.
Por outra banda, que nunha situación de paro insoportábel, de redución do poder adquisitivo das familias e de dificultades de acceso ao crédito se as administracións públicas recurtan os seus servizos e prestacións estaremos agravando o problema desde unha perspectiva económica e tamén social, conducíndonos inexorabelmente a vivir con maior desprotección, maior exclusión, maior pobreza e menor acceso a servizos básicos para unha parte importante da sociedade. É dicir, esta política só nos leva a unha sociedade máis empobrecida, desigual e inxusta.
Tirar máis leña ao lume non o apaga, revíveo. As políticas que se levaron a cabo até o de agora non funcionaron. As novas (que en esencia son as mesmas) tampouco o farán. Lamentabelmente, as consecuencias, non por agardábeis, son menos duras.