Chámanlle rescate cando queren dicir roubo
Falan de rescatar a economía española pero é o último capítulo deste roubo consentido
Falan de rescatar a economía española pero é o último capítulo deste roubo consentido. Tributamos ó estado español, pagamos os nosos impostos tanto directos como indirectos e todos ese miles de millóns de euros que os traballadores e traballadoras pagamos onde rematan?
O goberno do PSOE no estado español e do PP na Galiza téñeno claro. Gobernan e distribúeno cun disimulado exibicionismo.
Nesta infamia que se chama mercado especulativo fomos testemuñas de cómo os bancos xogaron cos nosos cartos unha partida na que a gran maioría deles ía de farol. Apostaron cartos que non eran seus e que incluso nin sequera tiñan e perderon. Nese acto mafioso, que se dá nalgunha taberna do noso país a porta fechada, cando se descubriu o petate non aconteceu o que aquí acontecería con tan só uns miles de euros. Aquí, evidentemente, se resolvería cun axuste de contas. Mais para a gran banca, aquí intocable, non foi así. Non se lles cobrou a débeda, nin xudicial, nin penalmente, nin moito menos claro está, a sangue. Os seus erros cobizosos, a súa débeda pagámola nós.
Como se pagou nun principio? No ano 2007, o goberno zapatero cos cartos que nos lle outorgamos para manter o noso estado do benestar desviou entorno a 500.000 millóns de euros en prestamos ó 1% para o Botín e compañía. E que fixo a banca? O que fan os ladróns e os usureiros na súa cobiza insaciable: cos cartos prestados volveron a inverter. Unha gran parte mercando débeda pública (bonos do estado), co cal se fecha o círculo e se realiza o maior atraco ao estado feito en anos. Cos cartos que eu che presto a un interese de un 1% ti mércasme a min débeda que eu che terei que pagar no futuro a un 5% ou máis: negocio redondo.
Os responsábeis primeiros: a gran banca. Os responsábeis secundarios: o goberno do PSOE no estado español. Os que pagan o pato: os traballadores e as traballadoras.
Agora os neoliberais véñennos co conto de que pode ser preciso un "rescate" para España. Imos explicar con léxico de rúa o que estes lle chaman rescate para dilucidar as posíbeis dúbidas, xa que coa intoxicación informativa que temos tanto en Galiza como nas canles do resto do estado é preciso comezar a poñer vacinas.
Para pagar a túa débeda e que poidas seguir na unión europea e non dificultes o avance económico de Franza e Alemaña eu vouche a deixar máis cartos, co cal me vas a seguir debendo moita máis pasta, durante moitos anos. Como ma podes ir pagando? Pois tes que deixarlle as empresas privadas que xestionen os recursos públicos e que as corporacións dos nosos países se fagan coa propiedade dos teus recursos: enerxéticos, de autoestradas, ensino, sanidade, fármacos, auga... dos teus dereitos: despido libre, pensións, vacacións, horario de traballo máis flexible...
Para seguir dando alas a países historicamente imperialista imos a vender moi pero que moi barato os nosos dereitos, e os nosos servizos básicos e universais. Se non é isto fascismo económico, logo que é?
No medio desta mascarada, a dereita española flota as mans: xa teño a escusa perfecta para criticar os autogobernos e as autonomías e centralizar máis (xa que dan moito gasto). Xa teño o terreo aboado para que fagan negocio as compañías e empresas que me financia privatizando a sanidade (copago), o ensino (fechando unidades nos centros públicos desvíamos alumnado para os privados concertados), os servizos sociais (centros de día e galescolas), as autoestradas, a enerxía... Sónavos dalgo? Porque non estou falando de Almería precisamente.
Con este panorama estamos, e non esaxero, ante unha guerra, unha invasión europea no noso territorio, co consentimento dos conservadores e os "progres". Armémonos para cada batalla e sexamos claros no discurso.
En primeiro lugar ideoloxicamente, desmentindo todas estas patrañas e mentiras (é que o público é mais caro, é que a sanidade gasta moito...). Os servizos públicos son o único garante de igualdade de dereitos. A distinto poder adquisitivo mesmo servizo. Son compensatorios das desigualdades sociais e amortecedoras en tempos de crise.
En segundo lugar plantexando iniciativas claras e urxentes: nacionalización da banca e da enerxía. É preciso unha banca pública galega ou no seu caso unha caixa de aforros ao servizo dos galegos e galegas. A produción enerxética debe estar ao servizo do estado e dos seus cidadáns. Ou canda menos deben tributar en concepto de canon para o beneficio dos cidadáns nos territorios nos que producen.
É preciso poñer en tea de xuízo con total urxencia a nosa pertenza a Unión Europea, feito que o BNG sempre criticou e se opuxo (mentres nos tachaban de atrasados, de ir contra o progreso).
E en terceiro lugar dando unha batalla nas rúas e nos centros de traballo contundente a toda esta perda de dereitos. Informar e combater.
Se non queremos ser rescatados non é porque teñamos o síndrome de Estocolmo. Non queremos ser cómplices desta atraco. É o máximo espolio ó noso futuro.
Chámanlle rescate cando queren dicir roubo e non lles pode saír de balde.