Certificación forestal: O capital impón unha nova re-eucaliptización do monte galego
O capital, o mercado, se non o impedimos, está impondo unha re-eucaptilización do monte galego
O mercado, o capital, as multinacionais que usan como materia prima a madeira, están impondo que, a única madeira que se poida vender, sexa a madeira certificada. Mais, entendendo a certificación forestal non como proba de unha boa xestión dos montes, senón como un salvoconduto para que poidan ter madeira para negociar. Condenando a madeira non certificada, aínda que proveña de unha boa xestión dos montes, a un mercado residual con prezos á baixa .
Dos dous selos principais de certificación forestal que existen, o FSC e o PEFC, o capital, o mercado, as multinacionais que marcan a pauta do mercado da madeira, a día de hoxe, apostan polo selo de certificación forestal FSC. Mais isto non significa ningunha seguridade na venta da madeira. Mañá ese mesmo capital e mercado, esas mesmas multinacionais, se lle interesa para os seus negocios, poden apostar polo selo de certificación forestal PEFC.
A industria galega da madeira, buscando o negocio a curto prazo e con nula visión de futuro, tamén a día de hoxe, aposta polo selo FSC. Mesmo están dispostos a financiar o custe do selo de certificación forestal (un custe que anda na orde dos 17.000euros/ano). Mais, que tipo de monte busca a industria galega da madeira? Busca un monte onde predomine o eucaliptus, axa poucos piñeiros e se non hai frondosas autóctonas, mellor. O capital, o mercado, se non o impedimos, está impondo unha re-eucaptilización do monte galego. A creación das SOFOR(xestión capitalista en terras comunitarias) e a usurpación da xestión dos montes veciñais consorciados e conveniados favor das empresas, tal como se detecta na vixente Lei de Montes de Galiza, son consecuencia directa de esta estratexia. A industria galega da madeira e o partido que a sustenta (Partido Popular) non dan puntada sen fío.
Na teoría, os selos de certificación forestal buscarían acadar un monte multifuncional e sustentábel. No que a súa posta en valor estivese relacionada con un territorio e coas persoas que viven, traballan e xestionan ese territorio. Na práctica o único que buscan os selos de certificación forestal (lamentablemente o FSC, tamén) é ter madeira certificada de calquera xeito, para ter cota de mercado. Como moito, sendo xenerosos, estes selos de certificación, non son máis que selos de certificacións de plantacións forestais. Non certifican a boa xestión dos montes.
O selo de certificación forestal no modelo FSC (creado por grupos medioambientalistas internacionais: Adena, Greenpeace) nos seus principios e criterios e na súa xestión é mais axeitado que o selo de certificación forestal no modelo PEFC (creado polos silvicultores particulares). Mais na práctica, non se diferencian moito. Como se pode entender que no modelo FSC non se esixa que haxa máis de unha produción?
Como se pode entender neste modelo entendan especies forestais distintas, as variedades distintas de unha mesma especie forestal? Con estas propostas un monte que somentes teña produción de eucaliptus pero con tres variantes da especie pode ser certificado no modelo FSC. Isto non é camiñar cara un monte multifuncional.
Lamentablemente (Consciente ou inconscientemente) o obxectivo final do selo de certificación forestal FSC é o mesmo que o da industria da madeira, a consecución de madeira certificada de calquera xeito, para ter cota de mercado. Só así se pode entender que estean a crear un grupo de montes para poder certificar. Un grupo de montes no que entren montes veciñais e montes particulares. Onde os montes que entren no grupo poidan ser de calquera ámbito territorial. Deste xeito pódense saltar facilmente os criterios para acadar a certificación. Imaxinemos que nese grupo de montes,1/3 dos montes teñen produción de eucaliptus globulus, o segundo terzo teñen produción de eucaliptus litens e o tercer terzo ten produción de piñeiros. O grupo de montes pode acadar a certificación forestal (hai tres tipos de plantacións) aínda que os montes individualmente considerados sexan monocultivos. Isto non é camiñar cara un monte sustentábel, a non ser que por sustentábel entedamos a sustentabilidade económica das empresas da madeira, das entidades xestoras e das entidades auditoras.
As comunidades de montes veciñais en man común entendemos e esiximos que un monte veciñal está certificado cando teña un plan de xestión ou de ordenación e o cumpra anualmente; cando haxa máis de tres producións e cando, ademais da función produtiva, cumpran as funcións sociais e medioambientais. As comunidades de montes veciñais en man común entendemos e esiximos que a Administración Galega teña a capacidade de estender certificados de esta boa xestión dos montes. So de este xeito poderemos rachar a imposición da industria galega da madeira para re-eucaliptizar o monte galego.
Tal e como están hoxe conceptuados, os selos de certificación forestal son un negocio para as empresas madeireiras, para as entidades xestoras e para as entidades auditoras (todas elas empresas privadas). Nada teñen de multifuncionalidade e moi pouco de sustentabilidade e son un novo imposto para as comunidades de montes (arredor dos 17.000 euros anuais). Tal e como están hoxe conceptuados os selos de certificación forestal, están apoiando o obxectivo da industria galega da madeira de proceder a unha re-eucaliptización dos montes. Están a apoiar unha explotación colonial de unha parte dos nosos recursos. Agora ben, para que as comunidades de montes (e a sociedade galega galega no seu conxunto) o traguen mellor, veñan acompañados de un envoltorio ecoloxista outorgado por grupos medioambientalistas de carácter internacional. Volve ser verdade aquel vello dito que di "Polo pan, baila o can".