CDS, a arma de destrución masiva
A enxeñería financeira e os seus inventos son os culpábeis da crise económica
As armas de destrución masiva da economía mundial non se atopan, como dixo aquel ex-presidente español, en desertos remotos, atópanse nas principais prazas das finanzas mundiais, Wall Street, a City londinense..., e visto os acontecementos dos últimos tres anos, non é de agardar que se desate ningún conflito bélico para requisalas e desactivalas.
Imaxina que fas un seguro ao teu nome para a vivenda do veciño; non estarás desexando que arda para cobrar a indemnización? Mesmo, por que non plantarlle lume a escondidas para cobrar a o seguro? É impensábel que algo así se poida facer na vida real, pero todo é posíbel no inescrutábel mundo das finanzas.
Os CDS, que nada ten a ver con case extinto partido político español, son "seguros de incumprimento crediticio" (Credit Default Swaps), que permiten a un investidor asegurar un investimento, bonos de débeda soberana por exemplo, sen ser posuidor do valor asegurado, mentres non haxa que pasar a cobrar o seguro; curioso!, pero así é. O seu custe non está ao alcance de calquera mortal, hai que ter 10 millóns de dólares para contratar un, e a desregularización financeira permite a clonación destes seguros ad infinitum, é dicir, tendo cartos, -moitos, por suposto-, pódense facer CDS doutros CDS, e así sucesivamente como se dunha boneca rusa se tratara.
Como podedes imaxinar, o volume de operacións deste tipo de produtos financeiros é tan descomunal como perigoso, xa que estamos a falar de billóns de dólares en operacións, que superan de longo o total do PIB mundial.
Como dixen antes, contratar un CDS non está ao alcance de calquera, e, como podedes supoñer, semellante volume de negocio está controlado por moi poucas persoas; de feito altos executivos de nove bancos de Wall Street, reúnense en segredo unha vez ao mes para protexer os seus intereses no mercado de derivados financeiros, entre os que se atopan os CDS. E non pensedes que se trata dunha fabulación conspiranoica, en absoluto, xa que son os propios xornais do sistema, como o New York Times, os que dan conta destas reunións secretas, nos que efectivamente conspírase contra toda a humanidade.
E como podedes supoñer, se estes altos executivos consideran que é máis lucrativo cobrar o seguro ou "Credit Default Swaps" que perder a rendibilidade do valor asegurado, podedes estar seguros que se Grecia ten que caer, caerá. De feito estes produtos financeiros son os culpábeis do incremento das primas de risco da débeda soberana dos países e por extensión dos xuros dos bonos soberanos.
Mais isto ten un problema, que é tal o volume de operacións que pon en perigo o propio sistema financeiro. De feito, en 2008 o goberno de Bush deixa quebrar a Lehman Brothers porque para eles supoñía un "risco moral" que un goberno neoliberal saíra ao rescate dunha empresa, mais non lle quedou outra que tres días máis tarde rescatar a AIG, a maior aseguradora do mundo, por non ter a liquidez suficiente para afrontar o pago dos seguros de crédito, ante a ameaza dun cataclismo económico de proporcións épicas.
Este é o monstro creado pola falta de regulación do sistema financeiro; e nas altas esferas da política internacional, no canto de poñer freo, e meter en cintura o sector financeiro, sométense aos pobos, aos traballadores, a "contra-reformas" brutais que están a liquidar o feble estado do benestar, e a aumentar o paro de xeito alarmante, principalmente en Europa e Estados Unidos.
En toda película de ficción o monstro sempre morre, mais a plutocracia está empeñada en seguir alimentando o casino das finanzas con inxeccións masivas de diñeiro que pagaremos todos e todas; pero unha cousa está clara, se o sistema financeiro é incapaz de devolver aos bancos centrais e entre si os X miles de millóns de euros ou dólares que se deben, máis imposíbel será que paguen X ao cadrado.