Causaefecto
O abaratemento do despido xurde como un pequeno verme que vai minando nas mentes dos ínclitos gobernados para poñer en valor a máxima de que mentres non mate todo é bo
Contan as crónicas, entendidas, que con isto da recesión económica había que buscar medidas autónomas e precisas para facer fronte aos tempos que veñen. Toda vez que cando a parte visceral do cerebro queda anulada ponse a traballar a zona "intelixente", supostamente integrada na hipófise, pouco desenvolvida en determinadas cabezas. Pero xa se sabe, non sempre quen decide ten a racionalidade para exercer estas dotes, polo que as respostas non sempre van en consonancia coas problemáticas propostas. Velaí pois os efectos tan sumamente beneficiosos do arte de mandar, de exercer ese dominio tan práctico que resulta insulso e incluso terriblemente patético para quen recebe ditas normas, para os de sempre.
O abaratemento do despido xurde como un pequeno verme que vai minando nas mentes dos ínclitos gobernados para poñer en valor a máxima de que mentres non mate todo é bo. Poñéndonos en situación e salvagardando as distancias coa xente que máis pode falar disto, que máis entende, e facendo unha praxe dende o punto de vista dun traballador ou traballadora calquera dunha empresa calquera dun sitio calquera, costa entender, e moito, a relación causa - efecto de ditas virtudes.
Si unha empresa, ou un conxunto de empresas ten como máxima a consecución dun rendemento económico non creo que teña que basear o seu futuro en canto lle costa despedir aos seus traballadores ou traballadoras. Cando se inicia unha relación contractual, cando se procede a desenvolver unha xestión adecuada dos recursos desa empresa e cando se pretende introducirse no mercado cun produto non creo que teña moito que ver canto costa despedir á xente que traballa para a elaboración dese produto. É máis, quen no seu san xuízo se pon a pensar que a súa empresa recén constituída vai ser nefasta na consecución final? Entón teremos que mudar os obxectivos e incluso facer un exame para poder quitar o carné de empresario ou empresaria.
Estes conceptos de intelixencia emocional, se mo permitides definilo así ( pedindo perdón á intelixencia emocional ), son a verdadeira pobreza, os que liman incesantemente o futuro da economía, tanto a global como a de curto mercado. Non se pode permitir a todo mundo ser dono ou dona dunha empresa, sin ter claro cales son as expectativas e cales son as metas, cales son os riscos aos que está suxeita a actividade que quere ter e formular dunha vez por todas a potenciación dun cadro de persoal de traballo que logre establecer pautas intrínsecas que fomenten un beneficio global que implique unha sostibilidade tanto económica como social. Noutras palabras, o mantemento dun cadro de persoal coñecedor dos procesos mercantís e laborais e baixo unhas condicións leais é sinónimo dun futuro, dunha simbiose na que todo mundo se pode sentir útil e co-partícipe.
Imaxinemos por un momento que nun ataque de soberanía, ao goberno de turno lle da por aplicar un pago para circular polas autovías que existen, co gallo de fomentar unha redución nos accidentes de tráfico, vedes algunha correlación?
Imaxinemos por outro momento que a directiva dalgún xeneroso equipo de fútbol lle da por subir as cotas aos seus socios e socias para favorecer desta forma que lles piten máis penaltis a favor, vedes algunha correlación?
Estas dúas estupideces que acabo de escribir poden ser burlas á nosa intelixencia, pero alguén lle deu a risa cando se aprobou esta nova reforma laboral? Alguén, digo cidadáns de a pe, pensa que existe algunha relación directa entre o despido libre e a activación da economía ou a cota de mercado das empresas ou a boa xestión das empresas ou ao éxito ou fracaso das mesmas? Evidentemente quedan excluídos os representantes dos empresarios, que terían que facer algún curso de metodoloxía didáctica para aprender algo sobre a empatía.
Ogallá alguén me poda dicir algo sobre isto, eu tamén podo estar equivocado.