Borrador da Lei de Montes de Galiza, entidades do sector, coherencias e incoherencias
No Consello Forestal de Galiza, celebrado o pasado dia 9 de este mes aprobouse o borrador da Lei de Montes de Galiza
No Consello Forestal de Galiza, celebrado o pasado dia 9 de este mes, aprobouse (aínda que non houbo ningún tipo de votación), o borrador da Lei de Montes de Galiza para que inicie o trámite parlamentar. De todas as entidades do sector, que compoñen o consello forestal, somentes o Sindicato Labrego Galego, Amigos da Terra e a Organización galega de comunidades de montes, se manifestaron en contra.
O borrador da Lei de Montes de Galiza aprobado, e radicalmente distinto ao que no seu dia, fora aprobado, con un só voto en contra na lexislatura do goberno bipartito. Borrador que non se converteu en lei por falta de tempo ao ser convocadas as eleccións ao Parlamento Galego.
De feito, o borrador da Lei de Montes de Galiza aprobado, ao contrario do anterior, significa:
- A apropiación indebida da xestión dos montes veciñais do interior do Pais aos veciños e veciñas comuneiros, para entregarlla as sociedades de fomento forestal.
- A derrogación encuberta da actual lei de prevención e defensa contra os incendios forestais co cal ,vaise a achegar o lume as casas.
- O arrancarlle todo tipo de protección aos montes veciñais para deixalos nas garras dos intereses urbanísticos e especulativos.
- A conversión do monte galego nunha gran leira para a plantación de cultivos eneréticos.
- O abandono de todas as obrigas da Consellaría do Medio Rural para os montes veciñais en mao común, destacando o de deixar de facer os deslindes.
- A aposta por un monte somentes forestalista e por forestar as terras agrarias.
A industria da madeira, as empresas forestais, os representantes dos gandeiros e dos cazadores, os sindicatos agrarios: Xovenes Agricultores e Unións Agrarias; os propietarios dos montes privados, Sylvanus e a Asociación Forestal de Galicia, todos eles, membros do Consello Forestal de Galiza, e que votaron a favor do anterior borrador, votaron tamén a favor do actual borrador da Lei Montes de Galiza. Se os dous borradores son totalmente contrarios, como é que votan a favor de un e do outro?. Cal é a razón de esta incoherencia?. Esta incoherencia debese a que estas entidades defenden somentes os seus intereses sectoriais, sen importarlle para nada o resto do Pais. Este incoherencia débese a que estas entidades sempre queren estar a ben con quen goberne (se é a dereita ou o españolismo, mellor que mellor), non vaia a ser que os deixen sen subvencións, que moitas delas e do que viven.
Igual cos cans, non traban a mao que lle dá o pán.
Se analizásemos o borrador da Lei Montes de Galiza, dentro de unha campá de cristal ou fora da realidade de este Pais que se chama Galiza, a única organización que podería cambiar de posicionamento, seria a ORGACCMM. Porque, certamente, o borrador da Lei de Montes de Galiza, recolle avances no que fai respecto a titularidade dos montes veciñais (carácter xermánico da titularidade veciñal, dotar de plena capacidade xurídica as comunidades de montes). Avances, que mais que avances son reafirmacións xa que estaban contemplados no borrador do Bipartito. Mais, a pesar de estes avances, mellor dito, de estas reafirmacións, favorables os montes veciñais, a ORGACCMM, en acordo asembleario, manifestouse en contra. E isto, foi por coherencia. Porque, por coherencia non se pode votar o mesmo a dous borradores totalmente contrarios. Porque por coherencia hai que compaxinar os intereses sectoriais cos intereses das maiorías sociais do Pais, que por outra banda, son coincidentes.
Se cadra, as coherencias e as incoherencias das entidades que conforman o sector monte, pode levarnos a facer unha reflexión. Debe o nacionalismo manter dialogo estreito e fluído como din algúns, con todas as entidades sectoriais?. Deben darse todas estas relacións no mesmo plano?. Evidentemente, o nacionalismo ten que manter dialogo e recoller ideas con todas e de todas as entidades sectoriais; mais o plano da relación ten que ser diferente. Con unhas ten que establecerse alianzas e con outras non.
As entidades sectoriais que atenden somentes os seus intereses e se esquecen do Pais no que viven, poidan que dean votos. Mais son votos conxunturais, que tamén se perden conxunturalmente no curto prazo; e ademais, non crean conciencia de Pais. As entidades sectoriais que compatibilizan os seus intereses cos intereses das maiorías sociais, crean conciencia de Pais e tamén votos (aínda que a mais longo prazo). Porque a clave esta na creación de conciencia de Pais. Se si establecen as mesmas relacións con todas as entidades sectoriais, estariamos facendo o que deixou escrito Lenine: dar un paso para adiante e dous para atrás (que e peor que estar quedos). Ou estariamos pondo en practica aquel dito popular que di " vai ser peor o remedio que a enfermidade ".