Bilbao, capital mundial da globalización
Nun acto de obscenidade e provocación pregoaron unha vez mais a austeridade para seguir rebaixando os soldos aos traballadores e esixíndolles mais produtividade
O pasado 3 de marzo cumpríanse trinta e oito anos dos asasinatos de cinco obreiros -e un montón de feridos de bala a mans da policía nacional- cando celebraban unha asemblea na igrexa de San Francisco de Asís, no barrio Zaramaga de Vitoria, sendo Ministro de Gobernación o fascista, don Manuel Fraga Iribarne, e, quezas para burlarse das vítimas ou para dicirnos que van seguir nesa liña; apadriñados polo autonomeado mellor alcalde do mundo mundial, Iñaki Azkuna, a quen convenceu o ministro de Economía, Luís de Guindos, para acoller o Global Forum Spain no Museo Guggenheim; chegaron a capital bilbaína ós máximos representantes da Troika que está sementando pobreza e miseria entre a clase traballadora; guerras, morte e destrución; practicando o asasinato selectivo e o xenocidio de pobos enteiros en todos os recunchos do planeta para beneficio das multinacionais, dos fabricantes de armas e dos especuladores financeiros, ladróns de luva branca ou criminais de garabata impoluta aspirantes ao Nobel da Paz .
Alí, co lehendakari Urkullu oficiando de anfitrión, estiveron en feliz comandita, a directora xerente do FMI, Christine Lagarde; o presidente do Banco Europeo de Inversións, Werner Hoyer; o presidente do Eurogrupo, Jeroen Dijsselbloem; o comisario europeo da competencia, Joaquín Almunia; o secretario xeral da OCDE; o sogro do Urdangarin; Mariano Rajoy cos seus ministros de Industria e Economía, xunto con outros da mesma ideoloxía e non mellores intencións.
Viñeron a dicirnos que aínda non remataron a faena porque aínda lles queda darlle a estocada final a algúns servizos sociais públicos que teñen que poñer nas mans privadas dos seus amiguetes para que poidan facer negocio coa nosa saúde, negarlle a ensinanza aos fillos de quen non poida pagala e que os vellos vaian a pedir esmola por non ter dereito a pensión. Alí vendeu con éxito Rajoy as súas reformas e sacaba peito cando lle deron os parabéns por cumprir con dilixencia os seus mandatos e a súa función de lacaio, pero tamén lle lembraron os seus superiores que aínda lle queda moito por facer porque seica temos que seguir cavando mais fondo no mesmo furado para nos sexa mais difícil saír del. Tamén se lle vía satisfeito a Urkullu ensinándolle o camiño ao cazador de elefantes e osos borrachos -aínda con secuelas visibles das súas correrías africanas- pero por outra banda denotaba o lehendakari certa incomodidade pola falta de empatía que tiña ese acto e a súa política de recortes na sociedade vasca, polo que, aínda que non fora mais que de palabra e de cara a galería, quería diferenciarse facendo un discurso no que clamou contra os paraísos fiscais, contra a cuantificación de fluxos financeiros e monetarios que son cen veces superiores a capacidade de produción da economía real. Criticou tamén a tiranía dun mercado financeiro sen alma e sen controles que pon en risco o estado de benestar e rematou dicindo que os rescatados teñen agora a obriga de rescatarnos, pero foi clamar no deserto, porque os que mandaban alí na súa propia casa eran os ilustres invitados por Azkuna e estes non están pola labor senón xustamente polo contrario.
Nun acto de obscenidade e provocación pregoaron unha vez mais a austeridade para seguir rebaixando os soldos aos traballadores e esixíndolles mais produtividade, mentres a presidenta do FMI, Christine Lagarde, subiuse o seu un 11%, e cobra mais de 324.000 euros ao ano por producir miseria.
Nesa reunión celebraron o “éxito” das políticas que restrinxen os dereitos sociais e laborais que converten a clase traballadora en escrava do capital por medio de leis inxustas e adaptadas aos seus intereses económicos. Esa é a avesa intención destes xerifaltes que se reuniron alí para dicirnos que abandonemos toda esperanza dun cambio de rumbo na súa política e que digamos adeus a toda esperanza de futuro e liberdade, como xa rezaba fai moitos anos na entrada dos campos de concentración nazis.
Namentres eles celebraban a asemblea con champaña e confeites, os traballadores e as clases populares, vítimas desa política criminal, manifestábanse contra a súa presencia na capital de Bizkaia con unha marcha multitudinaria que saíu da praza do Teatro Arriaga e que despois de recorrer a Gran Vía pretendía chegar a praza de Euskadi, próxima o Guggenheim, pero a Ertzaintza cortoulle o paso a altura do Pazo da Música, zona na que, en outono de 1984, se deu a mítica Batalla de Euskalduna, que tamén é un símbolo da loita desigual entre os tirabás e a auga a presión dos obreiros do estaleiro que se atopaba nese lugar contra as balas de chumbo, botes de gas tóxico e pelotas de goma da Policía Nacional. A desculpa para cortala era que algúns dos rapaces, aos que se lles nega todo indicio de futuro non puideron conter a rabia, provocando algunhas roturas de cristais e dalgún mobiliario urbano ao longo do recorrido.
Pero a única linguaxe que entende esa banda é a loita obreira, que é a que temos que utilizar si queremos facelos entrar en razón e rematar coas políticas antisociais que nos impoñen violentamente, utilizando para elo as diferentes policías do Estado que teñen ao seu servizo, como puidemos ver o outro día en Santiago. Non cargan sobre os estafadores das preferentes senón contra os estafados, mallan aos mariñeiros por querer traballar e aos deputados e cargos electos que os apoian. Igual que no 3 de marzo en Vitoria, en Euskalduna no 84, ou na praia da Almadraba de Ceuta o pasado mes de febreiro.