Axudas para a loita contra os lumes forestais: outro ataque a liña de flotación do monte veciñal

O Partido Popular, non quere que o monte veciñal, xestionado polos seus lexítimos titulares, teña futuro
Dende o mesmo intre no que o Partido Popular, voltou ao goberno da Xunta de Galiza, a Organización Galega de comunidades de montes, prantexou publicamente, que a política do Partido Popular, ao respecto, dos montes veciñais en mao común, ia a centrarse en desfacer o moito avanzado durante o goberno do BNG, na Consellaría do Medio Rural, co obxectivo de sacarlle estas titularidades a veciñanza comuneira, para entregarllas ao capital.Ou se cadra, para entendernos mellor, o seu obxectivo central era (é) proceder a privatización dos montes veciñais en mao común.
Cando xa estamos no ecuador da lexislatura política, nada nos gostaría mais que fosemos tachados de agoreiros, xa que iso significaria, que o monte veciñal, non tivera sufrido ataques. Mais a realidade e outra. A realidade e que nunca, en tan curto espazo de tempo, se deron tantos pasos dirixidos a liña de flotación das terras comunitarias. Nen sequera en outras lexislaturas do Partido Popular. Se non o impedimos, teremos que soportar que o actual Presidente da Xunta de Galiza e o actual Conselleiro do Medio Rural, pasen a historia do Pais, como os liquidadores destas terras comunitarias, que como din os nosos veciños portugueses, son da veciñanza comuneira, dende que o mundo e mundo.
No primeiro ano do goberno do Partido Popular, agás dúas (a de fomento da silvicultura e a de defensa contra os lumes forestais), foron eliminadas o resto das axudas para os montes veciñais.
Sobor de todo, foron eliminadas as liñas de axudas para a plantación de frondosas autóctonas e para a valorización integral e promoción da multifuncionalidade do monte.Precisamente, dúas liñas de axudas fundamentais para o logro de un monte veciñal multifuncional e sustentable, e dicir, con futuro. Precisamente por isto, foron eliminadas. O Partido Popular, non quere que o monte veciñal, xestionado polos seus lexítimos titulares, teña futuro.
Neste segundo ano de goberno do Partido Popular, a única liña de axudas que queda para os montes veciñais en mao común e a de prevención e defensa contra os lumes forestais. Mais, totalmente cambiada. Cambiada negativamente tanto nos seus obxectivos, coma nos seus beneficiarios, agás de reducir o seu orzamento a menos da metade.
Negativas nos seus obxectivos, xa que este ano, non e subvencionable a roza en masas arbóreas, tanto que sexan adultas como novas repoboacións. Masas arboradas que precisan protección e valorización, mediante medidas silvícolas como son as de rachar a continuidade das masas arboradas e controlar o sotobosque. Como tampouco e subvencionable os traballos de silvicultura nos rexenerados que viñeron trala vagas de lumes de anos pasados. De este xeito, a masa arborada, tanto adulta como nova, queda exposta a un alto risco de lume.
A quén beneficia o contido desta liña de axudas?. Dende logo ós titulares dos montes veciñais, non. Se cadra, beneficia ao "loby" dos cuatreros, que non gandeiros, que teñen o seu gando nos montes veciñais sen identificar, sen autorización e sen manexo, producindo estragos nas plantacións e nas colleitas e producindo accidentes nas persoas. Se cadra beneficia ao "loby" de certas sociedades de caza, que aínda teñen a concepción franquista do monte veciñal (o monte veciñal non e de ningún).
Outra novidade negativa nesta liñas de axudas, e que, por primeira vez, elimina como subvencionable, a roza manual, obrigando a que todo sexa mecanizado. Independentemente do debate que se puidera abrir sobor a eficacia de un ou doutro xeito de rozar, dada as caracteristicas morfolóxicas dos montes veciñais, a realidade e que con este cambio na liña de axudas, as comunidades de montes, deixarán de xerar emprego. Unha xeración de emprego que, a diferenza da empresa privada, facíase dentro das coordenadas da economía social, e polo tanto, entendendo o dereito ao traballo como un dereito social. Isto, posibilitaba a contratación de colectivos desfavorecidos (mozos/as, muller, maiores de 45 anos ...)
Co cambio que dera a consellería do Medio Rural, dirixida políticamente polo BNG, a liña de axudas para a prevención e defensa contra os lumes forestais, as comunidades de montes, xeraban de media, 5 postos de traballo. Co cambio que deu a Partido Popular a esta liña de axuda, as comunidades de montes, como moito, xerarán un posto de traballo, e xérano en beneficio da empresa privada. Non fora o Sr Núñez Feijoo, na súa "entronización " como presidente da Xunta de Galiza, quen dixera que ia a rematar co desemprego en 45 días?.
Cos cambios que introduce o Partido Popular na liña de axudas para a prevención e defensa contra os lumes forestais, da unha volta de torca mais para impedir a posta en valor dos montes veciñais e xa que logo, coloca un marco mais na camiño de intentar a súa privatización. Todo elo claro, se non somos quén de impedilo, que si somos.