Atrapados
Aínda non apareceu o gurú que dea probas da insuperabilidade do sistema ou da capacidade de cambio
Estamos atrapados por un sistema mundial que destrúe persoas e países. Nesta crise mundial, diferentemente sentida segundo estados e clase social, aínda non apareceu o gurú que dea probas da insuperabilidade do sistema ou da capacidade de cambio. Os debates a prol dunha ou doutra opción son innumerábeis.
Agora ben, coñecemos o principio e o desenvolvemento deste sistema capitalista e das súas fases sucesivas. É aleccionador que dous significativos promotores da ideación deste sistema, Adam Smith e Milton Friedman, se sentisen alarmados ante os resultados. Eles confiaban en humanos honrados, fieis aos dez mandamentos e vían nos colonizadores ou nos déspotas de Chile-Pinochet, RU-Thacher, USA-Reagan a quebra das súas propostas. Milton suxeríu terapias e rompeu en pranto ante as maneiras criminais de enriquecerse. Non é todo isto unha indicación da imposibilidade real deste sistema? Un sistema incompatíbel coa praxe histórica da busca do ben por parte dos seres humanos.
A fase neoliberal actual é das máis danosas da historia da humanidade: o cinismo dos plutócratas supera ao dos maiores ditadores e dos emperadores arbitrarios. Contra estes os "tiranicidadores" foron exaltados como libertadores. É hora de tomar medidas.
Naomi Kein calificaou este atropello , de "shock"; a igual que os electroshocks que utilizaban na terapia cerebral en tempos aínda ben coñecidos, así é de violenta a acción dos poderes; dos económicos e dos políticos "atrapados" na rede deste sistema patolóxico.
Non coñezo diagnóstico máis directo contra un precapitalismo como o que fixo Xesús de Nazaré; costoulle a vida; deixou sucesores v.g Paulo de Tarso, Francisco de Asis, etc. Hai posibilidade, desde a ciencia, de responder con eficacia ao neoliberalismo para a súa erradicación?
Sorprendeume positivamente a entrevista que un delegado dos 15 m mantivo con Hugo Chávez. Este afirmaba que estaba a pasar un tempo de cura orgánica e mental. Unha "sanatio" física e unha espiritualidade recuperada. Relacionaba todo o seu drama co cristianismo e coa busca de saída humanista dos pobos indios e crioullos de América. É, logo, unha busca de cambio desde a ciencia-antropoloxía, bioquímica etc, e desde a espiritualidade da persoa.
Non acodía como Adam Smith ou Friedman a sombras humanizantes senón á historia, á ciencia, á espiritualidade , en concreto á cristiá. Non é H. Chávez esa ave de luz para os lectores da prensa de Occidente. Tampouco quero exaltar a Chávez, nin sequera aos atrevidos do 15/m.
Creo que é hora de pensar sen exclusivismos. Non hai paso do actual envurullo económico e cultural senón imos ás raíces humanas. Non hai saída desde formas económico-políticas actuais que non teñen sentido dunha determinación libre e responsábel. É preciso que cada determinanción se probe, se esixa responsabilidade. Só unha humanidade que acepte a liberdade responsábel e que cree un código de esixencia da responsabilidade, só desde este cambio de raíz, podemos saír deste "atropelo" xeral dos poderes actuais.
Só a ONU, en organización democrática igualitaria, sen vetos nin gangas históricas, pode ser o eixo dunha humanidade libre e responsábel. Só o abandono das relixións de todo tipo de "poder" pode facer críbel a súa aposta pola liberación. Só a cultura que respecta en igualdade a todas as culturas é digna de aceptación; a que somete a outras é despreciábel. Cantemos a balada dun amencer.