As TIC galegas precisan de vocacións e do talento feminino
En contraposición co imparable aumento da presenza feminina na Universidade, os estudos relacionados coas TIC presentan unha moi preocupante baixa paulatina de vocacións femininas
Segundo os últimos datos nas universidades galegas nos graos hai unha porcentaxe do 61,6 % de mulleres (58,5 % no Estado), nos máster un 58,3 % (53,8 % no Estado) e en canto as teses doutorais aprobadas temos un 53,4 % redactadas por mulleres (49,2 % no Estado). Porén a evolución en matriculadas/os en especialidades informáticas non fixo máis que minguar nos últimos anos chegándose en Galiza a un preocupante 13,6 % de mulleres no curso 2015-2016 (12,2 % no Estado). Quizais o estereotipo de informático/a que nos trasladan os medios escritos e audiovisuais axuda a provocar esta desproporción: home novo, illado, antisocial, individualista, freaky e pouco coidadoso co seu aseo persoal. O crecemento intelixente precisa do aproveitamento de talento e a capacidade innovadora das mulleres para o que hai que motivar a súa incorporación aos estudos e profesións relativos ás TIC.
Resulta ben curioso que cando o autor do artigo pasou pola Facultade de Informática, era pre-Internet, a proporción mulleres-homes viña sendo dun 40-60 %, das máis igualadas nas carreiras técnicas, habitualmente deficitarias en porcentaxes femininas. Dende aquela a cousa non fixo máis que empeorar até chegar ao 13,6% actual. Contrariamente, unha vez iniciada a era internet, nos seus inicios as mulleres supoñían un ridículo dez por cento de usuarios que contrasta cos datos actuais nos que na franxa de idade de 16 a 44 anos, as mulleres utilizan o ordenador nunha porcentaxe superior aos homes, inverténdose a tendencia en idades máis avanzadas. Ou sexa, as mulleres son grandes usuarias da informática pero iso non se traduce en profesionais da mesma.
Quizais inflúa negativamente o feito de que as mozas infravaloren as súas capacidades en tecnoloxía e matemáticas, malia ter obtido de xeito sistemático mellores resultados que os mozos. Na Universidade, do 13,6 % que inician a carreira en especialidade informática pasamos a un 20,5 % do total que a remata.
Un ámbito profesional con sobrepresenza dun xénero da como resultado eivas para a profesión, para a innovación, para o desenvolvemento económico e social e incluso para a empregabilidade. Está comprobado que os traballos que teñen garantida a paridade funcionan e evolucionan moito mellor.
Teñen as TIC na actualidade unha situación onde se requiren máis profesionais que persoas formadas saen da universidade. É unha tendencia xeral no mundo e que vai a ir a máis. Este é un punto forte en materia de emprego que pode axudar a incorporación feminina, aínda que a maior motivación ten que ser, obviamente a vocación. Non se pode perder todo ese talento nas tecnoloxías por culpa de ideas preconcebidas de xénero, xa que é innegable que existen estereotipos que afastan ás mozas deses estudos. Non son as empresas TIC precisamente onde se discrimine á muller á hora da contratación. Neste ámbito é fundamental dispoñer de profesionais con coñecemento, talento e capacidade de innovación por encima de todo e ninguén pode permitirse poñer na balanza retrógradas cuestións de xénero. Outra cousa sería o seu acceso a postos de dirección, asunto máis sometido a debate.
É preciso actuar en idades tempéranas introducindo no ensino a realidade da informática, das tecnoloxías, da programación, da robótica e da intelixencia artificial co obxectivo de lograr que as mozas comecen a ver todo o interesante e motivador que hai nestas materias, moi lonxe dos estereotipos que nos impoñen e nos fan crer por unha parte da industria cultural, escrita e audiovisual. Programar, xestionar recursos informáticos, desenvolver aplicacións e todo o relacionado é positivo, bonito, creativo e enriquecedor. Non axuda a baixa consideración social que teñen actualmente os informáticos, infravalorados e caricaturizados inxustamente cando precisamente estamos inmersos na era dixital que abrangue todos os sectores produtivos, sociais e de ocio actuais.
A falta de coñecemento das opcións dispoñíbeis nas TIC, a falta de modelos próximos e de proxectos divertidos e interesantes no ámbito escolar que teñan unha compoñente de xénero, son identificadas como as principais causas da fenda dixital feminina no sector TIC, no que actualidade en Galiza, hai dous galegos por cada galega traballadora.
O sector contidos é o que rexistra unha maior paridade entre mulleres e homes (41,3 % de mulleres), seguíndolle o hipersector TIC (electrónica de consumo, compoñentes electrónicos, electrónica profesional, industrias de telecomunicacións, tecnoloxías da información, contidos dixitais e outras actividades TIC) cun 34,9 %. O maior problema está no sector TIC (manufactureiras, telecomunicacións, actividades informáticas, comerciais TIC e outros servizos) cun 32,9 % de mulleres.
Nos traballadores actuais do sector TIC en materia de formación o 29,2 % son homes que contan con formación TIC de grao medio ou superior fronte ao 8,5 % de mulleres. En canto ao persoal o 61,5 % das empresas do sector contan con mulleres no seu persoal, máis soamente un 11,2 % de esa porcentaxe corresponde a empresas con máis da metade de traballadoras.
A cousa vólvese aínda máis preocupante nos roles desenvoltos polos dous xéneros. Só o 13 % das mulleres que traballan no sector desenvolven funcións TIC fronte ao 49,3 % dos homes. Peores son os dados de mulleres en postos directivos que representan soamente o 18,6 %.
En canto a propostas cara a acadar a eliminación desta fenda dixital profesional de xénero hai identificadas algunhas: impulso das oportunidades para as mulleres dentro do sector TIC e apoio ás empresas que propicien a redución da fenda de xénero, accións que transformen a visión das carreiras tecnolóxicas, e as fagan máis atractivas para o xénero feminino e recoñecemento das iniciativas femininas no ámbito TIC galego. De todos os xeitos este é un debate aberto no que hai que seguir a traballar na identificación das causas do problema e na análise das solucións. Todos os actores teñen que implicarse e traballar arreo neste asunto que afecta ao sector que máis influenza ten e vai a ter na sociedade actual, tanto no eido social como laboral.
Por último rematar recoñecendo o traballo e a preocupación dos colexios profesionais galegos de enxeñería informática (CPEIG e CPETIG) pola solución e eliminación desta fenda e instar á Amtega (Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galiza) para que siga traballando nesa mesma liña. Non é mala cousa que a dirección da Amtega a ostente unha muller así como que as direccións das dúas areas máis representativas (modernización e sociedade dixital) correspondan a outras dous mulleres.
-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo: As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.