As Sociedades de Fomento Forestal: a antesala para a privatización dos montes veciñais
A Consellaría do Medio Rural vén de anunciar a próxima promulgación dun decreto polo que se van crear as chamadas Sociedades de Fomento Forestal (Sofor)
A actual Consellaría do Medio Rural, ven de anunciar a próxima
promulgación de un decreto, polo que se van crear as chamadas Socie-
dades de Fomento Forestal (Sofor). Estas sociedades, non van a ser,
senón, entidades mercantís de responsabilidade limitada (e decir, SLs),
conformadas por socios capitalistas e titulares de montes para levar a-
diante a xestión dos montes.
O que se pretende coa promulgación do decreto e introducir ca-
pital e formulas de xestión capitalista nos aproveitamentos do monte, (e
dicer, a usurpación de xestión dos montes ós seus titulares) e camiñar
cara a un monte somentes produtivista (onde so teñan cabida, plantacións
de especies de crecimento rápido e cultivos enerxéticos). Dende esta óp-
tica capitalista, as funcións sociais e medioambientais, que deben cumprir
todos montes, desaparecerán, ou no mellor dos casos, existirán de xeito
marxinal. Entre outras cousas, porque estas funcións, non producen rende-
mentos económicos para repartir entre os accionistas.
De unha primeira lectura do borrador do decreto polo que se van
a crear as sociedades de fomento forestal (as sofor), puidera parecer que
só vai destinado os montes de titularidade particular. Mais, non é exacta-
mente así. Unha lectura detida de exposición de motivos e do articulado
do borrador do citado decreto,amosa que agacha outra intención. A inten-
ción de proceder a privatización dos montes veciñais e a de usurparlle a
xestión dos mesmos os veciños-veciñas comuneiros/as, para entregarlla
as empresas madeireiras e forestais. O borrador do decreto polo que se
van a crear as sociedades de fomento forestal (as sofor), e xa que logo, a
primeira fase de esta estratexia que comparten o Partido Popular, a indus-
tria madeireira e algunhas asociacións relacionadas co monte, encabeza-
das pola Asociación Forestal de Galicia. A segunda fase de esta estratexia,
se non somos quen de impedila, virá dada, cando na nova lei de montes
veciñais en mao común, pretendan dotar as comunidades de montes de
personalidade xurídica.
A historia, sempre e fonte de ensinanzas. Curiosamente, o que pre-
tenden facer coas sociedades de fomento forestal (sofor), e por en lei, nes-
te caso en decreto, as conclusións de un chamado Congreso de Montes
Veciñais, celebrado no concello de Ponteareas no ano 1995As conclusións
de ese congreso foran: 1ª- O monte veciñal está descapitalizado, e o seu
futuro pasa pola entrada de capital no mesmo. 2º- O funcionamento asem-
bleario e democrático das comunidades de montes é arcaico e lento ,
compre ir a formulas de xestión de tipo mercantilista. Curiosamente, aquel
congreso, fora organizado conxuntamente pola Dirección Xeral de Montes
e pola Asociación Forestal de Galicia e contaba como patrocinadores,
entre outros, con Finsa e con Ence.
Porque afirmamos que o decreto polo que se crearán as socieda-
des de fomento forestal (as sofor), pretende a privatización dos montes
veciñais en mao común?. Porque así se di na exposición de motivos can-
do afirman que un dos problemas para acadar unha explotación económi-
camente rendible do monte, e a súa estrutura da propiedade, excesiva-
mente fragmentada; o que determina a incapacidade de lograr explota-
cións de tamaño suficiente para ser economicamente rendibles. Cal e o
monte que ten un tamaño suficiente?. Non cabe dubida que son os montes
veciñais en mao común. Porque así o deixan abertamente no articulado
do decreto cando din que poderán ser socios das sociedades de fomen-
to forestal, calquer persoa física ou xurídica. Para que poidan entrar os
montes veciñais en mao común, so teñen que dotar as comunidades de
montes de personalidade xurídica.
Porque afirmamos que o decreto polo que se crean as socieda-
des de fomento forestal (as sofor), pretenden a usurpación da xestión
dos montes os veciños e veciñas comuneiros para entregarllo as em-
presas madeireiras e forestais ?. Porque así se afirma no articulado
do borrador do decreto. Alí, dise que o funcionamento de estas socie-
dades non vai ser democrático (unha persoa, un voto)... O número de vo-
tos que terá cada socio, dependerá das participacións que teña na so-
ciedade.Tamén se di que o órgano de xestión de estas sociedades se-
rán os consellos de administración, que poderán estar formados por
persoas que non sexan socios da Sociedade. E por se a usurpación non
quedara clara, tamén se di, que as sociedades poderán nomear un Ad-
ministrador único. Mais se o nomean, este cargo ten que ser ostentado
obrigatoriamente por unha empresa de servizos forestais.
Ante esta pretensión de privatizar os montes veciñais en mao co-
mún, que na practica significa a eliminación de esta figura, os veciños
e veciñas comuneiros/as en particular e toda a sociedade galega en
xeral, temos que, entre outras cousas, berrar o que deixou escrito o
o autor portugués Aquilino Ribeiro no seu libro Quando os lobos uivam
"Os montes veciñais en mao común son dos veciños e veciñas comunei-
ros dende que o mundo existe, herdada de pais para fillos. Quen nolo
veña a sacar, connosco se vai a atopar ".