As infraestruturas dos camiños de ferro, símbolo do desprezo a Galiza
Hoxe, a Galiza segue a ser desposuída e marxinada de infraestruturas vitais para o seu despexe económico e social
Como palabras de ilustración deste artigo, e ben axeitadas a nosa realidade actual, recuperamos este texto da intervención de Castelao no Congreso dos Deputados, no 25 de maio do 1933
"La situación de Galicia, en cuanto a comunicaciones, pudiera estar justificada por la pobreza del Estado si otras regiones, siempre privilegiadas, no dispusieran de excelentes servicios ferroviarios. También la pobreza de Galicia pudiera disculpar, en cierto modo, el abandono en que la tiene el Estado, si éste, por otra parte, no la obligase a tributar como rica. Nosotros nos damos cuenta de la crítica situación de la Hacienda española en estos momentos; pero ¡qué le vamos a hacer! Llegó el instante de pediros un sacrificio para quien se ha sacrificado siempre; Galicia necesita ese ferrocarril para el desarrollo de su riqueza.." "... nuestra riqueza minera y forestal, nuestra ganadería y nuestra pesca están fuertamente vinculadas a esta obra..."
Hoxe, a Galiza segue a ser desposuída e marxinada de infraestruturas vitais para o seu despexe económico e social. A cuestión da infraestrutura ferroviaria é ben exemplificadora do trato que se nos dá, da propaganda e tomadura de pelo que sufrimos desde o ano 1933, en que Castelao reclama o ferrocarril, que chegaría no 1957. Para trasladarnos ao ano 1995, en que grazas a unha presión social, política é institucional, o Parlamento Galego aproba, por iniciativa do nacionalismo e por unanimidade un Plan Ferroviario para Galiza. No 2000 o BNG, presenta unha iniciativa parlamentaria no Congreso de Deputados, en base ao aprobado no Parlamento Galego onde se solicita, entre outras cousas, que a velocidade mínima, media, na rede interna sexa para o 2007 de 150 k/h, que se estabeleza as conexión de alta velocidade co estado para comunicar Galiza coa península e Europa e, onde se considera prioritario a modernización do tren de Galiza Portugal-Vigo-Porto, asi como a rede interna. Proposta que foi rexeitada polo PP, que gobernaba no estado, e que sen embargo tiña apoiado e votado no Parlamento Galego. Seguiran coa mesma propaganda e actitude? Polas palabras que se desprenden de certos portavoces, así parece ser. Danlle a trenla, sen ton nen son.
Manifestaba o deputado do PP, o señor Delgado Arce, no ano 2000, no parlamento do estado, "que desde su ciudad Ourense, se llegaría Madrid en 2,45 horas" (acta do Congreso, 20 de setembro do 2000). E que antes de rematar o 2000 teremos o convenio entre o Goberno e A Xunta para aclarar os prazos de execución dos proxectos e obras do tren de alta velocidade. O cumprimento do noso plan permitira acadar no 2007 a velocidade de 160-180 k/h no interior de Galiza.
Proxecto, propostas, simples propaganda, que como agora se dilatan no tempo e causan un prexuízo tremendo a nosa economía, o nivel de renda de todos nós. Facéndose aínda mais penoso nun tempo de crise e nun tempo, en que desde todas as administración europeas se insiste na importancia da comercialización e exportación dos nosos produtos mais aló do noso entorno.
Outra falacia, é denominar alta velocidade a un tren que une A Coruña-Ourense, que non vai circular por riba dos 220 k/h. e que na actualidade esta a circular, a unha media entre 120 130 k/h. Cando o que une Madrid con Sevilla circula a 300 k/h.
E como cumio dos despropósitos e propaganda enganosas temos o protocolo asinado entre o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia o 21 de xullo de 2009, coñecido como "Pacto do Obradoiro". Onde se afirma que no ano 2012 os tempos de viaxe entre Ourense-A Coruña serán de unha hora e que a finais de 2011 entrará en servizo a primeira liña de alta velocidade en Galiza, entre Ourense-Santiago, con dobre vía electrificada e ancho internacional. No 2012 se porá en marcha a totalidade do Eixe Atlántico de alta velocidade entre A Coruña-Vigo incluíndo a electrificación da vía en ancho internacional. E a finais de 2015 porase en servizo o resto do traxecto desde Madrid-Poboa de Sanabria-Ourense, coa alta velocidade nas liñas Ourense-Lugo e Ourense-Vigo por Cerdedo. Agora, falase dunha retraso de 5 anos que será de 10 ou mais, mentres o país agoniza e nos distanciamos, cada dia máis, daquelas converxencia de Galiza, tan de moda nos partidos estatais, cos territorios mais avanzados da Europa. Falase dun novo incumprimento de prazos, que non podemos permitir nin xustificar en base a ningún argumento, menos o da crise. Xa que é vital para nós, e para paliar a sangría de desfeita que se ten agudizado nos últimos anos. É vital para a mobilidade das persoas e das mercadorías. Os galegos debemos demandar o cumprimento dos prazos.