As galegas e galegos volven emigrar
No ano 2011 Galiza volveu deixar marchar fora mais persoas das que entraron nela
Despois de varios anos nos que o balance migratorio foi positivo para o país ou, cando menos, estabilizado, no ano 2011 Galiza volveu deixar marchar fora mais persoas das que entraron nela. Non só os inmigrantes que viñeran á nosa terra buscando novos medios de vida e de traballo deciden marchar ao non atopalos, tamén @s galeg@s retoman a vella tradición e marchan. En 9 meses de 2011 marcharon fora máis galegos que todos os que se tiñan ido no ano anterior completo.
Entre o 2009 e o 2011 Galiza perdeu dez mil habitantes. Loxicamente, esta perda non se debe totalmente á emigración, pero si é un indicativo da situación poboacional na que se atopa o país. Das persoas que saíron do país neste tempo, os homes de 30 a 40 anos son o grupo etario mais afectado por esta marcha, aínda que con non moita diferenza coas mulleres, e, de novo, temos un indicativo da situación do país: no momento persoal de mais capacidade e produtividade @s galeg@s topámonos coa imposibilidade de ofrecermos as habilidades profesionais e laborais ao noso país e vémonos na obriga de marchar se queremos conseguir un futuro para nos e os nosos fill@s.
Na Galiza non é tan rápida como en outros lugares do Estado a saída dos inmigrantes que asentaron nesta terra nas últimas décadas, pero si é continua; e a esa marcha xúntase a saída dos nacionais que retoman o camiño dos antepasados e mudan a patria por un lugar no que atopar medios de vida. Deste xeito, nos últimos tempos a caída demográfica é continuada. Galiza ten menos peso demográfico, menos forza de traballo e así pode volver á actualidade o que cantaban Fuxan os Ventos Este vaise e aquel vaise....
O problema é que os lugares de promisión, os países das oportunidades a manchea, xa non existen. A incapacidade histórica da Galiza para reter aos galegos e galegas na terra (non é este o lugar para entrarmos nas causas) vese agora complicada pola incapacidade dos tradicionais países de acollida para ofrecer as posibilidades dos anos das grandes migracións.
No ano 2009 produciuse un retorno importante de emigrados, ao parecer o reclamo do ano Xacobeo favoreceu que moitas persoas emprendedoras instalasen seus negocios ante a previsión de masivas peregrinaxes. Abriron instalacións hoteleiras, tendas, comercios e pequenos negocios que agora vemos pechar. Non haberá outro xacobeo até o 2021 e as campañas promocionais non ían mais aló.
A sempiterna crise que nos acompaña dende hai uns anos (mais de 150 millóns de resultados en google para a palabra en galego, e mais de 2.000 millóns en inglés) afecta, e como, tanto ás persoas que se ven privadas do seu posto de traballo na terra e teñen que emigrar, como ás empresas dos países de acollida, que non posúen xa a oferta infinita de antes e que, ao ter de onde elixir, contratan a man de obra mais barata que se lles ofrece. Nos últimos tempos correron as noticias sobre a necesidade de enxeñeiros/as en Alemaña, pero o mundo é grande e agora viaxar é mais doado,así que non é estraño ver galegos/as que marchan a Dubai, a China ou a calquera outro destino impensábel hai 30 anos como lugar para traballar pero que hoxe son mercados de futuro.
A falla dun grande empresariado con raíces no pais, a falta de previsión dos gobernos, a visión pacata do negocio, o pan para hoxe, o derroche financeiro, a ambición empresarial pura e simple, o desinterese político por Galiza, son parte das causas que nos levan á consecuencia de ter que deixar o pais para buscar as lentellas noutro.
Un goberno centrado nas necesidades do pais paliaría moitos dos problemas que hoxe temos. Un goberno galego que apoiase a innovación e a investigación en áreas de interese, que se centrase nos intereses de Galiza e non nos de Madrid, que pensase nos galeg@s antes que nos españois tería dado moitos pasos para evitar a perda de poboación.
Pero aos nacionalistas se lles chama egoístas cando apoian o interese de Galiza, mentres que, as mesmas voces, claman polo interese de España en Europa. Ao parecer as varas de medir non son as mesmas. Unha solución integral, pensada desde Galiza e para Galiza é unha canallada egoísta dos nacionalistas. Pedir que se prioricen en Europa os intereses de España é patriotismo. Éche o que hai!!.