As directrices de ordenación do território: compre separar o gráo da palla
O Partido Popular, ten a arte (a mala arte) de propor cara a opinión pública unha cousa, e na prática, facer outra cousa distinta
O Partido Popular, a dereita en xeral, ten a arte (a mala arte)
de propor cara a opinión pública unha cousa, e na practica, facer outra
cousa distinta, cando non a contraria. E para facilitar esta táctica da con-
fusión, conta coa inmensa maioría dos medios de comunicación social,
que en vez de informar, distorsionan a realidade para servir fielmente ao
seu amo, aínda que so sexa por aquilo de "polo pán baila o can".
Ante calquera proposta lexislativa do Partido Popular, compre
facer un exercicio de reflexión, para separar o grao da palla que trae a pro-
posta. O documento denominado Directrices de Ordenación do Territorio,
que ten que ser un documento fundamental para camiñar cara o Pais que
precisa a maioría social do pobo galego, e un bo exemplo de esta tácti-
ca de confusión.
Antes de comezar a analizar o documento das Directrices
de Ordenación do territorio, compre decir que non e, exactamente un borra-
dor en período de achegas. E case un documento oficial, xa que está apro-
bado polo Consello da Xunta de Galiza. Mais, deixando de lado esta pri-
meira confusión, fagamos unha análise comparativa entre o que di o docu-
mento das Directrices de Ordenación do Territorio ao respecto do monte ve-
ciñal en mao común e a practica política do P.P, respecto aos mesmos.
As Directrices de Ordenación do Territorio din: "Compre poten-
ciar o aproveitamento forestal do monte galego cara a unha reorientación
das especies que deben ser cultivadas .Debese priorizar as plantacións de
frondosas caducifólicas por ser da maior potencial produtivo e de un maior
rendemento económico xa que teñen mais capacidade de xerar valor engadi-
do que as coníferas e os eucaliptos "Quen non esta de acordo con este pran-
texamento?. Mais cal é a practica política do Partido Popular o respecto?.
Pois e todo o contrario. O Partido Popular, eliminou a liña de subvencións
para plantación de frondosas autóctonas, sacada pola consellería de Medio
Rural dirixida politicamente polo BNG. E mais, falarlle ao actual Director Xe-
ral de Montes de frondosas e como nomearlle a bicha.
As Directrices de Ordenación do territorio din "E preciso fomen-
tar un modelo de xestión forestal sustentable e de calidade que opte polo de-
senvolvemento do monte galego, entendendo este desenvolvemento como
estratéxico ". Quen pode non estar de acordo con esta idea?. Mais, cal é a
practica política do Partido Popular o respecto?. Pois é, nen mais, nen me-
nos que facer todo o contrario. O Partido Popular, eliminou a liña de axudas,
sacada tamén pola consellería do Medio Rural, dirixida politicamente polo
BNG, denominada Valorización integral e aposta pola multifuncionalidade
do monte. Porque o actual Director Xeral de Montes, eliminou esta liña de a-
xuda?. Porque esta liña de axuda facilitaba o logro de un monte veciñal mul-
tifuncional e sustentable, e decir, con futuro. E xa que logo, impedía levar
adiante o obxectivo que ten o Partido Popular para os montes veciñais en mao
común, que non e outro que a súa privatización.
As Directrices de Ordenación do Territorio din "Debese fomentar
modelos de xestión forestal que supere o grao de fragmentación existente,
priorizandoas nos programas de fomento forestal ". Quen pode non estar de a-
cordo con esta proposta?. Mais que fai o Partido Popular o respecto?. Pois
fai todo o contrario. Creou as sofor (entrada do capital nos montes), e dero-
gou as uxfor (explotación en común de titularidades particulares), e eliminou
case todas as axudas para os montes veciñais en mao común (titularidade non
fragmentada).
Son somentes tres exemplos, poderían ser moitos mais, de
como entre o dito e o feito, vai un bo treito. E ademais, como se pode dar cre-
to a unhas Directrices de Ordenación do Territorio, que ignora aos montes ve-
ciñais en mao común (nun documento de mais de 500 páxinas, so se nomea
unha vez o monte veciñal), cando este ocupa 1/4 do territorio galego. Como
se pode dar creto a un documento que non ten en conta a opinión dos axentes
sociais (os montes veciñais en mao común, están xestionados democraticá-
mente por uns 250.000 veciños e veciñas comuneiros). Como se pode dar cre-
to a un documento que non contempla un Plano de Ordenación do Medio Rural,
que non contempla un Plano de usos das terras e que non conta con un Plano
de Valorización dos montes veciñais en mao común.
O documento Directrices de Ordenación do Territorio, proposto
polo Partido Popular, é un tremendo paso atrás para acadar un desenvolvemen-
to harmónico do noso Pais. Significa que non se logre un medio rural (e dentro
del, os montes veciñais en mao común) vivo; e decir, multifuncional e sustenta-
ble. E un documento que vai a hipotecar o futuro do noso Pais para sempre. Para sempre, se a sociedade galega non somos quén de parar esta desfeita
agora, ou se no próximo proceso electoral, non somos quén de situar os ine-
migos de Galiza, onde lle corresponde, na oposición parlamentar.