Armagedón 2014
Ejpaña sempre está á cabeza... como as cobras na cabeza da Górgona: é o segundo estado con máis pobreza infantil da UE
Como as cobras na cabeza da Górgona: é o segundo estado con máis pobreza infantil da UE detrás da Romenia; o segundo estado con máis desemprego da UE detrás da Grecia; ostenta unha das maiores taxas de corrupción da UE segundo a Comisión Europea... E esta nosa pobre Galiza que nunca se debe chamar española fica atrapada nas súas garras como unha mosca nunha tea de araña agardando ser devorada.
Xa no albor do novo milenio, sob o estandarte del Mío Ziz disfarzado de gaivota, o Leviatán negro do piche ceibouse nas nosas costas, sementando miseria e destrución, provocando, ao seu paso, o terceiro ‘accidente’ máis custoso do mundo e a maior catástrofe ecolóxica da Galiza e do Estado.
E agora, máis unha vez, o PPehemoth espalla caos e pánico ao lanzar os seus catro cabaleiros do Apocalipse á carga, con Ana Matanza á frente, armados de ignorancia, incompetencia, torpeza e soberbia, cabalgando polo país adiante sementando medo, miseria e morte. E, desta vez, Ejpaña xa non é a terceira, nen a segunda da lista, mais a primeirísima: a primeira en introducir o virus do ébola na Europa ao repatriar dous moribundos misioneiros contaminados.
Porén, apesar das proporcións bíblicas da supina estulticia e noxenta corrupción que emanan da Prostituta de Madrilonia, non se trata, nen moito menos, dunha praga bíblica, mais dunha lacra de orixe puramente humana. Así, non serve de nada proferir alaridos de “Deus nos libre de Ejpaña!” cando somos nós mesm@s, o pobo galego, quen temos na nosa man erguérmonos e tombarmos o Golías español que nos asoballa para así reinarmos sobre nós mesm@s como o proprio David.
Ora, para alén da criminal ineptitude do goberno español na súa ‘xestión’ da crise que –como vén sendo habitual– eles mesm@s provocaron, tamén existen outros aspectos de alcance político e social que merecen ser comentados.
Por un lado está o fenómeno da psicose. Convén lembrar que, aínda que este ‘hilito’ ten unha taxa de letalidade asustadoramente alta, non se acha entre as doenzas máis contaxiosas (véxase tamén aquí). De facto, o virus do ébola é menos contaxioso do que algunhas doenzas como o sarampo, que está a rebrotar nos países industrializados occidentais (para non dicer ‘desenvolvidos’) debido á irresponsabilidade anticientífica do movemento antivacinas. Por exemplo, apesar de que entre 1855 e 2005 se estima en 200 millóns de persoas o número de mortos no mundo por causa do sarampo, non parece preocupar a sanidade pública que en 2013 esta doenza mortífera que se cría erradicada causase máis de 1.400 casos sospeitos no País de Gales, con 88 hospitalizacións e até 1 morto... Habería que perguntarse a quen interesa promover tanta histeria ao redor do virus do ébola en particular e por que.
Pésame o suplicio persoal da auxiliar de enfermaría galega María Teresa Romero Ramos, vítima kafkiana primeiro da extraordinaria chafallada e logo dos proprios responsábeis do problema, que a culparon da súa gravísima situación. Mais, para alén da traxedia persoal, está tamén a crúa realidade social do que tamén pasa –e leva pasando desde hai anos– aí fóra na África. Á data do 10 de outubro de 2014, segundo a OMS, houbo un total de 8.376 casos supeitos e 4.024 mortes na África, ao que hai que somar os 1.716 casos rexistrados desde o primeiro surto.
Cando os responsábeis das noticias televisivas non se avergoñan en mostrar un mapa que recolle apenas ‘os casos de fóra da África’, cabe preguntarse se non é que hai quen pensa que unha vida europea vale o mesmo que 10.000 vidas africanas. Oxalá que o virus ficase na África, así non nos habíamos de preocupar: cousa del@s. Será por esta razón que non existe nen vacina nen tratamento para o virus do ébola, descuberto hai xa case 40 anos cando tivo lugar o primeiro surto epidémico no Sudán en 1976.
A ameaza vén de fóra, sempre de fóra. Con este novo flaxelo estamos a reviver outra variante da mesma psicose social que percorreu Europa hai varios anos co ‘perigo amarelo’ da gripe asiática (virus da influenza A subtipo H7N9) ou a gripe aviaria (influenza A subtipo H5N1), a escusa perfeita para algúns se lucraren, de paso, grazas á cumpra e acumulación exorbitada de antivirais por parte dos servizos sanitarios públicos europeos.
Aínda ben, pois, que fechamos as fronteiras con arame farpado para cortar o paso ás ‘avalanchas’ de inmigrantes que nos invaden e asaltan, traendo a morte. No entanto, permitide que dubide que unha vintena de persoas constitúa unha avalancha, por moi negras que foren, e permitide tamén que dubide que a decisión ruín (RD 16/2012 e RD 1192/2012) de excluír @s inmigrantes en situación irregular do sistema de saúde vaia servir para evitar o avanzo de calquer doenza contaxiosa que puideren padecer.
Escribindo hoxe, no Día de la Raza, tamén me vén á mente que de todo isto algo saben os imperios europeos, e entre eles Ejpaña, outra vez pioneira cando levou ao ‘Novo’ Mundo –non tan novo para aqueles povos que xa o habitaban– a morte non só baixo o signo da cruz, mais tamén a través da varíola que decimou povoacións enteiras, encanto Cristovo Colón e os seus se encarregaron de traer a sífilis para Europa.
Acouguemos! Fai falta cordura, moita cordura. Non son tempos de Armagedón, son tempos de revolución. Non abonda só con voltarmos a protestar ao grito de “Incompetencia!”, hai que reaxir e tomar as redeas do noso futuro e do noso presente. Hai que limpar o noso país non con fogo e xofre divino, mais co poder do povo, non só para sacar este goberno do goberno de Ejpaña, mais para varrer dunha vez para todas a peste española da Galiza e podermos respirar o ar fresco da maraxe e do monte no canto do cheiro dos eucaliptos do colonialismo.