AGADER: suma e segue

É importante informar da desfeita do LEADER que están a facer dende as institución

Perplexa quedo can vou a algún foro sobre desenvolvemento rural. Na maioría destes encontros soen asistir cargos ou técnicos das dúas administracións con competencias sobre o asunto, a española e a máis española. Chámolle deste xeito porque, nin unha nin a outra, traballan para intentar resolver os problemas do desenvolvemento rural na Galiza máis alá da cuestión do título nos encontros en xeral moi creativos e con moi pouca relación co contido.

A xestión proposta baseábase en tratar en impulsar os Grupos de Desenvolvemento Rural e convertelos en instrumentos verdadeiros que artellasen a base social do territorio. Non debemos esquecer que estes grupos debían ser os que definisen as liñas estratéxicas de actuación e de execución dos fondos posto que, en teoría, integrarían todos os sectores e ían ser os verdadeiros protagonistas do desenvolvemento.

Era unha aposta na que por primeira vez se configuraba un marco legal para diminuír a influenza dos concellos na xestión dos fondos e ao tempo, apostábase por unha xunta directiva con autonomía e capacidade.

AGADER:

A "nosa" administración que quere mellorar a desfeita que os nacionalistas fixemos (e emprego o plural porque eu síntome, como militante e como técnica, moi satisfeita do papel que a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural  desempeñou tanto a nivel técnico como a nivel político nesta cuestión, poñendo na axenda do bloque estas cuestións)

E que fixeron os do PP? NADA. Seguimos despois de case dous anos de traballo sen manual de procedemento e sen programa informático. Iso como comprenderedes, dificulta moito a xestión ordinaria.

Pero máis, seguimos sen saber nada da anualidade 2009 que non se nos incorpora ao orzamento, por causas descoñecidas, a pesar de ter un convenio asinado que semella non ter ningunha validez para eles.

En canto ao orzamento do 2008, outro misterio. A algúns grupos incorporáselle e a outros non. Criterio ? Ningún. Porén, se hai criterio á hora de axilizar determinados expedientes de axuda que hai que mover.

En conclusión nesta Dirección Xeral, non hai xestión pero si hai vontade política por paralizar o desenvolvemento rural na Galiza.

MINISTERIO DE MEDIO RURAL ESPAÑOL:

O Ministerio vén de publicar o Decreto 752/2010, de 4 de xuño, polo que se aproba o primeiro programa de desenvolvemento sostíbel para o período 2010 -2014 para a aplicación da Lei 45/22007 de 13 de decembro para o desenvolvemento sostíbel do medio rural.

Para facilitar os trámites decidiu pasar da estrutura dos GDR´s para crear novos grupos de concellos ordeados en función á prioridade de actuación. Grazas á brillante negociación da Xunta e do Ministerio a maior parte do territorio está en zonas de prioridade 3 e sen prioridade mentres que noutras partes do Estado a maior parte do territorio está en prioridade 1.

Os técnicos do ministerio falan de participación para a realización dos plans de zona (programa no que se incluirían as actuacións a desenvolver) Pero se afondamos no que para eles significa participación atoparíamos que significa convocar por carta a algunha reunión, e claro, se a xente non vai, é apatía. Se hai moita xente é  ineficaz.

En fin o que pretendía é facer unha descrición a través de cuestións que se ben poden resultar anecdóticas é retratar a realidade da xestión duns e doutros.

Ante esta situación é importante informar da desfeita do LEADER que están a facer dende as institución. Aínda que algún día tocará falar tamén da asociación galega de GDR´s, do señor Santiso Miramontes que está preocupadísimo por non politizala, non vaia a ser que el non poda largar o seu speech pro PP.