Ábrese o debate sobre a xestión do lixo en Galiza
A compostaxe e o desenvolvemento rural deberían centrar a atención das novas actuacións
NOVO PLAN DE RESIDUOS URBANOS TRAS 6 ANOS DE BORRADORES FRUSTRADOS
A nova proposta da Xunta formúlase para o horizonte 2010-2020. Compre indicar que o plano vixente segue a ser o de 1998-2004, que a administración non conseguiu aínda renovar. En 2004 coñeceuse un borrador de plan que non se aprobou e que foi aparcado definitivamente tras o cambio de goberno de 2005. O bipartito comezou a elaboración dun novo proxecto xa en 2006, para despois deixalo amolecer ate finais de 2008, quizais por que consideraban prioritaria a construción de instalacións (lémbrese a polémica arredor do complexo ambiental para Carballeda de Avia, ou "planta sur", por contraposición coa "norteña" SOGAMA) antes que a xestión, a prevención, a educación ambiental ou a recollida selectiva. O borrador de 2008 (coñecido como PXRUG 2007-2017) sería de novo aparcado definitivamente polo novo cambio de goberno de 2009.
A actuación de 4 anos do bipartito nesta materia saldouse así cunha situación continuista, mentres a xeración de residuos seguía medrando a as plantas existentes se foron saturando. Mais nese tempo gañouse información sobre os diferentes modelos de xestión: os case nulos resultados do modelo SOGAMA, en que menos do 2% dos residuos que entran conseguen ser reciclados, fronte aos excelentes resultados de Barbanza (cun 60-70% de aproveitamento) e a situación intermedia da macroplanta de Nostián; ou o escurantismo tanto de Nostián como de SOGAMA, traducido en polémicas diversas e prácticas pouco legais (vertidos na Areosa...) e a desconfianza xeneralizada da poboación coruñesa sobre o que se fai en Nostián; ou o inviábel modelo do contedor amarelo para a recollida dos envases lixeiros, polos seus elevados custes e baixa eficiencia.
A XESTIÓN DO BIPARTITO
Con todo, a xestión do bipartito incluíu algúns puntos de grande interese, para comezar, a importancia do acordo entre os dous partidos (por iniciativa nacionalista) para por fin á incineración como método de tratamento do lixo, que na práctica foi unha garantía para que no frustrado plan 2007-2017 non se incluíra a previsión de novas incineradoras na Galiza. O mesmo PXRUG 2007-2017 ten unha importancia significativa, pois constituíu un salto cualitativo ao considerar a compostaxe e a reciclaxe, xunto coa importancia da xestión, como os elementos básicos da nova política. A descentralización das infraestruturas, aínda que non avanzada, e a cormarcalización dos ámbitos de xestión era outro dos aspectos positivos dese proxecto. Estes elementos estaban ausentes da proposta de 2004, e en boa medida volven a perderse na nova proposta 2010-2020.
Tamén en 2006, a Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA) anunciou un cambio de obxectivos a favor da compostaxe e a reciclaxe, explícito naquel lema de "convertermos SOGAMA na sociedade galega do medio ambiente" admitindo que ate o momento as súas actuación pouco tiveran que ver con intereses e obxectivos ambientais. A raíz destes cambios, SOGAMA implicouse nalgúns programas de compostaxe doméstica (mesmo con ADEGA, coa Deputación da Coruña e con diversos concellos) e no apoio a outras iniciativas locais de mellora da xestión. Resultado disto é unha das poucas experiencias de mellora que se iniciou e consolidou durante estes últimos anos no ámbito galego, a do pequeno concello rural de Piñor de Cea, que xulgamos un exemplo de grande interese para a maior parte do país.
A PRIORIDADE DA COMPOSTAXE SEGUE VIXENTE
Polo pouco que se coñece de momento do novo plan da Xunta, a compostaxe terá un pequeno lugar (obxectivo do 25% dos residuos orgánicos compostábeis), o que sen dúbida é un avance sobre os anteriores posicionamentos do PP como partido no goberno da Xunta. Mais non faremos aquí unha valoración deste novo proxecto, o que sería prematuro. Limitarémonos a unha breve crónica da peripecia da compostaxe nas últimas dúas décadas.
Ao comezo dos anos noventa instalouse a primeira planta de compostaxe na comarca de Ferrol, que a penas conseguiu funcionar durante pouco máis dun ano. Problemas loxísticos derivados da non consideración inicial da recollida selectiva xunto aos intereses do proxecto da Xunta en 1992, de incineración do 100% dos residuos, fixeron naufragar esta primeira aposta. Porén, o proxecto incinerador non conseguiu arrancar ate finais desa década (e cunha redución do 50% tras a loita social contra a incineración), e a partir de 1995 apareceron novos proxectos de compostaxe, a raíz do crecente peso institucional do nacionalismo tras as eleccións municipais dese ano. Estes proxectos veríanse impulsados polo derrubamento do vertedoiro de Bens en setembro de 1996.
Así, en 1998 configurábanse cinco ámbitos diferentes nos que se adoptaban planos de reciclaxe e compostaxe. Dous destes ámbitos confluíron na planta de Nostián (A Coruña e concellos da área metropolitana), mentres os do Barbanza e A Illa de Arousa consolidáronse nos seus ámbitos respectivos, e a Planta do Morrazo, aínda que construída, permaneceu inactiva (tamén tras a perda do poder institucional do nacionalismo nos concellos do Morrazo).
Como xa se dixo, o éxito ambiental da planta dos Barbanza é incuestionable e sérvenos de modelo para a súa aplicación en outras moitas comarcas galegas. Mais as posibilidades de actuación son moitas outras. Precisamente, o proxecto da Illa de Arousa constituíu unha actuación pioneira en compostaxe doméstica, nun concello de pouco máis de 4000 habitantes en que se dotaban de composteiros, de forma organizada e planificada, a preto de 400 vivendas. A alternativa considerábase de gran potencial en Galiza, en que cerca dun quinto da poboación vive en asentamentos dispersos, e máis dun terzo adicional en núcleos de menos de 300 habitantes.
DA COMPOSTAXE DOMÉSTICA Á COMPOSTAXE COMUNITARIA
A compostaxe doméstica presenta todas as vantaxes da reutilización e a reciclaxe, e dado que o residuo non se recolle nin se require enerxía algunha para a súa práctica, reúne tamén as vantaxes da prevención ou redución na orixe. A xeneralización e consolidación desta alternativa permitiría ademais, reducir de forma significativa os custos de recollida, transporte e tratamento de residuos nas áreas rurais, ao facilitar a simplificación dos modelos de segregación e recollida para a reciclaxe.
Por estas razóns, xa en 2002, a Asociación ADEGA iniciou un proxecto de promoción da compostaxe doméstica en colaboración co concello de Ferrol. O proxecto, formulado como unha experiencia piloto en so 10-12 vivendas, deu moi bos resultados, e seguiríalle outro xa con 150 vivendas en Santiago de Compostela en 2003. En oito anos, ADEGA xestionou a dotación de composteiros a máis de 2.000 vivendas en Galiza, case sempre en colaboración e co finanzamento de distintos concellos.
Esta opción considerámola xa afianzada actualmente na Galiza. Porén, xunto co avance en plantas comarcais de compostaxe, carecemos de experiencia na compostaxe comunitaria, considerada como aquela se sube un grao na escala inmediatamente por riba da compostaxe caseira: urbanizacións, barrios, institucións, colexios, empresas. É precisamente neste ámbito en que as actuacións en xestión de residuos, convenientemente organizadas e dotadas da imprescindíbel compoñente formativa e de participación (de persoas usuarias e/ou voluntarias) poden acadar unha verdadeira dimensión social, coa que os individuos tomarmos consciencia da dimensión colectiva dos servizos sociais e das solucións aos problemas ambientais.
O outro ámbito de grande importancia é o agrogandeiro, no que a compostaxe se pode concibir como unha forma de conciliar tanto a actual especialización productiva gandeira e agrícola, desvinculadas a unha da outra, como o urbano e o rural, a través da co-compostaxe e o asentamento de poboación no rural. Reparemos, por exemplo, en que boa parte da solución a problemas como a mudanza climática teñen moito que ver co que fagamos no mundo rural. Na cidade tamén, pero sobre todo no rural próximo, a poboación urbana pode atopar a necesaria educación ambiental e as actividades complementarias que faciliten unha aproximación entre ambos mundos e a obtención de beneficios económicos, socioculturais e ambientais desa aproximación.