A voltas coa especulación alimentar
Ante esta situación existen movementos como o da soberanía alimentar que está a loitar para recuperar o dereito dos pobos a definir a súa propia alimentación
Mentres o mundo produce alimentos para máis do dobre da súa poboación, o Corno de África sofre unha inxusta e programada fame. Nesta situación, debemos reflexionar sobre a verdadeira crise dos alimentos.
Cuestión de reparto ou de negocio?
Existindo a posibilidade de producir alimentos para todo o mundo, unha gran parte da poboación está a morrer, literalmente, de fame. Pola contra nos países enriquecidos, unha porcentaxe media do 20% da comida mercada por unha familia desaprovéitase e tírase ao lixo. En Europa e EEUU, gástase máis en alimentación para mascotas (17.000 millóns de euros) que na alimentación e nutrición básicas (13.000 millóns de euros); máis en xeados (11.000 millóns de euros) que en ensinanza básica para todas as persoas (6.000 millóns de euros).
A fame segue crecendo desde os anos sesenta a pesar de que a produción de alimentos se triplicou desde entón. Comida hai en abundancia, así que o problema non é a produción senón o acceso. Polo tanto a fórmula das últimas décadas de superprodución, libre comercio e subvencións á exportación non funciona para evitar o reparto inxusto da torta dos recursos e si para aumentar os beneficios dunhas poucas empresas.
Que está acontecendo cos alimentos no mundo?
Desde fai un ano o incremento de prezos dalgúns alimentos está provocando unha nova crise alimentar que pode acadar os mil millóns de persoas famentas e que para moitas familias supoña destinar máis do 80% dos ingresos na compra de alimentos. O Índice para os Prezos dos Alimentos que publicou a FAO en xuño deste ano indica que os prezos dos produtos básicos agrícolas manteranse altos e volátiles todo o ano 2011 e tamén no 2012. Algúns alimentos de primeira necesidade incrementaron bruscamente o seu prezo no último ano; en América central, América do sur e África oriental. Con carácter xeral os prezos internacionais incrementáronse nun 33% no mes de xullo con respecto ao mesmo mes de 2010. A nivel máis concreto, o valor do millo incrementouse nun 84%, o do azucre nun 62%, o do trigo nun 55% e o do aceite de solla nun 47%. A isto temos que sumar que o prezo dos fertilizantes subiron un 67% durante o último ano.
O problema da crise dos prezos nos alimentos ten un compoñente mercantil e especulativo baseado nos intereses da agroindustria, que nada teñen que ver coa realidade das necesidades básicas da poboación mundial. O prezo dos alimentos determínase nas bolsas de valores, a máis importante a nivel mundial é a de Chicago, entanto que en Europa os alimentos comercialízanse nas bolsas de futuros de Londres, París, Ámsterdam e Frankfurt. Calcúlase que un 75% da inversión financeira no sector agrícola é de carácter especulativo. Mércanse e véndense materias primas co obxectivo de especular e facer negocio coa comida do consumidor final.
A esta situación temos que engadir a presión comercial sobre a terra para a produción de biocombustibles. O propio Banco Mundial sitúa nun 35% este destino nos grandes novos latifundios do mundo. Neste sentido actualmente 20 millóns de hectáreas de terras arables do mundo xa teñen un cadeado por algún fondo inversor especulativo e outros 30 millóns de hectáreas son obxecto de negociación actualmente.
A versión oficial desta situación sitúa no desequilibrio entre a oferta e a demanda de alimentos o problema principal e a solución na procura dun mercado máis liberalizado. Convén ter en conta neste punto os falsos mitos da crise alimentaria entre os que están: existencia dun desequilibrio alimentario, necesidade de máis liberalización dos mercados agrícolas, a crise alimentaria é mundial, aumento do consumo en China e India, os agricultores gañan pola alza dos prezos, é necesario aumentar os investimentos e a produción, fai falla unha nova revolución verde. . .
O caso de África
Ata 1970 África era autosuficiente e producía o necesario para poder alimentar a súa poboación. Curiosamente corenta anos despois o continente ten que importar o 25% da súa comida, perdendo a posibilidade de control do seu presente e aínda máis grave, do seu futuro.
A peor seca dos últimos cincuenta anos, non é máis que a máscara das causas reais da fame no Corno de África. A subida do prezo de cereais básicos é no fondo un dos principais elementos detonantes das fames no corno de África. En Somalia, o prezo do millo aumentou un 106%. En Etiopía, o custe do trigo subiu un 85% en relación ao ano anterior. En Kenia o millo acadou un valor 55% superior ao 2010.
Neste lugar do noso planeta hai a día de hoxe, millóns de persoas escravas da inxustiza e da especulación alimentar que morren literalmente de fame, ante a pasividade da vella Europa preocupada pola súa peculiar crise.
Segundo Esther Vivas a crise alimentaria a escala global e a fame no Corno de África en particular son resultado da globalización alimentaria ao servizo dos intereses privados.
Vacinas contra a fame
Se de verdade se quere acabar coa fame no mundo é urxente apostar por outras políticas agrarias, comerciais e alimentarias que coloquen no seu centro ás persoas, as súas necesidades e aquelas que traballan a terra. Polo tanto a vacina da fame non é outra que a xustiza global e o reparto dos recursos do planeta.
Ante esta situación existen movementos como o da soberanía alimentar que está a loitar para recuperar o dereito dos pobos a definir a súa propia alimentación e a regulación e control dos seus propios recursos naturais. Os principios da soberanía alimentar son, sen lugar a dúbidas, a verdadeira e única vacina real conta a fame.
Segundo o informe que presentou recentemente en Dublín o relator especial das Nacións Unidas sobre o dereito á alimentación o novo Plan de Acción Global contra a fame ten que integrar dúas prioridades: "dar primacía ao dereito da alimentación por riba da creación dun mercado de títulos de propiedade ou de arrendamento de terra" e "reforzar os dereitos dos agricultores e gandeiros sobre a terra". Segundo este mesmo relator, a fame é un problema político. Polo tanto a súa solución é unha cuestión de xustiza social e políticas de redistribución.
Agardemos que a nova xuntanza en setembro da ONU para abordar a moratoria da terra con fins especulativos teña en conta a realidade e poña un pouco de orde nesta Aldea Global.
O Corno de África dános a medida da verdadeira crise e devólvenos a crúa imaxe do neoliberalismo imperante recordándonos de paso quen manda no mundo.
En definitiva, para resolver a fame do mundo temos que establecer novas regras de xogo na soberanía alimentar e procurar que a torta dos recursos teña un reparto máis equitativo. Trátase de facer política por e para as persoas sen esquecer que detrás de moitas medidas están seres humanos de carne e óso.