A Terceira Revolución Industrial

A Terceira Revolución Industrial
Estou a ler repetidamente a Jeremy Rifkin. Agora a “The Third Industrial Revolución”, como o poder lateral está a transformar a enerxía. A economía e o mundo
Estou a ler repetidamente a Jeremy Rifkin. Agora a “The Third Industrial Revolución”, Como o poder lateral está a transformar a enerxía. A economía e o mundo. (Edición en castelán de 2011). Este libro é unha concretización narrativa das súas obras, O soño  europeo, A civilización empática, A era do acceso etc.

Penso que esta obra de Rifkin debería ser estudada por todos. Entra na entraña  das realidades produtivas e no fondo das mentalidades desinhibidas. Desvela, na primeira parte da obra, pp.23-109, a verdadeira crise económica que todos pasamos por alto:     

“A realidade é que a 2ª Revolución Industrial, a que se fundou sobre o petróleo, está envellecida e xa non voltará nunca reverdecer. Por todas partes hai xente que pregunta “que facemos agora?”. Se queremos devolver ás persoas a actividade laboral, reducir o alcance climático e salvar da ruína a civilización, necesitamos unha nova e convincente “visión” económica para o mundo e un plan de acción pragmático co que levala á práctica”(p.53).

Na 2ª parte, “0 poder lateral”, describe o capitalismo distribuído e a continentalización (PP. 153-225): “Os réximes enerxéticos condicionan a natureza das civilizacións: como se organizan estas, como distribúen os froitos da industria e do comercio, como se exerce o poder político e como se realizan as relacións  sociais” Pregunta o autor...

A 1ª e 2ª Revolucións Industriais caracterizáronse por partir dunha organización vertical até dicir: quen están na cima da pirámide industrial enriquecen e xeran riqueza a distribuír, “por goteo”. Se ben os beneficios da 2ª revolución industrial chegaron a máis xente que os da primeira, enriquecéronse uns poucos que moi pouco se preocuparon de distribuír equitativamente os beneficios. A miseria afecta a milleiros de persoas.


A 3ª Revolución industrial que emerxe, está organizada arredor das enerxías renovábeis, a solar, a eólica, a xeotérmica, a da biomasa, a das correntes mariñas. Son enerxías dispersas a seren captadas en diferentes lugares para agrupar a niveis aptos para distribuíren a través de redes eléctricas intelixentes. Unha actividade que precisa de mecanismos “colaborativos” de control e mando non xerárquicos.

O autor pon como exemplo a Wikipedia. Mentres enciclopedias, como a Británica, se redactaban por expertos contratados, agora son milleiros os colaboradores que libremente están a ofreceren wikipedias de valor incalculábel.


---------------------------------------------------------------------------------------------
[NOTA EDITORIAL.- A responsábel editorial desta publicación dixital, Terra e Tempo, recorda que as valoracións e opinións contidas nos artigos das colaboradoras e colaboradores habituais recaen integramente no ámbito da responsabilidade delas e deles. A directiva non asume como propias máis que as afirmacións do "Editorial" ou de "Xunta Directiva da Fundación Bautista Álvarez" que, con este nome, se publica á cabeza dos artigos do día. Tendo comprobado como é moi elevado o número de lecturas e comentarios dalgúns artigos -cousa que nos honra, naturalmente-, asistimos igualmente a unha utilización espuria da opinión dalgúns colaboradores, facéndoa extensiva á Fundación Bautista Álvarez ou á Unión do Povo Galego, partido que non ten responsabilidade sobre este dixital que edita a Fundación. Insistimos, por isto, en como o dixital Terra e Tempo, respeitando a liberdade de expresión dos seus colaboradores, non fai súas en absoluto as aprezacións particulares, sobre calquera tema, dos mesmos. Reservámonos, claro está, como en calquer publicación similar, o dereito de inserimento dos comentarios que cada artigo merecer, pois non damos nin daremos cabida a aqueles que conteñan insultos ou resulten difamantes ou inxuriantes para persoas, institucións ou organizacións.]
---------------------------------------------------------------------------------------------