A soga dos poderosos
Martelar no sistema produtivo e financeiro do país, eis o golpe final
Estes días os xornais daban a nova da traxedia dunha familia nunha aldea de Lalín. Puido ser na miña aldea. Xa que tamén hai familias angustiadas por problemas económicos. Mais sucedeu nas terras de Lalín. Persoas sinxelas e normais; convertidas en executoras da súa propia destrución. Demolendo as persoas queridas que teñen ao seu carón. Que acontece? Un problema económico a causa? Estará a nosa sociedade sofrendo tal grao de desesperación, que as persoas son arrastradas a situacións brutais.
Xeráronse na nosa sociedade, conceptos, ideas tan fortes, que o fracaso; a perda de bens ou o endebedamento lévannos ao desespero. A virarnos uns desgrazados. A reducirnos a nada. A imolarnos. A ser caudalosos ou a non ser ninguén. Proclamouse; becerro de ouro, a vida non ten obxecto sen ti. Aquí é a cultura, a prática do especular. Os poderosos, coas estruturas económicas feitas á súa medida, así como, cos valores que crean na sociedade para mantelas. Animan dunha maneira determinante estes comportamentos humanos. Contando coa colaboración deses partidos políticos que non son capaces, polo ben da súa sociedade, de aplicar outras políticas.
O desemprego, o desacougo, a anguria viven en nós ou ao noso carón. Un familiar sen traballo. Un amigo que é despedido. Un veciño que pecha o seu taller ou explotación agraria. O operario tremendo por se é despedido. O miúdo empresario angustiado e sen certeza no futuro por falta de crédito. A parella en camiño de perder a casa, o piso, por falta de liquidez. As familias con dificuldades para criar con garantías aos rapaciños. O enfermo, desesperado por darlle vez para dentro de 8 meses. Uns tirando das reservas, onde as aí. Outros reducindo gastos. Así día a día, mes a mes. Até cando? Os financeiros, os grandes capitalistas, apretando a soga. O pescozo renxe.
Poderosos que hoxe, máis que nunca, víranse contra as sociedades máis próximas, xa que o mundo está camiño dunha fase máis multipolar, onde xa moitos países poñen couto a depredación económica dos seus recursos. Agora, hai que rapinar aos que se ten ao lado. A Europa poderosa, zugando as gotas de sangue das nacións e estados periféricos da mesma Europa. Empobrecendo a nacións como Galiza, ao impedirlle traballar e producir. Aniquilando as xa de por si paupérrimas capacidades económicas; produtivas e empresariais.
Así temos uns números abraiantes. Segundo datos do INE, dun total de 2.384.900 persoas que conforma a poboación activa, só 1.297.700 están activos na actualidade. Como se pode manter una economía normalizada con tal taxa de actividade? É que dicir dos máis de 3.480 centros de traballo que teñen pechado no último ano. E dese 80% que non poden contratar traballadores por falta de actividade.
Os gobernos cegos ante ese Fondo Monetario Internacional que deseña as políticas económicas e que tivo, aínda pretende ter, o mundo sumido na miseria. Non hai salvación no Fondo Monetario Internacional. É o responsable desta crise polos seus deseños económicos. Segue a ser a mao executora das políticas americanas, do capitalismo financeiro que arrasou durante moitos anos a humanidades, que creou esta crise. Que está en crise. Non esquezamos a influencia no mesmo dos Estados Unidos de América, co seu 16% na proporción de voto fronte, por exempo, a un 2% do estado español.
Que pronto o percibiron países como Uruguai ou Brasil, que hoxe medran con normalidade grazas a non secundar as políticas ditadas polo Fondo Monetario Internacional. Tampouco hai salvación na Europa financeira da Alemaña. Hoxe fóra do euro ou da Europa, moitos países teriamos un mellor futuro. A súa é unha política económica clara; enfraquecer a base económica das nacións, para así, empobrecer toda a súa sociedade.
Así que é hora tamén de privatizar as caixas para pólas descaradamente ao servizo das elites poderosas, aínda que iso signifique a marxinalidade de miles de traballadores, de familias enteiras, de pequenos e medianos empresarios. Queren, o PP-PSOE, incorporar accionistas privados nos organismos da nova caixa, quen terán dereito a vetar decisións que non lles gosten. É cales accionistas privados?.
Martelar no sistema produtivo e financeiro do país, eis o golpe final.