A riqueza das nacións

Na Globalización, a contradición centro – periferia, faise antagónica na medida en que o proceso da globalización se atope con Nacións e Estados que non se someten aos seus ditados

Adam Smith foi o precursor do liberalismo económico e o pai da economía clásica. Defendeu a liberdade no comercio mundial fronte os atrancos, introducidos polos estados nacionais. Os gobernos burgueses avogaban pola protección das industrias nacionais, de acordo coas ideas da doutrina mercantilista que prevaleceu no século XVIII. As barreiras levantadas (aduanas,aranceis......), impedían o progreso da división internacional do traballo, e, xa que logo, do comercio internacional. O colonialismo e os conflitos internacionais asociados promoveron o desenvolvemento das grandes potencias imperialistas e o enriquecemento das súas burguesías oligárquicas. As conquistas dos países, onde aínda non chegara o capitalismo, foron disolvendo os vellos vínculos sociais e materiais precapitalistas dos pobos colonizados, para convertelos en subministradores de recursos naturais para as metrópoles imperialistas.              

O liberalismo económico foi a doutrina que xustificaba a conquista como civilización cara a división internacional do traballo e o libre intercambio entre todos os países en beneficio dos máis poderosos, que ao final redundaría no conxunto mundial. O libre intercambio entre as persoas e os países é o motor do progreso humano, conducido pola “man invisible do mercado”, de acordo con esta doutrina.            

Na súa obra principal “A riqueza das nacións” (Investigación da natureza e causas da riqueza das nacións). Adam Smith, parte de que o factor determinante do valor das mercadorías é o traballo humano. No seu análise do valor, distingue a dobre calidade do Valor de uso e o Valor de troca, que case  nunca coinciden é están en contraposición. Karl Marx, parte desta contradición para estabelecer a orixe da máis- valía; diferenza entre o prezo de compra do uso do traballo (forza de traballo) e o prezo do traballo realizado e vendido (valor de troca), que ten lugar na produción mercantil coas relación salariais e de intercambio desigual. Adam Smith, tamén propoñía que se pagase o mínimo de subsistencia ás e ós traballadores, alegando que se cobrasen máis, produciríase un aumento excesivo da poboación. Amais disto, o liberalismo económico reduce o papel do Estado na economía ao mínimo, porén, defende a súa intervención onde non chega a iniciativa privada capitalista, o ensino público, a sanidade pública, ademais dos exércitos nacionais e o aparello represivo e de xustiza.                

Neste tempo, na Galiza do século XIX e comezos do XX, continúa a emigración dos excedentes da poboación galega; os nosos avós e parentes emigran e andan polo mundo adiante, ao non poder ser absorbidos por unha industrialización burguesa galega, debido á falla de acumulación dentro do noso Pais, debido a si mesmo, a perda dos recursos excedentes espoliados pola metrópole española. Como resposta despunta o pensamento galeguista antiimperialista, malia non acadar a dimensión necesaria para darlle a volta a esta situación.              

O liberalismo foi evolucionando cara o intervencionismo, sendo finalmente substituído polo “Keynesianismo”, coincidindo coas guerras interimperialistas mundiais. John Maynard Keynes. ante as consecuencias sociais da crise capitalista do 29 e o xurdimento de sistemas socialistas alternativos en grandes países da periferia, Unión Soviética, China...propón rescatar o papel do Estado na regulación da economía para defender o sistema capitalista, recorrendo a políticas de aumento da demanda efectiva e da inclusión social, vinculando o aforro do excedente económico ao investimento produtivo, para aproximarse ao pleno emprego. Os países capitalistas e imperialistas, con independencia das súas formas políticas (democracias parlamentarias, fascismos....) necesitaban contar co apoio activo das maiorías sociais, incluíndo a clase obreira entón moi numerosa, para emprender as guerras imperialistas e coloniais, e conquistar un liderado na xerarquía imperial, e, por iso, o mercado ficou subordinado ao poder do Estado para a realización de obxectivos sociais, ao crearen Estados Sociais  ou Estados de Benestar. Unha parte dos recursos económicos saqueados aos países da periferia e ás colonias, foi distraída para a súa dotación. O Keynesianismo foi a doutrina económica practicada polo réxime de Franco no Estado español nas zonas privilexiadas. Na Galiza tocounos exercer o papel de fornecedores de recursos primarios a estas zonas (alimentos, enerxía) sufrindo grandes agresións ambientais (encoros), e de recursos humanos pola nosa condición de colonia. A emigración cara Europa e o resto do Estado, dotou de recursos financeiros para a industrialización doutras partes do territorio do Estado español e dándose aquí un cativo Estado de Benestar. A maioría social galega coñecemos o Estado de Benestar, franquista e pos franquista, dende os barracóns de Alemaña, Suíza..ou nas míseras pensións de Madrid,Barcelona...a través da TVE.        

Coa Globalización a burguesía oligárquica concéntrase nunha elite mundial, xerarquizando e diluíndo nela a maioría das burguesías nacionais, so o liderado do Imperio máis poderoso do mundo, os EUA.  Coa disolución da Unión Soviética e a penetración do capitalismo en China, xunto co desarme ideolóxico e organizativo da clase obreira occidental, queda a vía libre para o desmantelamento dos Estados de Benestar. A crise económica favorece os procesos de concentración e centralización do Capital a nivel mundial, ao encetar unha reordenación económica aproveitando a baixa da Taxa media de Ganancia. O Neoliberalismo é o pensamento económico que avoga pola liquidación do Estado social, xa que agora resulta innecesario para o sistema capitalista globalizado. Milton Friedman, economista da Escola de Chicago,“Liberdade de Elixir,” é un dos difusores máis influíntes desta doutrina económica, “credo neoliberal ou pensamento único” que supera amplamente o vello liberalismo clásico, ao propugnar, non só a diminución dos Estados nacionais e a eliminación do seu papel na economía; senón a súa subordinación a os novos organismos mundiais creados pola oligarquía global, como a Trilateral,Club Bilderberg,.. ..ou o FMI, a OMC......        

Na Globalización, a contradición centro – periferia, faise antagónica na medida en que o proceso da globalización se atope con Nacións e Estados que non se someten aos seus ditados. Rusia,China e os grandes países do BRICS, tamén son un obstáculo, mentres manteñan unha posición non imperialista e non participen asociados con Occidente no saqueo mundial. A nova guerra global contra o terrorismo, xustificada polos atentados do 2001 ás Torres Xemelgas de N.Y., constitúen a escusa perfecta, para emprender no nome da seguranza mundial, agresións militares contra outros países para garantir o acceso e control dos seus recursos naturais estratéxicos (petróleo,gas..) e tamén como elemento de lexitimación social que substitúe, até o de agora con éxito, ao Estado de benestar, no que a inclusión social trócase pola exclusión social.              

Para o Neoliberalismo, a diferenza do exposto por Adam Smith na “Riqueza das Nacións” o factor determinante do valor das mercadorías, e polo tanto da riqueza, xa non está no traballo humano. O fundamento desta mistificación é que a e o traballador aproxímase cada vez máis ao concepto patrimonial da escravitude,xa que logo, este factor trasládase as finanzas,organización e a xerencia das corporacións privadas multinacionais, formando o patrimonio das mesmas. O mercado laboral tende a desaparecer,non pola conquista dos dereitos laborais, senón pola perda total dos mesmos.            

Á división internacional  engádese a división intersectorial do traballo, que concentra e centraliza os distintos sectores e ramas produtivas nas Corporacións transnacionais privadas, como o FMI, a Reserva Federal, -nas que o Sionismo xoga un papel relevante-. A simbiose entre estas Corporacions transnacionais privadas e as grandes Institucións financeiras controla as funcións estatais e públicas dos Estados, como o ensino, a sanidade, a política laboral, as guerras de inxerencia imperialista, a axuda humanitaria, etc........        

Ao final estaremos ante a derradeira fase do Imperialismo, onde se fusionan o Estado e os Monopolios privados a nivel Global?.              

A improcedencia dunha guerra nuclear global, e a mudanza na tecnoloxía militar que xa non necesita grandes masas de infantería coma no pasado, facilita a intervención de corporacións privadas capitalistas, con brigadas de mercenarios e terroristas profesionais. (Blackwater...). para as políticas de inxerencia global, onde as transnacionais privadas da información subministran a cobertura mediática para manter unha opinión pública pasiva.          

Nun mundo globalizado neoliberal, como o que hoxe temos, Galiza non pode xerar un poder económico privado galego que non sexa absorbido pola elite económica global das transnacionais, coma se ten demostrado nos últimos tempos (Inditex,Pescanova...). Os tempos da burguesía nacional há tempo que xa pasaron para Galiza. Todo o contrario, nesta situación colonial, as empresas privadas galegas convértense nuns buracos para fuxir ao exterior con facilidade os excedentes económicos, financeiros e naturais. Como xa ten acontecido dende há anos coas Caixas de Aforro galegas, que a pesares do seu carácter “social”, estaban nas mans do Opus Dei madrileño (o partido real agochado so discursos relixiosos) ,servindo de condutos para o drenaxe dos aforros das e dos galegos cara o resto do Estado español. Coa crise actual o drenaxe trócase nun brutal saqueo. Aínda máis grave é o papel desenvolvido polas empresas  públicas e estatais españolas, como Navantia...auténticas factorías de espolio e paro. Estes fluxos financeiros e económicos, de Galiza para fora, son controlados polos oligopolios sectoriais mundiais ao través do Estado e o Capitalismo españois, que condenan ao pobo traballador galego ao desemprego e á emigración, aínda que os medios españois xa o neguen alegando a nosa pertenza a Europa, e por que non, ao Mundo Global.                      

Neste contexto un poder económico galego que desenvolva as nosas capacidades produtivas para servir ao Pais, só pode erguerse e manterse, cun poder político galego, e para iso, precísase a Soberanía Nacional suficiente, que garanta para o pobo galego liberado, a necesaria capacidade política colectiva para poder decidir e executar o que este decida.