A receita de axustes, concentracións, privatizacións e inxeccións públicas a empresa privadas fallou tamén no sector financeiro
Estamos ante o fracaso do modelo financeiro deseñado a nivel europeo a través das normativas Basilea I e Basilea III, que tiñan como obxectivo a completa liberalización e desregulación do sistema financeiro europeo
Estamos ante o fracaso do modelo financeiro deseñado a nivel europeo a través das normativas Basilea I e Basilea III, que tiñan como obxectivo a completa liberalización e desregulación do sistema financeiro europeo. Ditas normas foron elaboradas polo Consello de Supervisores de Basilea, no que estaba o Banco de España, e acreditaban na autoregulación do sistema e das propias entidades. A Unión Bancaria Europea, que agora proclaman, é mais do mesmo e cesión de soberanía por parte dos Estados a autoridades “técnicas” independentes. Mais poder aos eurotecnócratas neoliberais e aos mercados.
O maior problema do Estado Español nunca foi o déficit público, si non o apalancamento do sector privado, o financiamento da burbulla inmobiliaria por parte das Entidades Financeiras. No ano 2007 advertíamos dende a CIG que as entidades do Estado malia que non estaban afectadas polas subprime coma a maioría da banca europea, gardaban nos seus balances unha crise maior froito dun excesivo apalancamento e sobreexposición ao sector inmobiliario. Unha crise que tiña un maior tempo de maduración, pero de efectos mais demoledores e destrutivos.
Malia que este artigo quere centrarse na reforma do sector financeiro, (o sistema capitalista funciona a base de creto), non é menos certo que a privatización e especulación absoluta cun ben básico como é a vivenda, froito da desaparición da vivenda pública, esta no cerne do problema tanto da crise financeira actual coma na dos anos 90.
Levamos catro reformas ineficaces do sector financeiro en base a mesma receita neoliberal: concentrar empresas; privatizar; levar adiante axustes (recortar o número de entidades, persoal, oficinas e condicións laborais) e inxeccións de diñeiro público para sanear empresas privadas ou en vías de privatización.
A concentración, a través das fusións e SIP creou problemas maiores e incluso entidades sistémicas, como é o caso de Bankia e as entidades víronse obrigadas a malgastar inxentes recursos nunha reconversión en plena crise. Ademais no Estado Español os procesos de concentración empresarial, sexa o sector que sexa sempre teñen un carácter centralista, o do sector financeiro non podía ser menos e lamináronse as competencias da Xunta de Galicia en materia de Caixas de Aforros.
A privatización das caixas tampouco foi a solución, a CAM foi a primeira entidade na que entraron investidores privados a través da emisión de cotas participativas e rematou intervida. A nacionalizada Bankia cotizaba en bolsa, o mesmo que outras entidades que están en novos procesos de fusión/absorción. En canto aos axustes a redución do número de entidades e do emprego no sector non tivo o desexado impacto nas contas de resultados.
As inxeccións de diñeiro público nas entidades privadas tampouco foron a solución, polo camiño quedaron o FAAF, os avais públicos ás emisións privadas, o FROB 1, o FROB 2, agora o FROB 3 e as inxeccións de liquidez por parte do BCE. Algunhas entidades coma o Santander ou o BBVA recibiron axudas públicas da Reserva Federal dos EEUU. Ë preciso lembrar que o Estado entrou por primeira vez en déficit cando puxo en marcha o FAAF (Fondo de Adquisición de Activos Financeiros).
Si a crise demostra as graves consecuencias de aplicar as receitas neoliberais, radicalizar esas políticas para tratar de saír da crise non fixo mais que agravar as consecuencias, para mostra o sistema financeiro.
O actual rescate de Bankia, que non será a última sorpresa, pon en perigo ao propio Estado Español, e xa se fala abertamente dunha posible intervención. Finalmente semella que deberan recorrer a emisións de débeda pública, cando a prima de risco supera records históricos o que pode agravar o déficit e polo tanto implicar novos recortes sociais. Acudir ao rescate directo por parte de Europa tamén terá un custe para o Estado Español.
Semella que os cidadáns veranse obrigados a rescatar con cargo a súa saúde, o ensino, as prestacións de desemprego ou as pensións aos grandes bancos privados. Unha socialización das perdas e unha futura privatización dos beneficios.
Non mentía Maríano Rajoy cando dixo que ou se salva Bankia ou pode caer o Estado, outra cuestión é si salvar as Bankias que atopemos polo camiño pode quebrar o Estado e sobre todo á cidadanía. De aí que agora reclamen o rescate europeo.
Semella urxente a posta en marcha dun modelo alternativo de sistema financeiro, si se rescatan entidades con diñeiro público, estas deberían pasar a ser Bancos Públicos con vocación de permanencia no tempo e cun compromiso de servizo (non de colocación de produtos que só interesa aos banqueiros). Outra cuestión é unha macro-fusión para sanear con diñeiro público e despois malvender a catro amiguetes, iso é especulación non banca pública.
As deostadas Caixas de Aforros Galegas, naceron para favorecer a inclusión financeira e para xestionar os aforros dos galegos e galegas de aquí e da diáspora para xerar riqueza e emprego no país. Semella un disparate que sexan rescatadas con diñeiro público para ser malvendidas a fondos especulativos con sede en Wall Street ou a bancos privados con sede en Madrid. Chegados a este punto é preciso que reconsideren posicións despois do fracaso neoliberal e apostar por que novagalicia sexa unha banca pública para cumprir os obxectivos fundacionais con que foron creadas. O resto é beneficio para uns poucos a conta de todos e todas.