A prioridade absoluta
Malia que 1 de cada 5 persoas con aptitude laboral no Estado español non ten traballo, apúrase a reforma da Constitución para que o prioritario sexa pagar os xuros e capital da débeda pública
A reforma constitucional consumada logo de tan apresurado como inducido pacto entre PSOE e PP, consagra a política de contención do déficit orzamentario anual, sendo a referencia de actuación de todas as administración públicas no futuro.
A plétora de contidos económicos da Constitución, con referencias tanto estruturais como finalistas para o sistema socioeconómico, pode levar a relativizar o contido desta reforma. Non obstante, esa argumentación estaría a postular que un sistema xurídico constitucional pode albergar, segundo conveña, regulacións e solucións distintas, negando así todo valor aos principios e regras contidos no mesmo, que non só informan a promulgación das Leis e demais normas de rango regulamentario, senón tamén a interpretación e aplicación das mesmas.
A regulación de restricións ao endebedamento público non é novidosa. Xa transcorreu unha década desde a aplicación dos Principios do Pacto de Estabilidade e Crecemento da Unión Europea, e da primeira aprobación de Leis de estabilidade orzamentaria impulsadas entón por un goberno do PP con maioría absoluta. Malia que durante un período continuado de cinco anos (2003-2007), as finanzas públicas axustáronse ao cumprimento de estritos límites de déficit público, iso nin impediu a irrupción da crise económica, nin foi garantía para que aqueles Estados que máis se aferraron ao seu acatamento, como o caso do Estado español, afrontasen un período de grave recesión económica con maior capacidade para amortecer os seus negativos efectos.
Até o de agora a escolla do principio de déficit cero como reitor do gasto público era unha opción que requiría contar cun apoio maioritario de forzas políticas, mais non reforzado. Do mesmo xeito, podíase invalidar a elevación a rango legal dese principio se revertía a correlación de forzas políticas e concorría un apoio maioritario a favor da súa derrogación e aprobación doutras regras económicas. A plasmación como principio constitucional constitúe un trunfo indiscutíbel da dereita económica, á que de novo lle presta un grande servizo a socialdemocracia, pois vai a detentar un poder de veto ante calquera mudanza que se tente no futuro, ao ser seguramente necesario o seu concurso para atinxir a maioría reforzada que esixe calquera reforma constitucional. Tendo en conta a histórica intolerancia da dereita española ante calquera tentativa de mutación, incluso de menor importancia, da Constitución, aínda ten menos xustificación que se teña acometido esta reforma, que condicionará baixo límites estritos incluso a Gobernos que conten cunha maioría política e institucional favorábeis a exercer a política de gasto público á marxe do criterio estrito do déficit cero.
O contido concreto do reformado artigo 135 ten pouco a ver cunha dilixente xestión dos recursos públicos, e si cunha relegación de calquera necesidade social que deban atender os poderes públicos ante o pagamento da débeda aos acredores privados. Os termos do Pacto de Estabilidade priman a consecución de obxectivos de estabilidade nas finanzas públicas en ciclos anuais, que en ningún caso significa unha mellor xestión do diñeiro dispoñíbel das administracións públicas, ao contrario, implica renuncias respecto da posibilidade dunha planificación plurianual e mesmo obriga a adoptar unha posición restritiva ao tempo de emprender reformas estruturais profundas que requiren investimentos iniciais ou sostidos durante períodos de tempo superiores á anualidade. Con ese marco, que xa vimos padecendo, a consecuencia inevitábel é asistir a unha crecente dinámica de apertura ao sector privado, que ten menores restricións normativas de financiamento, de ámbitos de actividade até do de agora reservados ao sector público e vinculados a necesidades básicas da poboación, como a construción e xestión de centros sanitarios, educativos, de servizos sociais, infraestruturas básicas de transporte, ...
Ademais, aínda que non se recolla no texto da reforma, preside o contexto no que se realiza a instalación dogmática e invariábel, tanto do PSOE como do PP, na posición consistente en que a sustentabilidade das finanzas públicas só pode vir da man de axustar o gasto público, aínda que comporte diminuír a calidade e nivel prestacional de servizos públicos básicos. O paradigma de xestor público eficaz é o que contrae o peto, non o é, nin quen se afana en enchelo para atender máis necesidades, nin tampouco quen revisa e repara os buratos rachados. Atinxir un equilibrio nas contas públicas, como xa se pode constatar estes días, para PP e PSOE significa exclusivamente retallar gastos, nunca aplicarse en poder obter máis ingresos públicos, non de calquera xeito, senón obrigando a contribuír máis a quen máis ten, e non só iso, senón sendo máis eficaz na recadación, esforzándose nunha rigorosa aplicación das normas tributarias vixentes, para garantir o que deberían ter ingresado as administracións públicas. Nun informe recente do Sindicato de Técnicos do Ministerio de Facenda, cífrase a perda de ingresos derivada da economía somerxida en 90.000 millóns de euros por ano, e que cunha simple redución parcial de dita fraude permitirá acadar ingresos adicionais ao ano de 38.500 millóns de euros.
Alén da teimuda obsesión por constitucionalizar a doutrina do déficit cero, malia non terse demostrado as bondades no que atinxe a evitar períodos de profunda recesión económica como a que atravesamos, abraia e arrepía a un tempo que a innovación máis salientábel da reforma consista en que, perante a destrución masiva de emprego provocada pola crise económica, se concrete dun xeito preciso a obriga para os poderes públicos de atenderen con prioridade absoluta o pagamento dos xuros e capital da débeda pública. Os pactantes da reforma demostran así a súa insensibilidade social: optan por atender os requirimentos da grande banca privada e fondos de investimentos para asegurar os seus inxentes beneficios e dividendos, relegando a unha maioría social que pide, non manter privilexios, senón que se creen condicións para poderen acceder a uns medios básicos para poder vivir. Deixan apuntalado un marco xurídico para lexitimar calquera retallamento de gasto público, mesmo a custa de dereitos adquiridos como de afectar a servizos que atenden necesidades sociais básicas e contribúen a corrixir as desigualdades, cando estea en perigo o pagamento puntual aos acredores privados posuidores da débeda pública.
Non é difícil aventurar cales serán as seguintes medidas de axuste económico agora que está obxectivada e definida constitucionalmente a prioridade absoluta: pagar as rendas e regalías antes que atender compromisos e necesidades sociais básicas. A dignidade humana foi quen alimentar a sublevación noutros momentos históricos contra un sistema onde tamén gozaba de prioridade ter que satisfacer antes as obrigas cos rendistas que alimentarse, tamén neste momentos fagamos que nutra a concienciación e reacción social masiva contra un retroceso social como o que se nós quere impor.