A nuclear; unha enerxía limpa... na conta de resultados das grandes eléctricas
Non foi casual que os nacionalistas foramos os únicos que nos manifestamos contrarios á instalación dunha central nuclear de Xove
Cantos Hiroshima e Nagasaki actuais máis deben producirse para entender que a enerxía nuclear é unha enerxía totalmente insegura e dunhas consecuencias, no caso dun accidente, tremendamente graves? Ven a conto esta reflexión porque da a impresión que non chega cos múltiples accidentes ocorridos para que os gobernos tomen a decisión de non arriscar máis vidas humanas e deseñar unha política de transición cara o abandono da enerxía nuclear.
Conforme se produce unha crise que afecta ao subministro dos combustíbeis fósiles, petróleo e gas nomeadamente, acrecentase a intensidade da presión na opinión pública de que son necesarias as centrais nucleares por ser unha enerxía limpa, barata, segura e que garante a independencia e a continuidade do subministro. O importante é combater a emisión dos gases de efecto invernadoiro e garantir as fontes enerxéticas din.
Os recentes acontecementos no Xapón desmenten drasticamente esta argumentación e poñen en evidencia os verdadeiros intereses ocultos tras unha cortina de fume "verde", amosando os altos rendementos económicos para que manexa este tipo de enerxía.
Nin é unha enerxía limpa (non teñen en conta as emisións e o alto consumo enerxético feito na minaría e lavado do uranio, no arrequecemento, e na xestión dos residuos), nin é barata (unha central nuclear custa entre 5 e 6 mil millóns de euros e o prezo do uranio segue ao do petróleo), nin é segura (Chernobyl, Three Mile Island,Tokaimura, Vandellós I, etc.), nin garante a independencia (non se produce uranio e menos plutonio mediante recursos propios).
A reactivación do debate sobre a enerxía nuclear no Estado, ven dado polo empeño do grupo de presión a favor desta e non é orientado á construción de novas centrais senón polo alongamento das xa existentes, xa que é aí onde esta o cerne do negocio. A saber; a amortización do investimento nunha central nuclear esta estimado en 25 anos, polo que o resto ata os corenta de vida útil taxada ata o de agora no Estado sería, practicamente, un beneficio neto. Pero, que pasaría si se prolonga vinte anos máis a vida útil das centrais, como no caso de Garoña? Segundo cálculos feitos, poderiamos estimar que suporía un beneficio para as empresas eléctricas de máis de 25.000 millóns de euros. E sen impostos. Este é o verdadeiro interese no debate nuclear: as eléctricas lévanse as ganancias namentres o Estado carga cos residuos radiactivos e, se é o caso, ata coas catástrofes que as aseguradoras néganse a asumir.
Porque, efectivamente, a xestión e almacenamento ou destrución dos residuos de alta actividade é un dos problemas ata o de agora non resolto, pois case que cincuenta anos despois do primeiro reactor comercial, nengún país conseguiu implantar un sistema eficaz para eliminalos. É máis, debemos preguntármonos cal é o custe económico e social no tratamento dos residuos radiactivos, tanto os que están enfriando na planta como os xa almacenados en seco cunha vida de máis de 100.000 anos como o cesio 137?.
Outra dos aspectos que non se fala pero que teñen unha incidencia notábel na conta de resultados das operadoras eléctricas é a grande cantidade de recursos públicos destinados a esta enerxía en detrimento de outras, nomeadamente das renovábeis. A implantación foi, e segue sendo, o resultado de mecanismos de subvención e xigantescos privilexios. Un calculo feito polo Consello Mundial para as enerxías renovábeis sitúa que os gobernos da OCDE gastaron 150 millóns de dólares antes do ano 1973 en investigación e desenvolvemento desta enerxía e, practicamente nada para as renovábeis. Pero entre os anos 1974 e 1992 recibiu 168.000 millóns de euros fronte a 22 millóns para as renovábeis. É moi sintomático que as estatísticas francesas manteñan en segredo os esforzos que fai o Goberno para promocionar e manter a nuclear.
A vista dos acontecementos, dos feitos e dos datos, o nacionalismo galego sempre tivo ben claro que a enerxía nuclear é unha enerxía perigosa e non se xustifican os enormes esforzos que require para o seu funcionamento dende o punto de vista social, económico, medioambiental e, mesmamente, político. Esta enerxía pertence a un modelo de desenvolvemento cuxo obxectivo principal non é a satisfación das necesidades e do progreso e do benestar das persoas senón continuar amasando grandes beneficios ao mesmo tempo que comporta unha sociedade moito máis xerarquizada, opaca en canto a información real e que leva aparellada un grado superior de vixiancia e unha maior represión.
Non foi casual que os nacionalistas foramos os únicos que nos manifestamos contrarios á instalación dunha central nuclear en Regodela, no concello de Xove e abandeirara o movemento de oposición baixo o lema de NON XOVE NUCLEAR, fai case que trinta e dous anos (o 20 de maio do 1979) e promoveramos numerosas iniciativas e declaracións de Galiza territorio desnuclearizado. Aquela loita segue a estar vixente e compre non baixar a atención pois Fukushima, antes Chernobyl, confirma que un accidente nuclear en calquer parte do mundo, por moi distante que sexa, aféctanos a todos e todas.