A nova Lei de Estabilidade Orzamentaria
Coa desculpa da crise, as políticas reaccionarias avanzan, sen case oposición, cara a recentralización do Estado e a destrución das conquistas sociais e democráticas
O complemento da recente reforma constitucional xa está listo. A nova Lei de Estabilidade Orzamentaria e sostibilidade financeira das administracións públicas foi remitida ao Consello de Estado polo Consello de Ministros. Esta Lei vai constituír a base xurídica e económica da política orzamentaria que ten pensado levar a cabo o Partido Popular. Rematada a Asemblea Nacional cómpre poñer xa o dous centos por cento do esforzo na defensa de Galiza e da súa clase traballadora.
Parece que a sociedade entrou no estado de shock que tan ben describe Naomi Klein no seu libro "A doutrina do shock" e que os distintos gobernos solo teñen que facer mención a palabra "crise" para poder atacar os intereses públicos e levar a cabo todo tipo de reformas a favor do capital. É compromiso do BNG o traballar incansablemente para que esta sociedade desperte e os galegos e as galegas expresen o seu "ata aquí chegamos".
O novo artigo 135 da Constitución fixa que unha Lei Orgánica desenrolará os principios aos que se refire o mesmo, así como a participación nos procedementos respectivos, dos órganos de coordinación institucional entre as Administracións públicas en materia de política fiscal e financeira. E así chega a Lei de Estabilidade Orzamentaria que conta co compromiso das Comunidades Autónomas que o respaldaron no Consello de Política Fiscal e Financeira e das entidades locais na Comisión Nacional de Administración Local. Obviamente ambos organismos están baixo control do PPSOE e tras as últimas eleccións autonómicas e locais máis concretamente do PP. Esta Lei obriga ao déficit cero en todas as administracións públicas para o ano 2020 e antes desta data as administracións que conten cun plan economico-financeiro e non o cumpran poderán ser multadas có 0,2% do seu PIB nominal.
Deste xeito o Estado español convertese en pioneiro en atender os ditados dos poderes económicos trasladados á Unión Europea e coa desculpa de garantir a sostibilidade orzamentaria das Administracións Públicas e fornecer a confianza na estabilidade da economía do Estado, tenta controlar e reducir ao mínimo a capacidade de goberno das comunidades autónomas e dos propios concellos, atentando gravemente contra a independencia de ambas administracións.
A dilixencia en cambiar a Constitución con "nocturnidade e aleivosía", botou por terra os seus propios argumentos, do PPSOE, da dificultade de calquera cambio cando se trataba de aspectos que non lles interesaba tales como a inaprazable organización territorial ou mesmo a propia insconstitucionalidade da propia constitución que primeiro fala da igualdade de todos para logo definir a inviolabilidade do monarca e a prevalencia do sexo masculino na sucesión. Xa non era un documento aceptado e con isto deslexitímase absolutamente.
Este cambio constitucional obedece á submisión total e absoluta aos poderes económicos que primeiro causan a grave crise económica que padecemos para logo aproveitala para desmontar todos e cada un dos logros sociais largamente loitados e finalmente acadados tras duros anos de pugna.
Con estas medidas xa está en marcha o sustento legal das medidas que o goberno reaccionario do Estado está levando a cabo para cumprir os seus obxectivos de recortar drasticamente salarios e empregos na Administración, de privatizar os servizos públicos en beneficio de intereses privados e de suprimir axudas e subvencións operando, así mesmo, unha recentralización do Estado baleirando de competencias económicas, logo virán as outras, os poderes autonómicos.
Temos xa aquí outro dos pasos que é o das novas fusións bancarias con novas subvencións ás mafias económicas coa desculpa da recuperación do crédito pero que o único que fará será afondar nas prácticas especulativas asfixiando a particulares e pequenas empresas. Con elo o desmantelamento do sistema bancario galego completará as súas fases e Galiza quedará, coa absoluta complicidade do Presidente Núñez Feijóo, sen bancos nin caixas.
En canto á situación do desemprego, que camiña en desbocado aumento sen que as medidas contraditorias e claramente contraproducentes fagan outra cousa que empeorar a situación, desvélase, xa claramente, o obxectivo de destruír emprego de calidade substituíndoo por emprego lixo, tal e como se lle escapou (ou non, dada a sensación de impunidade absoluta na que operan) ao primeiro ministro italiano Monti "Digamos a verdade: que monotonía o posto de traballo fixo!". Primeiro ministro, a propósito, non elixido, como o grego, en urnas, senón imposto polos poderes económicos de onde procede.
Entre medias, Rajoy promulgou o Real Decreto 20/2011 de medidas urxentes en materia orzamentaria, tributaria e financeira para a corrección do déficit público que provocou diversas interpretacións entre secretarios de concellos en canto ás retribucións e altos cargos do sector público, a conxelación do salario dos funcionarios e a masa salarial, a singularidade dos trienios, as achegas a plans de pensións de emprego, a oferta de emprego público, a consolidación da oferta de emprego, os procesos de consolidación e a reposición de efectivos, entre outros.
Ademais este Decreto no referente ao IBI, ao incidir nos tipos de gravame, limita máis a xa escasa autonomía que teñen os concellos na xestión dos seus tributos. En Galiza a afectación vai a ser importante, fundamentalmente polo número de concellos, 218 segundo a Dirección Xeral do Catastro, que teñen unha ponencia de valores total aprobada con anterioridade ao ano 2002, os máis afectados pola medida, e que teñen ademais tipo de gravame por debaixo do 0,5% (o Real Decreto obriga a que o tipo de gravame mínimo e supletorio non sexa inferior a 0,5 no 2011 e a 0,6 no 2012).
En Galiza un 73% dos concellos (230) teñen o tipo de gravame do IBI urbano fixado no 0,5 ou menor sendo a media estatal deste dun 40%. Ademais o valor catastral medio galego é de 31.508 €, considerablemente por debaixo da media estatal de 54.923 €. Estes datos unidos ao feito de que en Galiza hai un menor número de unidades urbanas por habitante, da como resultado que os niveis recadatorios do IBI por habitante estean moi por debaixo da media estatal, 136,95 € fronte a 214,71 €.
A conclusión é que en Galiza a suba do IBI pódese producir nuns 130 concellos e podería supoñer nos recibos un incremento de ata o 50% en dous anos nalgúns casos. Nunha primeira aproximación, estímase que a contía total de incremento podería situarse en torno aos 100 millóns de euros nos dous anos.
Así, con presa e sen pausa camiñamos ata o desastre para beneficio dos grandes poderes económicos coa perda de dereitos fundamentais, do desmantelamento dos servizos públicos e cun goberno galego totalmente ao servizo de Madrid, presenciando impertérrito á destrución das grandes potencialidades económicas galegas: construción naval, eólicos, agro e pesca, por citar algunhas das máis salientables.