A mocidade, futuro incerto e manipulación
O pasado día 7 de abril, manifestábanse algúns miles de mozos e mozas en varias cidades do Estado
O pasado día 7 de abril, convocados por unha palataforma estudantil chamada "Juventud sin futuro", manifestábanse algúns miles de mozo e mozas en varias cidades do Estado, entre eles un pequeno grupo en Compostela, baixo o lema " sen casa, sen curro, sen pensión, sen medo". Unhas manifestacións nas que se denunciaba a precaria situación actual da mocidade, no que respeita aos temas obxecto do lema, ao tempo que se rexeitaba as últimas reformas laborais do Goberno.
Unha convocatoria que gozou de bastante cobertura por parte dos medios de comunicación, incluídos os máis próximos ao Goberno, sendo mesmo obxecto de tema de debate en varios faladoiros. Unha cobertura informativa moi superior á que estes mesmos medios adicaron á manifestación que dous días antes, o 5 de abril, celebramos en Madrid as organizacións sindicais nacionalistas, das nacións periféricas do Estado, entre elas a CIG, cun nível de participación importante, por riba dos 4.000 traballadores e traballadoras desprazadas desde Galiza e Euskal Herría, e nas que tamén facíamos unha crítica ás políticas antisociais e antiobreiras do Goberno Español, e nas que, a maiores esixíamos o dereitos a decidir nas nosas respectiva nacións. Estamos a falar pois dun feito de grande relevancia, algo histórico, protagonizado por organizacións sindicais cunha importante introdución e capacidade de mobilización social e que representamos claramente un modelo sindical diferente e alternativo ao que representan as organizacións sindicais estatais. A que se debe pois esta diferencia de trato, entre estes dous acontecementos, cando nos dous se estaba a denunciar, nunha parte cando menos, as políticas antisociais do Goberno Español? Mera coincidencia? É evidente que non. Vexamos.
Non é raro ver nos últimos tempos como nestes medios, por parte dos condutores dos programas ou por moitos dos seus tertulianos, moi progres eles e elas, se fan críticas a mocidade "española" pola súa pasividade, mesmo a animan a seguir o exemplo da mocidade de outros países como Franza ou Portugal. Estamos a falar de medios e tertulianos que ao mesmo tempo manteñen unha actitude pouco ou nada crítica co actual modelo económico neoliberal e que son sumamente comprensivos, na maioría dos casos, coas reformas que está a facer o Goberno Español. Por qué logo esta aparente contradición de chamar á xuventude a mobilizarse e darlle cobertura informativa a este tipo de protestas?
Estas mobilizacións da mocidade das que estamos a falar, en xeral caracterízanse polo seu espontaneísmo, a súa falta de dirección política, o seu non cuestinamento do modelo económico e polo tanto a ausencia de defensa de modelos económicos e sociais alternativos. Trátase pois, de movimentos asimilabeis polo sistema que non xeneran ningún contratempo serio para os detentadores do poder.
O que ao poder realmente lle preocupa, e por iso desinforma, manipula ou oculta, son aqules actos ou manifestacións promovidas por organizacións sociais ou políticas, que ademais de denunciar o que está mal ou nos parece inxusto, facemos unha análise marxista, científica, das razóns de esas inxustizas, dos intereses de clase que hai detrás da crise e das políticas antisociais que están a adoptar os gobernos e defendemos, de forma organizada e consciente, a necesidade de tirar abaixo este modelo económico de capitalismo neoliberal e de conquistar modelos de organización social e económica máis xustos, solidarios, democráticos, que garantan un reparto máis equitativo da riqueza.
A mocidade nacionalista, o nacionalismo en xeral, non só non podemos estar á marxe destes movementos reivindicativos da mocidade, se non que debemos formar parte deles, promocionalos, darlle contido e orientación ideolóxica e política, e vinculalos ás reivindicacións que, nestas materias e nestes momentos, estamos a facer as organizacións sindicais nacionalistas e de clase, pois iso e o que pode facer destes movementos xuvenís de contestación social, algo realmente transformador e de preocupación para o poder e para o sistema.
Polo demais dicir que, en contra tamén do que pretenden facernos creer moitos destes medios de comunicación, internet xoga un papel importante a hora de dar a coñecer e difundir as mobilizacións sociais e mesmo os movementos revolucionarios, especialmente entre a xuventude, pero non se fan grazas a internet e por catro expertos en informática. Por en cuestión quen teñen que ser os donos dos medios de produción, como se produce e se reparte a riqueza, como se garante a paz e a soberanía dos pobos, non pode ser froito do espontaneísmo, precisa ideoloxía, de política e de organización.