A externalización dos servizos públicos

A externalización dos servizos públicos
a necesidade de repensar unha nova xestión pública planificada, controlada e avaliada polas propias administracións públicas

A externalización de servizos públicos é unha tendencia "modernizadora" incardinada no seo da chamada "nova xestión pública", presentada polas correntes neoliberais  como unha estratexia de xestión dos servizos públicos óptimo-rentabeis grazas a unha xestión directa. Mediante a presentación da evidencia que se ten a día de hoxe,móstrase que a relación entre a xestión transferida e a eficiencia e eficacia é continxente, posto que está mediada pola dimensión de xestión da externalización. Así pois, é urxente que se plantexe a necesidade de repensar a xestión da externalización dende posicións neoliberais, co fin de que a xestión transferida sexa realmente máis eficaz e eficiente, e o faga sen prexuízo dos obxectivos sociais dos servizos públicos.

O que se quere dicir é que o concepto de externalización, e a aplicación que se está a facer de el nas distintas administracións públicas, é plasmar os elementos críticos que redundan na mellora da eficiencia e a calidade dos servizos públicos. A teoría económica e a literatura sobre xestión presentan a externalización de servizos públicos como unha estratexia de xestión máis eficiente e eficaz que a xestión interna. Non obstante, a ganancia en eficiencia propugnada pola teoría non se corresponde cos estudos empíricos en distintos países e sectores, que botan uns resultados mixtos e inconclusos. Nin Galiza nin España están sendo alleos  á xestión externalizada de servizos públicos, todo o contrario e a pasos axigantados estamos asistindo o exterminio dos mesmos. A día de hoxe  non se dispón de ningún estudo de entidade que documente a forma en que operan os "arranxos externalizadores", e non existen fontes de información completas que permitan realizar un estudo cuantitativo que nos permita analizar os déficit na xestión da externalización.

O que si está constatado e comprobado é que as motivacións para esa rápida e galopante externalización por parte das organizacións públicas, foi o uso das prerrogativas de planificación, deseño, avaliación e control, e por último, as implicacións do deseño institucional. Iso permite debuxar un panorama que dista moito de poder mellorar a eficacia e a eficiencia na prestación de servizos públicos que propugna a teoría económica e a xestión. As externalizacións orientáronse á superación dos déficit orzamentarios, tecnolóxicos e de xestión dos empregadas/os públicos, que son argumentos de tipo reactivo que de ningunha forma consideran o incremento da eficiencia e a eficacia. Ademais, a renuncia das administracións públicas a investir nas funcións de deseño, planificación, avaliación e control implica un risco en termos de calidade á baixa e prezos en alza, así como de eficacia institucional, con problemas de dominio privado da axenda pública e capturas. Todo iso evidencia a necesidade de contrarrestar o modelo reactivo de externalización imperante cun modelo proactivo repensado dende posicións de defensa do carácter e xestión  pública que teñen que ter os servizos que prestan as distintas administracións.