A economía dual na Galiza

A economía dual na Galiza
As estruturas da nosa economía seguen a ten o comportamento dual, ou mellor dito, seguemos tendo unha economía colonial

As estruturas da nosa economía seguen a ten o comportamento dual, ou mellor dito, seguemos tendo unha economía colonial, que funciona en base aos intereses alleos e non aos do propio país. Agravándose, polo que vemos co paso do tempo, por mor do  comportamento dos poderes políticos e económicos, tanto dentro como fora da Galiza.

Explícome, a economía dual segundo os clásicos, dáse cando nun país, existen por un lado algunhas multinacionais e por outros, todos os demais sectores económicas. Na Galiza temos a Indetex (rexistrou un beneficio neto de 332 millóns de euros durante o primeiro trimestre fiscal 2011-2012), Citroën, as Eléctricas e pouco máis. Empresas que nada teñen a ver co pais e que o seu aporte ademais de ser mínimo para o desenvolvemento económico, traba e en moitos casos impide o desenvolvemento do que podemos denominar o sector empresarial nacional, como e pequena e mediana empresas vinculada cos sectores agro-gandeiros e pesqueiros, entre outros. Podemos nomear noutro grao as actuacións nefastas de  Finsa, Fadesa e a mesma Pescanova.  Estamos a falar dunha economía con moi pouca relación entre si. Esta, dunha maneira esquemática é o que se prima e se alenta por parte dos poderes políticos e grandes empresas. Así temos que os sectores denominados nacionais están baixo as directrices é ordes destes outros. Si as conxunturas son  favorábeis aos grandes, permíteselles un pequeno avanzo; si, pola contra, son prexudicados por estas, esnaquízanse. Anúlanse. Iso pasa na relación da nosa economía interior, e na relación coa economía exterior.

Nestas coordenadas hai que entender a preocupación é o previsíbel desvío que terá a Novacaixadegalicia co noso sector económico nacional. Traballará en función e segundo as directrices das economía alleas ao pais ou será capaz de aproveitar estas para fortalecer a economía do país. O tempo o dirá, aínda que a día de hoxe non teñamos ningunha esperanza de que aposte polo desenvolvemento da nosa economía nacional, dunha maneira efectiva.

O que esta a pasar co sector naval - economía nacional- é o maior exemplo do sometementos da nosa economía aos intereses alleos ao país. Non hai ningunha xustificación, para a eliminación do sector, só a competencia que lles facemos os estaleiros dos mandamais da Europa. Como onte sucedeu co leiteiro, e co pesqueiro. Así que non busquemos escusas técnicas ou de non cumprimento de normas. A realidade é que nas prioridade dos nosos actuais gobernantes non está para nada a defensa dos nosos sectores económicos nacionais. A súa é unha submisión total e mortal aos intereses alleos. A sangría do país, e continúa, así que, ou seca ou reaxe contra unha morte anunciada polo nacionalismo, dunha maneira constante.