A desafección política: a quen lle interesa?
Crer no discurso da apatía e punto é o doado, organizarse planificar e combatelo é o difícil
Na actualidade, falar de mobilización e de organización política é polo menos un atentado ao bo gusto e antónimo de honestidade e compromiso social. Explícome:
Hoxe os que militan(mos) nalgunha organización somos pouco menos que interesados, os que temos algo en xogo ou que gañar, e explícalles ti que non , que simplemente estamos porque queremos, a resposta é contundente: " algo gañaran". Así que enriba de aguantar o custe da nosa vida e tempo persoal temos que aguantar as suspicacias dos demais. Pero non nos enganamos, e tampouco queiramos ser vítimas de nada. Os que estamos aquí é porque queremos, e porque nos agrada traballar polo que cremos: unha sociedade máis xusta sen máis. Polo tanto, nesta argumentación do principio (do algo gañarán), comezo con dúas aclaracións:
1. Á maioría non nos dan nada e tampouco pedimos.
2. E estamos porque queremos, nin estamos queimados, nin fartos, sobre todo xente que ten (mos) pouco tempo de militancia. E isto dígoo porque xa o teño escoitado iso, e unha cousa é queixarse unha semana porque estas saturado e outra facer crer que as túas obrigas convértente en imprescindíbel para a organización.
Pero como xa dixemos esta cuestión, "do algo darán" ... cada día está máis interiorizada na cabeza de moitos veciños. E é agora, neste intre, cando nos debemos preguntar : a quen ou a que beneficia esta idea que resulta, ás veces, imposíbel de desmontar.
Moitas análises politolóxicas veñen de describir esta situación como desafección política, provocada, por unha banda pola falla de lexitimidade do sistema de partidos (son todos iguais) e por outra banda pola falla de lexitimidade da democracia institucional (as institucións non serven para nada). E resulta interesante analizar a actitude de moitos axentes implicados no mantemento do status quo colaborando a consolidar a quebra entre partido político e cidadanía creando este novo espazo, este baleiro, esta zona gris ... xerando en definitiva desafección política.
Non pretendemos aquí facer unha análise pormenorizada das causas, xa que, entón deberíamos analizar a subxectividade das persoas e das súas percepcións sobre as organizacións e formacións políticas. Ou dito doutro xeito, deberíamos saber que lle leva a unha persoa a escoller a vía das garantías persoais para facer fronte ao contexto colectivo irremediablemente perdido. É dicir, neste intre, deberiamos saber porque os máis novos prefiren garantir a súa estabilidade afectiva e o seu propio proxecto de vida persoal antes que intervir e participar para garantir un contexto social máis xusto. Mais o paradoxo é claro e difícil de percibir polas trabas e trampas do sistema.Como vas a garantir o teu modelo de vida cando non podes garantir liberdades sociais básicas? Ou que vai facer a xente que ten 30 anos e 2 anos cotizados? Como vai garantir o seu proxecto persoal?
E isto desafección política? Eu coido que máis que desafección é anestesia do sistema que nos envolve, que nos di que non paga a pena participar porque... que vías temos para intervir? As organizacións acomodados no propio sistema ? E así todos contentos eles fan, nós opinamos que todo está mal e que non se pode facer nada.
Por outra banda, outra das cuestións de moda para contestar a esta problemática é a que ultimamente aportan moitos teóricos que falan de formas alternativas de organización porque as que temos xa non funcionan. Falan de movementos espontáneos e auto xestionados pola propia sociedade civil. A este respeito un par de cuestións:
Unha, atención ao perigo que supón facer a mesma lectura que o sistema (as organizacións son todas iguais). E outra, a experiencia deste tipo de modelos acredita que sempre acaban organizándose e reproducindo estruturas xa existentes, por unha cuestión básica para combater nesta batalla de ideas é preciso organizarse. (Por suposto non quero desacreditar estas formas de organización pero tampouco creo funcionen por si mesmas nin que sexan substitutas dunha formación política)
É difícil tirar conclusións neste tema pero coido imprescindíbel matizar , por unha banda volver a analizar a quen lle interesa que a sociedade non estea organizada, e por outra banda a quen lle interesa reproducir o discurso son todos iguais.
É unha vez que temos claras estas cuestións, falemos das organizacións nacionalistas. O sábado no obradoiro de comunicación do BNG Mexuto resaltou a idea da mensaxe ao servizo da comunicación, cuestión básica para o traballo neste contexto de desafección política. É a nosa obriga ser alternativa organizada e responsábel, e para iso requirise : organización. Exemplo práctico : alguén pensa que a campaña da CIG para o folga xeral do 27 foi por xeración espontánea? E alguén pode dicir que a CIG é igual que os que asinaron o pacto con Zapatero? Non, non somos todos iguais. Crer no discurso da apatía e punto é o doado, organizarse planificar e combatelo é o difícil e agora tócanos a nós posicionarnos.