A cuestionable escalada armamentística española en tempos de recortes sociais
Os gastos militares son aínda máis cuestionables cando son en armamento ofensivo
O Estado mantén o compromiso do que denominan "modernización" do Exército por un montante de 27.000 millóns de euros, a maior parte das partidas teñen como fin a adquisición de material claramente ofensivo que é utilizado nas intervencións bélicas no exterior froito dos compromisos políticos, nomeadamente pola pertenza á OTAN e á UE.
A historia do Estado Español está plagada de pronunciamentos, golpes de Estado e ditaduras militares. Poucas veces o Exército Español contribuíu á defensa do territorio, e remontándonos na historia cando se produzo a última gran invasión, a francesa, foron os distintos pobos os que se alzaron en armas contra a dominación francesa. A historia do exercito español é mais que cuestionable, pero hoxe está sendo transformado nun instrumento dirixido cara as ofensivas externas, o que ten un maior custe económico.
Coa entrada na OTAN e na UE, o Estado Español participa cada día nun maior número de misión no estranxeiro, en guerras políticas impulsadas polo imperialismo e que obrigaron á profesionalización das forzas armadas, deixando atrás a denostada "mili" e dando lugar a un modelo que implica un grandísimo esforzo orzamentario para adquirir armamento caro de última tecnoloxía producido por EEUU ou os aliados da UE. Incremento non compensado pola exportación de armamentos, malia que se incrementaron nun 77% no primeiro semestre do 2010. Ingresos que veñen dados por un mercado armamentístico opaco, que en moitos casos ten como clientes a rexímenes políticos ditatoriais de países pobres, outras veces as exportacións de armamento, se produce a países en guerra, ou a rexímenes contra os que terminan combatendo o exercito español coma no caso de Libia.
Malia os recortes sociais xustificados unha e outra vez pola crise, e malia que aparentemente se produzo un recorte nos orzamentos do Ministerio de Defensa, que no ano 2011 ascendeu a 7.153 millóns de euros, o plan de modernización segue en marcha. Os recortes afectaron sobre todo á partida de persoal, non ao plan de modernización. Por outra banda o Exercito aliméntase dos orzamentos de varios Ministerios, non só do de Defensa, e as partidas dedicadas ao mesmo as veces están encubertas polo segredo da seguridade "nacional".
O gasto na adquisición dos tanques Leopard (8,5 millóns de euros por unidade) ou dos novos helicópteros europeos Tiger (56 millóns de euros por unidade), equivalen cada un deles (que non sumados) ao "aforro" polas conxelacións das pensións. A fabricación das Fragatas F-100 (2.000 millóns de euros); a adquisición de vehículos blindados GR31 por un custe de 321 millóns de euros, o avión de combate eurofighter typhoon cun custe de casi 11.000 millóns de euros; de avións (A-400M, non tripulados, etc) ou incluso o proxecto de construción dun portaavións (o Carlos III), son mais que cuestionables tamén dende o punto de vista defensivo.
Este tipo de material bélico é claramente ofensivo e semella mais idóneo para as intervencións no exterior, contra terceiros países. Barcos para desprazarse e actuar en escenarios bélicos lonxanos , blindados, helicópteros ofensivos, misís transportables, ou avión non tripulados que vemos acotío nas guerras modernas coma no Afganistán.
Ademais e curiosamente os "recortes" orzamentarios tradúcense nun deterioro dos mecanismos defensivos no territorio do Estado (o exercito de terra ten paralizados 1/3 dos vehículos, a flota está ancorada, os avión non realizan adestramento, reducíronse as manobras, etc). É certo que non hai unha ameaza externa que faga preciso un grade despregue defensivo, pero a ausencia evidente desa ameza é o maior argumento tamén contra o plan de "modernización".
Teiman en reducir o déficit público, malia que o maior problema é o sobre endebedamento privado, con recortes sociais que poden acadar os 30.000 millóns de euros. A eliminación do denominado plan de modernización, que quere transformar o exercito español nunha armada ofensiva ao servizo do imperialismo, (malia que unha parte dos investimentos xa foron realizados) semella fundamental e non só como unha alternativa fronte aos recortes antisociais. Os descomunais gastos bélicos só benefician as multinacionais armamentísticas norteamericanas e europeas e as multinacionais que aproveitan as intervencións militares para saquear os países. Pero son cuestionables tamén dende o punto de vista do desenvolvemento dun novo modelo das relacións humanas internacionais e de respecto á soberanía nacional dos pobos que integramos o mundo. Nin recortes sociais aquí, nin recortes nas axudas ao desenvolvemento, que recorten os inxustos gastos militares ofensivos impulsados pola OTAN e a UE.