A bolsa sube, os funcionarios amolados e a consellería de educación respira

A bolsa sube, os funcionarios amolados e a consellería de educación respira
Alguén tería que explicar que pasaría se neste momento non tiveramos a moeda europea

Pasadas varias horas do anuncio dos recortes que o goberno vai aplicar, vía Decreto, a partir do próximo xoves, as cuestións amoreanse na testa e a indignación medra. Aínda que é cedo para valorar a reación da cidadanía debo confesar que esperaba máis virulencia.

Nun intento de ordear os pensamentos, fun anotando aquilo que consideraba salientable, máis a lista medrou tanto que pasou a ser unha tarefa frustante, polo que non vou a escoller entre tantas, senon que compartirei algunhas cabilacións das que foron saíndo pero nin moito menos as máis importantes:

1. A bolsa sobe: se alguén tiña dúbidas que o "mercado" é o grande rival dos traballadores e traballadoras, despois do acontecido onte supoño que xa quedou claro. Qué clase de sociedade crearon (creamos) que a desgraza dos que perciben un salario, dos pensionistas, da poboación dependente e das súas familias....é unha boa noticia?. Sobe a bolsa, o FMI aplaude e os cartors que se usan para iso proveñen das axudas dos gobernos.

2. Baixada do salario dos funcionarios e posterior conxelación. Non vou entra a desmentir o discurso demagóxico de que os empregados públicos é unha caste privilexiada e que unha rebaixa do 5% do soldo é pouco para o que fan (facemos). Folga dicir que hai moitos funcionarios e maioritariamente, funcionarias, que non son nin mileuristas e que as ultimas enquisas laborais descobren que a maior taxa de eventualidade está na función pública. Pero como digo non vou a estenderme en argumentacións trilladas, senón que quero apuntar ao clima que se crea con esta medida nas negociacións dos convenios colectivos das empresas. A patronal está lexitimada a non subir os salarios e incluso a rebaixaslos.

3. hama Obama: teño a impresión que a este señor non lle interesa demasiado cales van ser as consecuencias sobre a cidadanía dos recortes de Zapatero. Tampouco é probable que dubide da efectividade da UE para poñer contra as cordas a calquera que non se aveña. Polo tanto, para qué chamou?. Será para darlle ánimos ao presidente? Non creo. Mais ben a cousa iría polas tropas militares que están en Afganistán, recordándolle a Zapatero que recorte de donde queira pero ao Ministerio de Defensa nin tocalo. E dito e feito.

4. O euro: alguén tería que explicar que pasaría se neste momento non tiveramos a moeda europea. Estariamos en crise igual, máis...habería outras ferramentas para traballar? As exportacións mellorarían? A situación sería peor ou non?. Vai resultar que aqueles tolos que advertían dos problemas que poderían xurdir co euro tiñan  razón.

5. O principe disfruta dunha tarde de futbol. Xa é inmoral que no 2010 mantéñase viva a figura "real", pero ca que está caendo, que despeque un avión privado, con séquito, pagado cos impostos de todos e todas nós para desfrutar dunha boa tarde de lecer, debería ser un delito. Non é cuestión só do que se gaste, é que parede unha burla.

Poderíamos seguir así até case o infinito: a repercusións nas pensións, a perda do poder adquisitivo, as consecuencias no pequeño comercio, a falacia de que en Europa e co euro estaríamos a salvo, a permanente presencia de notarios e rexistradores da propiedade (gremio de Rajoy) cómplices calados de todo o acontecido que seguen a encher os petos sen que ninguén repare neles...

É por último, en Galiza, un grande beneficiado: o conselleiro de educación e por extensión, Feijoo. Neste panorama vai ser moi dificil manter vivo o debate do galego, pero non debemos esquecer que un pobo só progresa se ten ben aprendida a primeira leción: a identidade é innegociable e hai que defendela con unllas e dentes. Por iso, hoxe, máis que nunca QUEREMOS GALEGO!