A Banca sempre gaña
O mercado financeiro medio se colapsa pola falta de confianza e isto medio colapsa a economía real como aconteceu no seu día coa Gran Depresión
Estamos inmersos nunha crise financeira sistémica, iniciada no verán de 2007 e, a pesares de que os mesmos que foron incapaces de predecila xa poñen data ao seu remate, o certo é que -mentres non se demostre o contrario- non coñecemos a súa duración, nin o seu impacto socio-económico final real. Con todo, non resulta prematuro botar unha ollada panorámica sobre o que aconteceu en sectores concretos, especialmente ilustrativos, como o é o da banca privada.
Seguramente que, case ninguén en canto se ergue cada día, se pon a pensar na importancia que os bancos teñen nas nosas vidas. Asumimos, con total normalidade, un papel cada día máis determinante, das entidades financeiras en todo o que nos rodea. Todas e todos temos domiciliado nunha entidade deste tipo (banco ou caixa) a nosa nómina (ou prestación por desemprego), seguramente paguemos a través do banco a luz, a auga, o telefono, os impostos. Quen ten a sorte de ter aforros, tenos depositados nun banco, accións, fondos de pensións ou similares. Case que todos os mortais pedimos prestado para o coche, para a casa, para crear a nosa empresa, incluso para ir de vacacións, comprar un televisor ou ir ás rebaixas. Ao final quen máis e quen menos, queréndoo ou sen querelo, rematamos "casados/as" cun banco (neste caso o divorcio non é nada doado) máis alá da data da nosa xubilación, e normalmente acompañado de ter comprometidos con esa entidade non só a nómina, recibos e tarxetas de crédito, senón tamén o seguro da casa, do coche, de vida e incluso o plan de pensións: case nada. Ao final, a metade das nosas vidas pasa por unha conta bancaria.
En teoría, a banca privada, ademais de enriquecer aos seus directivos e repartir plusvalías entre os seus accionistas, ten unha función importante no funcionamento dun modelo de libre mercado: intermediar entre aforradores/as e investidores/as, tomando prestados no curto prazo os recursos das e dos traballadores/as e prestándollos aos investidores a longo prazo, correndo cos riscos inherentes a este tipo de operacións, pero reservando unha boa tallada para o que parte e reparte. Isto é así, en grande medida, debido á capacidade das entidades financeiras de recoller e analizar información, nun contexto onde a información é asimétrica, é dicir, os diferentes axentes que interveñen no mercado non teñen a mesma información sobre os outros. Por este motivo, existen intermediarios financeiros que recollen, analizan, calculan sobre a capacidade de pago, da solvencia e son capaces de agrupar todos os riscos que toman de xeito que reducen o risco medio, ao ser maior o seu número, volume e diversificación.
Agora ben, para que iso funcione, eu debo "confiar" en que esas entidades fan o seu traballo con rigorosidade, seriedade e veracidade no uso dos datos e na emisión de consellos, respectando, escrupulosamente, unhas normas de xogo preestablecidas, xa que eu non lle confiaría os meus aforros a alguén que eu pensara que polas noites se adica a ir ao casino con eles.
Cando esa confianza desaparece, como desapareceu ao comezo desta crise, as cloacas deste sistema soben á superficie. Primeiro a perda de confianza en que é o que me están vendendo no meu banco cando me din que invista aquí ou alá, por causa duns instrumentos financeiros complexos que fixeron que o termo "hipoteca subprime" dera a volta ao mundo. Despois trala quebra de Lehman, a perda de confianza nos propios bancos e outros intermediarios financeiros. Máis adiante, entre os propios bancos que xa non se prestaban cartos no interbancario e finalmente, nos últimos, tempos incluso nos estados, nos sistemas contábeis, e nos organismos de control tras casos como se está a vivir en países como Grecia, onde supostamente, se teñen falsificado as súas contas nacionais, por certo, con axuda da banca norteamericana. En definitiva, falta de confianza xeralizada nun sistema vendido sempre, non só como o mellor dos posíbeis, senón como un exemplo de efectividade "alonxado dos perigos e derivas do intervencionismo dos estados". O mercado financeiro medio se colapsa pola falta de confianza e isto medio colapsa a economía real como aconteceu no seu día coa Gran Depresión.
En conclusión, aparentemente un robustísimo entramado financeiro mundial, que non deixa de ser un xigante con pés de barro que se pode derrubar tal cal fichas de dominó encadeadas, xa que, grazas á globalización financeira, a crise financeira dun país grande ou dunha entidade financeira grande pode contaxiar ao resto do sistema financeiro do planeta. Nunca até o de agora na historia da humanidade, debido a esa economía cada día máis mundializada, un cancro local norteamericano fixo metástase tan rapidamente no resto do planeta.
Un sistema bancario colapsado, aínda que for de xeito temporal, pon en perigo o sistema de pagos e o sistema de crédito que usamos a diario máis de mil millóns de persoas no mundo o que supón consecuencias terríbeis para todos os fogares e empresas. Por ese motivo, a banca aínda que sexa privada, debería cumprir como servizo público que no fondo tamén debería ser dentro da lóxica deste sistema. Sen embargo, e lonxe desa concepción, o papel dos bancos neste proceso foi máis ben outro: corrupción, especulación na súa máxima expresión, opacidade total, desregulación dos mercados financeiros, impulso dos paraísos fiscais, etc.
Isto foi posíbel grazas a unha orde institucional instaurada a partires dos setenta caracterizada por unha confianza cega nos efectos positivos da competencia nas finanzas como método eficiente e barato na asignación de recursos, na paulatina liberalización das finanzas, na fe na capacidade autorreguladora dos propios axentes que actúan nos mercados, o aumento espectacular dos mercados financeiros e a un FMI e Banco Mundial como principais impulsores e garantes da liberalización dos mercados financeiros. Nunca foi bo pór ao raposo a coidar das galiñas e agora pagamos parte das consecuencias desas políticas.
En definitiva, con independencia de que existan multitude de interpretacións sobre as posíbeis causas que orixinaron a actual crise económica internacional e nomeadamente do papel da banca, está claro que non foron precisamente, as e os traballadores, que se erguen todos os días para traballar e chegar a fin de mes, os que a motivaron.
Queda claro que é un bo negocio -e aposta segura: sempre gaño- a dobre moral dos neoliberais: a "non intervención" e reparto de dividendos nas vacas gordas e "rescates públicos" e inxeccións de capital público fresco nas vacas fracas.
Queda claro tamén que o sistema precisa da confianza dos traballadores no sistema para funcionar. O que non queda nada claro é por que as e os traballadores temos que ter confianza no sistema.