A austeridade de Gucci
Fronte a realidade que vive a maioría social, a burguesía e os seus lacaios continúan vivindo no luxo e a ostentación
Nada máis nin nada menos que a revista da Dirección Xeral de Tráfico publicaba este mesmo ano un artigo destacando que a venda de automóbiles de luxo medrou mais dun 80% no ano 2011. Ao ler ese artigo, que resulta francamente insultante, lembrei cando paseando co meu fillo por Moaña, atopei con Alberte Núñez Feixóo montado no seu flamante cochazo privado, non entendo moito de coches, pero xuraría que da marca Porsche. Mirei entón por internet fotos dos dirixentes do PP, sobre todos naquelas que vestían de xeito informal (a ese estilo os engominados chámanlle “casual”), non estaba errado diante miña desfilaron as mellores marcas de luxo e ostentación. Son os austeros de Gucci.
Un dos ”mellor vestidos”, foi o tal González Pons, o mesmo que este verán declaraba que os especuladores buscan “lexitimamente” o seu beneficio. Unhas declaracións que foron eliminadas na nota remitida polas axencias de prensa e que inexplicablemente non provocaron un acendido debate mediático. E digo isto por que o maior despilfarro de recursos públicos son os xuros que os cidadáns pagaremos pola débeda pública, os orzamentos do Estado contemplaban unha partida de case 29.000 millóns de euros, que froito da acción dos especuladores poden chegar a ser 40.000 millóns de euros, equivalente ao custe de todo o persoal do Estado. Hai que ver como despilfarran os austeros de Gucci.
Vexo diariamente pasar pola central sindical a centos de persoas desesperadas, despedidos/as, persoas que esgotaron as prestacións ou a axuda miserable dos 400 euros que me nego a defender (eu quero xustiza, non esmolas), homes e mulleres que despois de entregar toda unha vida ao patrón vense na obriga de malvivir coa axuda das amizades e das familias.
Fronte a realidade que vive a maioría social, a burguesía e os seus lacaios continúan vivindo no luxo e a ostentación, canta máis miseria reparten máis insultantes resultan os seus coches que custan a prestación de desemprego de 60 parados/as.
A ostentación e o luxo, o despilfarro, son propias da burguesía e dos sistemas que coma o capitalismo, defenden as desigualdades sociais. Somos nós, os que defendemos o socialismo, os que temos a austeridade nos nosos xenes. Durante moitos anos escoitamos que os austeros de Gucci querían que todos os cidadáns tiveran os mesmos dereitos vivisen na “autonomía” que vivisen, cando todos e todas sabemos que o factor que produce a desigualdade é o desigual reparto da riqueza entre as clases sociais e os pobos.